2022

De GALPon WiKi
Saltar a: navegación, buscar

Congreso esLibre 2022

esLibre é un encontro de persoas interesadas na divulgación da cultura libre e as tecnoloxías libres, tanto en forma de software libre como de hardware libre, así como as comunidades que o fan posíbel Despois de dúas edicións virtuais pola situación actual, por fin podemos volver celebrar o evento de xeito presencial, máis mantendo tamén aberta a asistencia online grazas ao uso de tecnoloxias de difusión como BigBlueButton. O congreso estivo constiuído por 29 relatorios, 8 relatorios temáticos en 4 salas e 18 obradoiros. O que resultou nun total de 56 eventos. Para poder acoller esta cantidade de eventos en só dous días, estruturouse todo en 4 pistas, dúas no MARCO e outras dúa no MUTA. Tamén como parte para conseguir un evento máis accesíbel e inclusivo, quixemos facilitar a participación de persoas con responsabilidades de coidados, algo que adoita ser unha barreira para a asistencia e envío de propostas tanto para homes como para mulleres, a responsabilidade a miúdo recae en gran medida nas mulleres. A ese efecto, dispuxemos, no entorno do MARCO, dun servizo de custodia (non era exactamente unha gardería) para que os responsábeis de criaturas poideran deixalas baixo a custodia de persoal especializado que se ocupará tamén do seu entretemento.


Lugar e datas:

Os relatorios e encontros desenvolvéronse en Vigo, nas instalacións do MARCO1 e nas do MUTA2 os días 24 e 25 de xuño.

Inscricións:

A asistencia foi aberta, libre e de balde, só era preciso rexistrarse na páxina da plataforma Mobilizon que nos cedeu a comunidade Libre Lab GRX. Para a recepción de propostas de relatorios ou obradoiros, empregouse a páxina de GitLab de esLibre3.

Asistencia

Asistiron un total de 152 persoas, delas 46 eran mulleres e 106 homes. Consideramos importante salientar que acadamos unha importante participación de mulleres como relatoras ou coordinadoras de obradoiros, supoñendo un 24,6%.

Programa:

Pódese ver o programa en detalle na páxina específica no web de esLibre4. No decurso dos tres días desenvolvéronse 19 relatorios da man de 4 relatoras e 8 relatores. Tiveron lugar tamén 4 relatorios relampo (5 minutos) a cargo de 1 relatora e 3 relatores. O sábado 25, todos os asistentes que o desexaron, asistiron a unha visita guiada pola Cidade.

Documentación

Todos os vídeos elaborados están publicados en: https://commons.wikimedia.org/wiki/Category:EsLibre_2022. En total son 51 ficheiros e máis de 40 horas de vídeo. Tamén se pode acceder dende a páxina de horarios da edición 2022 na web de esLibre. https://eslib.re/2022/horario Accedendo dende esta páxina, pódese tamén acceder ás presentación e as follas de información das propostas, a través das iconas que se ven en cada caixa de actividade.

Os vídeos difúndense coa licenza CC By 4.0 as presentacións están baixo a licenza CC BY SA 4.0.

Difusión

Código Cero

https://codigocero.com/O-Congreso-esLibre-desembarca-en-Vigo-o-dia-24-de-xuno-da-man-de-GALpon-e

Galicia press

https://www.galiciapress.es/texto-diario/mostrar/3548185/vigo-acogera-junio-congreso-eslibre-mayores-eventos-sobre-tecnologias-cultura-libre

Xornal de Vigo

http://xornaldevigo.gal/vigo-e-contorna/86215-o-congreso-eslibre-celebrarase-o-mes-de-xuno-en-vigo-un-dos-maiores-eventos-sobre-tecnoloxias-e-cultura-libre/

Mancomún

https://www.mancomun.gal/noticias/o-congreso-eslibre-2022-tera-lugar-en-vigo-no-mes-de-xuno/

Vigo Hoy

https://vigohoy.es/las-asociaciones-gallegas-de-software-libre-realizaran-este-ano-mas-de-20-actuaciones-en-colaboracion-con-la-xunta/

Faro de Vigo

https://www.farodevigo.es/sociedad/2022/06/18/hermanas-wikipedia-67395760.html

21Noticias

https://21noticias.com/2022/06/o-sector-do-software-libre-reunese-en-vigo-achegando-solucions-en-sectores-clave/?utm_source=rss&utm_medium=rss&utm_campaign=o-sector-do-software-libre-reunese-en-vigo-achegando-solucions-en-sectores-clave

