2012

De GALPon WiKi

Celebración do 10º aniversario de GALPon

Obradoiro de Programación de Arduino - OCFLOSS

Descrición do proxecto

O aumento de elementos electrónicos de uso cotiá facilítanos, en gran medida, unha visión un tanto máxica ou complicada desta ciencia.

Arduino é unha plataforma libre para o desenvolvemento de proxectos onde a electrónica toma un papel principal. Pon a disposición do usuario un microcontrolador e unha interface de desenvolvemento cunha linguaxe de programación, baseada en C, moi doada de aprender.

Isto, xunto coa filosofía aberta que promove, facilita achegarse ao mundo da electrónica dunha maneira sinxela á vez que gradual. Existen multitude de proxectos que abranguen un sen fin de funcionalidades, onde o código ou os esquemas están ao dispor do interesado, xa sexa para adaptalo ao seu proxecto ou replicalo sen mais.

Ademais existen unha grande variedade de módulos que aumentan, ou complementan, as posibilidades desta ferramenta facilitando a inclusión no proxecto de comunicación wifi, ethernet ou dar asistencia a tecnoloxías RFID ou GSM, por exemplo.

A actividade organizarase en dúas xornadas de 4 horas.

  • Primeira xornada: 2 horas de presentación do proxecto + 2 horas de introdución práctica.
  • Segunda xornada: 4 horas de obradoiro práctico (realización dun proxecto sinxelo)

Informe final da actividade

Publicación de «GALPon MiniNo 2.0 aka Ártabros»

Actividades de difusión