Actividades

De GALPon WiKi
Ir a la navegación Ir a la búsqueda

Proposta de actividades a realizar

Presentación da plataforma de vídeo TubeLibre

Por mor da necesidade de publicar todas as gravacións que se fixeron no Congreso esLibre os pasados 17 e 18 de abril en Melide, ocorréusenos que xa era hora de ter unha plataforma propia para non depender, nin ocupar, os recursos que fornecen outras asociacións ou persoas voluntarias.

Dándolle voltas ao asunto, Dende Librebit e Aitire ofrecéronnos os recursos físicos (espazo de aloxamento da plataforma) para que voluntarios de GALPon lle dean forma.

Obradoiro práctico sobre gravación e difusión de eventos

A proposta de varios dos voluntarios que participaron no esLibre pretendese facer un obradoiro no que repasar os procedementos e tratar de corrixir aqueles fallos que puido haber.

[Open:bit -> micro:bit, robótica e software libre

A fin de tirarlle rendemento ao hardware mercado o pasado ano coa achega económica da AMTEGA, organizamos un obradoiro dirixido á xente miúda, dirixida polo mestre Manuel Cuervo.

Este obradoiro sobre micro:bit, empregando o software en liña MicroBlocks, levou por título Open:bit -> micro:bit, robótica e software libre.Constrúe o teu primeiro proxecto con micro:bit!

Realizado na Industriosa o sábado 11 de xullo entre as 11:00 e as 13:30, tivo unha asistencia de 12 cativos de 8 a 15 anos e de 3 adultos.

Para a inscrición empregamos a plataforma LiberaForms

Este obradoiro pode ser un punto de partida para outros a organizar en datas vindeiras (unha posibilidade é darlle forma semellante aos campamentos urbanos en datas de vacacións escolares).

[ligazón/ Título]

Introdución

Descrición

Publico obxectivo e estimación de impacto

Estrutura do obradoiro

Duración e datas

Inscricións:

Lugar e datas:

Outras actividades...

15º aniversario de GALPon

16 de novembro de 2017

Xantar de confraternización de socios e simpatizantes, celebrado o día 18 de novembro de 2017

20º aniversario de GALPon

16 de novembro de 2022

Xantar de confraternización de socios e simpatizantes, celebrado o día 19 de novembro de 2022

22º aniversario de GALPon

16 de novembro de 2024

Xantar de confraternización de socios e simpatizantes, celebrado o día 16 de novembro de 2024

+ imaxes en: https://pixelfed.social/galpon

Resumo dos primeiros 20 anos da nosa historia

Documentos colaborativos

Documento consensuado do Profesorado galego de Ensinanza Primaria e Secundaria

  • Para impulsar as TIC e o Software Libre na educación en Galicia

Mais Información

Elaboración do documento consensuado dos Grupos de Usuarios de GNU/Linux galegos

  • Para impulsar o Software Libre en Galiza

Máis información

Actividades destacadas

Presenza de Richard Stallman en Vigo organizada por GALPon

Edicións da Linux-Party feitas por GALPon

Colaboracións de GALPon coa NX-Conecta

Actividades xa realizadas