2019

De GALPon WiKi
Ir a la navegación Ir a la búsqueda

Akademy-es 2019

Akademy-es é o encontro anual de desenvolvedores, colaboradores e usuarios de KDE en España, celebrase dende o ano 2006 en distintas cidades do territorio español e sendo esta a décimo cuarta edición.

Lugar e datas:

Os relatorios e encontros desenvolvéronse en Vigo, nas instalacións do MARCO os días 28, 29 e 30 de xuño.

Inscricións:

A asistencia foi aberta, libre e de balde, só era preciso rexistrarse na páxina creada ao efecto na web de KDE-España. Inscribíronse un total de 72 persoas, das que asistiron 53, delas 7 eran mulleres e 46 homes.

A orixe das inscricións é: Vigo: 26, A Coruña: 6, Ourense: 2, Outros lugares de Galicia: 10, Cataluña: 4, Andalucía: 5, Sen indicar procedencia: 29.

Asistencia

Inscribíronse un total de 72 persoas, das que asistiron 53, delas 7 eran mulleres e 46 homes.

  • Por idade
    • Mulleres
      • 19-25: 4
      • 36-35: 3
    • Homes
      • 19-25: 5
      • 16-30: 13
      • 30-35: 15
      • 35-65: 12
      • >65: 1

Programa

Pódese ver o programa en detalle na páxina específica no web de KDE-España. No decurso dos tres días desenvolvéronse 19 relatorios da man de 4 relatoras e 8 relatores. Tiveron lugar tamén 4 relatorios relampo (5 minutos) a cargo de 1 relatora e 3 relatores.

O sábado 29, todos os asistentes que o desexaron, asistiron a unha visita guiada polo MARCO na que se lles explicou o pasado como cárcere e a súa característica panóptica.

Difusión

Na web

No noso web

https://www.galpon.org/content/akademy-es-2019
https://www.galpon.org/publicado-programa-akademy-es-2019

No web de KDE-España:

Páxina principal
https://www.kde-espana.org/akademy-es-2019
Páxina de patrocinadores
https://www.kde-espana.org/akademy-es-2019/patrocinadores

Muy Linux

https://www.muylinux.com/2019/05/17/akademy-es-2019/

No web de mancomún

https://www.mancomun.gal/noticias/akademy-es-de-2019-celebrarase-en-vigo/
https://www.mancomun.gal/noticias/publicado-o-programa-da-akademy-es-de-vigo/
https://www.mancomun.gal/noticias/hoxe-empeza-a-akademy-es-en-vigo/

Diario dixital Praza

https://praza.gal/ciencia-e-tecnoloxia/vigo-acolle-akademy-es-a-xuntanza-estatal-da-comunidade-kde

Código Cero

https://codigocero.com/Vigo-sera-a-sede-da-edicion-14-da-xuntanza-anual-da-comunidade-KDE
Desenvolvemento, momento a momento (case)

A tarde do venres

https://www.kdeblog.com/una-tarde-de-viernes-en-akademy-es-2019-de-vigo.html

A mañá do sábado

https://www.kdeblog.com/la-manana-del-sabado-de-akademy-es-2019-de-vigo.html

A tarde do sábado

https://www.kdeblog.com/la-tarde-del-sabado-de-akademy-es-2019-de-vigo.html

A mañá do domingo

https://www.kdeblog.com/la-manana-del-domingo-de-akademy-es-2019-de-vigo.html

Empregaronse tamén as canles e redes sociais de KDE-España e GALPon.

Podcasts

KDE Blog

10/06 → https://www.kdeblog.com/05x09-akademy-es-2019-de-vigo-nuevo-podcast-de-kde-espana.html
05×08.5 Akademy-es 2019 de Vigo, nuevo podcast de KDE España
enlace directo a youtube: https://www.youtube.com/watch?v=u_SoZ1pHjT8

Mancomún

17/06 → https://www.mancomun.gal/es/noticias/07-mancomun-podcast-entrevistas-a-organizadores-da-akademy-es-2019/
  1. 07-Mancomún Podcast, Entrevistas a organizadores de la Akademy-es 2019

Compilando poscast

17/06 → https://compilando.audio/index.php/2019/06/17/44-mooc-software-libre-universidad-de-granada-y-akademy-es-19-en-vigo/
  1. 44 MOOC software libre Universidad de Granada y Akademy-es 19 en Vigo.

