2018
Mapas libres na web a partires de 0
Descrición
Cada vez máis é necesario integrar algún mapa na web, ven sexa algo simple como indicar unha localización/posición ou capas descritivas dunha actividade humana, meteorolóxica, xeográfica, etc...
O máis frecuente e recorrer ao mapa privativo de Google Maps co uso da súa API para integrar mapas nas publicacións.
Era a nosa intención que os desenvolvedores e o público en xeral poidan dispoñer de habilidades que lles permita usar os recursos libres actualmente dispoñíbeis, maiormente baseados en Open Street Maps, pero non só.
Unha das mais empregadas pola súa sinxeleza é Leaflet. Leaflet converteuse nos últimos anos nunha das alternativas mais empregadas para crear mapas interactivos con JavaScript, a súa biblioteca é pequena polo que é recomendábel para aplicacións móbeis.
Leaflet, é un proxecto moi sólido que dispón dunha documentación moi completa, isto faino unha alternativa moi apreciada polos noveis, conta tamén cunha comunidade moi activa en internet, onde comparten información e exemplos.
Outra alternativa é OpenLayers3. OpenLayers é unha biblioteca JavaScript liberada baixo a licenza BSD para compor mapas dinámicos. Forma parte dos proxectos da Open Source Geospatial Foundation. Xunto con GeoExt é a combinación perfecta para crear unha aplicación «web mapping».
Lugar e data:
Os obradoiros desenvolvéronse dende as 10:00 ata as 18:30 (facendo unha pausa para xantar de 14:00 a 15:30), nos locais de A Industriosa, na rúa Barcelona nº 13, 36203 Vigo, os días 22 de setembro e 13 de outubro, como sempre o acceso foi de balde con inscrición obrigatoria e ata o límite de prazas.
Inscricións:
Empregamos esta páxina de inscricións a fin de reservar praza e escoller edición, o número de prazas por edición era de 20. Nota: ambas as dúas edicións tiveron o mesmo desenvolvemento, fixemos dúas só para dar cabida a máis asistentes.
Documentación
O material do obradoiro/curso publicouse baixo licenza CC By-SA, o curso propiamente dito na páxina de Xeoinquedos e as fontes no GitHub de xeoinquedos e ambos no noso repositorio documental
Asistencia
Total de persoas inscritas: 37
Asistencia real
- 22 de setembro
- 16 persoas
- 13 de outubro
- 10 persoas
- Por idade
- 19-25: 2
- 26-30: 2
- 30-35: 5
- 36-65: 17
- Por sexo
- Mulleres: 2
- Homes:24
Difusión
No noso web → Mapas libres na web a partires de 0
No web de mancomún→ Galpon organiza obradoiros sobre mapas libres
Código Cero → Galpon métenos con dous obradoiros nos segredos e utilidades dos mapas libres
Múltiples entradas na nosa canle en Telegram @galpon
Múltiples entradas na nosa sala en Matrix #galpon:matrix.org
Múltiples entradas na conta +GALPon en Google+
Múltiples entradas na nosa conta no Twitter @galpon
Múltiples entradas na conta no Twitter de A Industriosa @aindustriosa
Para difundir a publicación da documentación empregouse a nosa web, a sala en matrix e as canles de Telegram, Twitter e G+ de GALPon.
Imaxes
- 22 de setembro
- 13 de outubro
Conclusións
Consideramos que estas actividades acadaron un resultado satisfactorio, tanto de asistencia como de impacto no contorno de OSM. Este tipo de actividades significan un paso adiante na complexidade técnica, sobre os proxectos xa iniciados por nos coma as coas «Festas dos mapas» que fixemos en anos pasados e coas actividades de «2017#Cartografando_OpenStreetMap_nos_Institutos_de_Vigo».
Coa colaboración de:
Xeoinquedos
A Industriosa
Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia ─ Xunta de Galicia
Este obradoiro formou parte das actividades que GALPon realizou no marco do convenio de colaboración asinado coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA), e incluídas no Plan de Acción de Software Libre 2018 da Xunta de Galicia.
Proxectos MiniNo e PicarOS
Descrición
Actualización do desenvolvemento de MiniNo aplicando a configuración LTS e publicación da nova versión.
Actualización do desenvolvemento da versión «Ärtabros» aplicando a configuración de repositorios ELTS e publicación da nova versión. Esta é xa a última actualización previa á declaración como «obsoleta».
Actualización da páxina web minino.galpon.org para axeitala aos requirimentos da nova RXPD.
Descargas
Data (periodo) | PicarOS | Qeuiles 32bits | Qeuiles 64bits | Ártabros full | Ártabros minimal | Alguadaira i486 | Todas |
---|---|---|---|---|---|---|---|
Anterior informe 27/oct/17 | 27 076 | 1 314 | 404 | 17 905 | 11 077 | 8 665 | 66 441 |
Ant. inf. ata 24/set/18 | 3 838 | 4 041 | 1 406 | 2 814 | 2 157 | — | 14 556 |
Totais acumulados | 30 844 | 5 355 | 1 810 | 20 719 | 13 234 | 8 665 | 80 997 |
Temos que indicar que hai outros medios de descarga que nós non podemos cuantificar. Por exemplo, Distrowatch fornece a ligazón directa ao noso repositorio (co que non pasa polos contadores de Piwik nin de Google Analytics, ten tamén un torrent de minino xerado por eles. Así mesmo, tampouco podemos controlar as descargas por intercambio entre pares (torrent) de PicarOS.
Difusión
- No web de GALPon
- No web de MiniNo
- No web de mancomún Liberada a nova MiniNo Queiles 3.1 LTS
- Múltiples entradas na nosa canle en Telegram @galpon
- Múltiples entradas na conta +GALPon en Google+
- Múltiples entradas na nosa conta no Twitter @galpon
Webs e podcast que no último ano dedicaron espazo a estas distribucións
- http://linuxmigrante.blogspot.com.es/2017/04/picaros-diego-2017-is-out.html
- http://mandrivachronicles.blogspot.com.es/2017/05/the-return-of-asus-eee-pc-900-with.html
- http://jsbsan.blogspot.com.es/2017/05/nueva-version-de-distro-minino-picaros.html
- http://linux.softpedia.com/get/System/Operating-Systems/Linux-Distributions/GALPon-MiniNo-60668.shtml
- https://www.youtube.com/watch?v=xkCPGswJbtE
- https://jvare.com/2016/06/17/punto-salir-minino-3-0-queiles/
- https://avpodcast.net/podcastlinux/distrosligeras/
- https://avpodcast.net/podcastlinux/galpon/
Coa colaboración de:
Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia ─ Xunta de Galicia
Esta publicación formou parte das actividades que GALPon realizou no marco do convenio de colaboración asinado coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA), e incluídas no Plan de Acción de Software Libre 2017 da Xunta de Galicia.