Documento consensuado dos GUGL galegos para impulsar SL en Galiza

De GALPon WiKi


Partes das que se compón o documento:

A.- Accións para potenciar o Software Libre en Galiza.

Ir á lista de accións

  • Adicarase a indicar cunha breve explicación o que pensades que sería necesario executar en Galiza para promover o Software Libre. Dende cambiar todos os sitios web das administracións públicas galegas para que cumpran os estándares W3C, empregar Firefox nas escolas, OpenOffice, xerar material educativo con SL, software de xestión, intranets de centros, etc.

B.- Selección das distribucións máis axeitadas para promover o Software Libre en Galiza

  • Protocolo de actuación para a elaboración do documento

Fase B.1. Inicial

Proposición de distros a evaluar

  • A idea é partir dun listado importante de distribucións actuais, tanto se están nun documento público coma outras que coñezades.

Criterios de descarte de distribucións

  • Escoller os criterios máis básicos cos que descartar a maioría das distribucións. Iste será o primeiro filtro.

Fase B.2. Descarte de distribucións

  • Quedarase cun número de entre 5 - 10 distros polo que no caso de quedarse con máis, volverase a engadir un filtro para chegar a ese número.

Fase B.3. Criterios técnicos, sociáis e económicos a considerar

  • Selección de criterios técnicos, sociais e económicos a considerar na táboa comparativa das distribucións escollidas.

Fase B.4. Elaboración da táboa comparativa

  • Filas: criterios técnicos
  • Columnas: as distros escollidas
  • Non se trata de puntuar tanto coma de explicar. Haberá unha sección por cada distribución explicando cada detalle da táboa.

Fase B.5. Redacción final do documento

  • Análise DAFO das distribucións escollidas.