2025

De GALPon WiKi

Xornada de introdución a «Godot Engine»

En colaboración coa comunidade de usuarios de Godot Engine en Galicia, Oorganizamos unha xornada de encontro, con obradoiros e relatorios sobre o motor de xogos libre.

Desenvolvemento da xornada

11:00 — 11:55: Mariola Juncal (aka Mestra paladin,) fixo unha introdución a Godot a través dos seus xogos. 12:00 — 14:00: Rafael Alcalde (aka nekerafa), desglosou o método de programación de Godot mediante bloques co complemento «Godot Block Coding». 16:00 — 16:55: Carlos Cortés, desenvolvedor profesional de videoxogos, falou de como un desafío persoal de facer un xogo cada semana, despertou nel inquedanzas artísticas. 17:00 — 17:55: Lucía Ferro, escritora profesional de ficción, falou de como adaptar a narrativa dunha historia ás meáanicas do xogo. 18:00 — 18:55: José Manuel Ventoso (aka jsmtux), falou de como xestionar a complexidade dun xogo mediano. 19:00 — 19:55: Conversa coa desenvolvedora Rocío Tomé, experta en divulgación de videoxogos, que falou, entre outras cousas, da emoción de liberar o código dos xogos. Podedes ver máis detalle do evento na nova na nosa web

Asistencia

A este evento asistiron 31 persoas.

Obradoiro sobre contornos de programación por bloques «Snap!» e «microblocks»

Pendente de celebración: 26-04-2025

Obradoiro — Instalación dun servidor de correo electrónico en aloxamento autónomo

Pendente de celebración: setembro?

Info xeral das actividades

As convocatorias realizáronse a través do noso grupo na plataforma libre «Mobilizón».

Os obradoiros foron retransmitidos a través da plataforma BBB de video-aitire.cloud, gravados e, publicados na nosa canle no fediverso https://veedeo.org/c/obradoiros.galpon/videos ou ben buscando obradoiros.galpon@veedeo.org en calquera servidor peertube federado. Asemade, as documentacións xeradas polo relator publicáronse na sección «Documentación de obradoiros» na nosa web.

Coa colaboración de:

A-Industriosa.jpg

Co patrocinio de:

A industriosa logo 0.jpg

Esta actividade enmarcase dentro das actuacións en colaboración coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA), ao abeiro do Plan de acción en materia de Software Libre no marco da Estratexia Galicia Dixital 2030.