Ecodixital

http://www.ecodixital.com/post.php?id=13492

Atlántico Diario

https://www.atlantico.net/articulo/vigo/vigo-acogera-encuentro-nacional-software-libre-eslibre-24-25-junio/20220622093702922034.html

Radio Voz Galicia

ENTREVISTA LUIS martes 21/06/22

Galicia Confidencial

Parte I - http://www.galiciaconfidencial.com/noticia/202150-congreso-eslibre-vigo-i-conecemento-libre-defensa-interese-xeral-fronte-interese-particular
Parte II -http://www.galiciaconfidencial.com/noticia/202490-congreso-eslibre-vigo-ii-supervivencia-galego-lingua-aplicada-tecnoloxia-reside-software-libre

Praza Pública

https://praza.gal/ciencia-e-tecnoloxia/aforro-enerxetico-ou-loita-contra-as-pandemias-entre-os-problemas-aos-que-busca-solucions-un-encontro-internacional-sobre-software-libre-en-vigo

El español / Treintayseis

https://www.elespanol.com/treintayseis/articulos/economia/asociaciones-gallegas-de-software-libre-realizaran-mas-de-20-actuaciones-este-ano

Atlántico diario

https://www.atlantico.net/articulo/vigo/comunidad-software-libre-defiende-tecnologia-vigo/20220624231035922496.html

Código Cero

https://codigocero.com/O-aforro-enerxetico-a-loita-contra-a-COVID-e-a-ciberseguridade-centran-o

Faro de Vigo (interior + portada)

https://www.farodevigo.es/gran-vigo/2022/06/25/software-libre-arraiga-ciudad-67640595.html

Atlantico Diario

https://www.atlantico.net/articulo/vigo/tecnologia-animo-lucro-reducir-factura-luz/20220625224055922663.html

Metropolitano

https://metropolitano.gal/enfoque/wikipedia-busca-fotos-de-vigo-para-mostrar-la-ciudad-al-mundo-asi-puedes-colaborar

Cadena SER

Entrevista a Miguel Bouzada no programa «HOY POR HOY», xoves 23 ás 13:30h

RNE Galicia

Entrevista a Luis Alberto Fernández no informativo do xoves 23 ás 13:15

Radio Vigo Cadena SER

Entrevista a Israel Blancas no informativo do mediodía - sábado 25

No noso web:

https://www.galpon.org/content/congreso-eslibre-2022 https://www.galpon.org/content/aberto-o-rexistro-de-asistencia-ao-congreso-eslibre https://www.galpon.org/content/videos-e-presentacions-da-eslibre-2022

No web de esLibre:

https://eslib.re/2022/

Foi nesta web na que se desenvolveu toda a estratexia de desenvolvemento do Congreso, suxerimos que se navegue polas lapelas indicadas no menú superior.

No web de AGASOL:

https://www.agasol.gal/eslibre-2022-aberto-call-for-papers/ https://www.agasol.gal/desde-o-aforro-enerxetico-ata-a-loita-contra-a-covid-19-o-sector-do-software-libre-reunese-en-vigo-achegando-solucions-en-sectores-clave/

Podcasts e semellantes

PodcastLinux

https://podcastlinux.com/posts/podcastlinux/158-Podcast-Linux/
  1. 158 Linux Connexion con esLibre 2022

República web

https://www.youtube.com/watch?v=XR9qOd_qczY&ab_channel=CursosdeDesarrollo
Charlas interesantes de Eslibre 2022 - República Web #207

Mancomún

https://www.mancomun.gal/es/noticias/57-mancomun-podcast-eslibre-con-rafael-mateus-pedro-javier-fernandez-y-german-martinez/
  1. 57 Podcast: esLibre con Rafael Mateus, Pedro Javier Fernández y Germán Martínez

h:ttps://www.mancomun.gal/noticias/mancomun-podcast-85-reportaxe-da-eslibre-edicion-2022/

Mancomún Podcast: 85 – Reportaxe da esLibre Edición 2022

Coa colaboración de:

Podedes ver todos os patrocinadores e colaboradores na páxina de inicio do evento

A-Industriosa.jpg

Logo Xunta 2011 512x146 alfa.png

Este congreso forma parte das actividades que GALPon realiza no marco do convenio de colaboración asinado coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA), e incluídas no Plan de Acción de Software Libre 2022 da Xunta de Galicia.