CUAC FM

https://cuacfm.org/radioco/programmes/internet-de-tu-color-favorito/2x43/

Coa colaboración de:

Podedes ver todos os patrocinadores na páxina de patrocinadores do evento

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia ─ Xunta de Galicia

Este encontro forma parte das actividades que GALPon realiza no marco do convenio de colaboración asinado coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA), e incluídas no Plan de Acción de Software Libre 2018 da Xunta de Galicia.

Hackaton de e-téxtiles

Descrición

Segundo a Wikipedia os téxtiles intelixentes ou e-téxtiles son tecidos que inclúen compoñentes electrónicos como baterías, LED ou mesmo pequenos computadores. Están deseñados con novas tecnoloxías que ofrecen valor engadido á persoa que os leva postos. Con todo esta definición pode ser demasiado restrinxida, a área dos téxtiles intelixentes non se limita á moda e cobre moitas áreas de proxectos relacionados, como poden ser por exemplo o campo dos videoxogos, o deseño de produto, a arte dos novos medios, o IoT, a educación, a moda e a tecnoloxía, entre outros.

No desenvolvemento de proxectos téxtiles intelixentes valórase o uso de novos materiais condutores ou intelixentes xunto con outros máis tradicionais, o que permite aos makers con coñecementos previos de electrónica e/ou linguaxes de programación, adquirir novas técnicas e desenvolver habilidades artísticas e creativas como coser, calcetar, tecer, debuxar ou pintar. E á inversa, permite a persoas que non se relacionaban previamente coa electrónica e si tiñan experiencia con téxtiles ampliar o alcance das súas creacións mediante o uso destes novos materiais.

O obxectivo do hackaton era visibilizar o florecente campo dos e-téxtiles que, igual que sucede con outros campos do movemento maker, como a impresión 3D, ou a robótica, popularizouse vinculado a esta vangarda tecnolóxica. Salientar aquí que o pulo de todas estas actividades tecnolóxicas ten un factor común, o emprego de hardware e software libre.

A organización dispuxo materiais para as prácticas (placas CircuitPlayground Express, diodos led, resistencias, crocodilos, tesoiras, agullas, pistolas de cola térmica, fíos e teas condutoras, etc.), agás os propios téxtiles (camisas, saias, puchas, etc.) que deberan ser achegados polos propios asistentes.

Lugar e datas

  • Lugar: Centro Cívico de Teis. Oficina Municipal de Distrito, entre Camiño Cancelo e Rúa Maceiras
  • Data: Sábado 14 setembro 2019
  • Relatorio de 10.00- 11.30
  • Hora inicio obradoiro: 11.30
  • Hora fin: 18.30
  • Duración total: 8.30 horas
  • Mapa de acceso: http://umap.openstreetmap.fr/gl/map/ccteis_356776

Inscricións

Prazas dispoñíbeis: 40

De balde, era imprescindíbel cubrir a folla de inscrición, a data límite foi o 12 de setembro.

Idade recomendada: maiores de 16 anos, os menores de entre 13 e 16 anos poderán asistir acompañados, cada un, dun adulto asistente activo.

Inscritos 50

Asistentes 40

Idade Mulleres Homes
26-30 anos 1 3
31-35 anos 6 6
36-65 anos 12 11
>65 anos 1
Total 19 21

Documentación

Recomendacións técnicas

Recomendóuselle a todos os asistentes que, a fin de evitar perdas de tempo e problemas na rede wifi, levara instalado o software recomendado (aquel que queiran empregar) en función dos seus coñecementos.

Python
https://learn.adafruit.com/adafruit-circuit-playground-express/circuitpython-quickstart
Arduino
https://learn.adafruit.com/adafruit-circuit-playground-express/set-up-arduino-ide
MicroBlocks

Programación por bloques inspirada en Scratch, dos mesmos desenvolvedores do Snap!

https://learn.adafruit.com/microblocks-circuitplayground-express-ornament/exploring-microblocks

O aconsellábel é facer unha instalación completa, teremos en conta que, en Windows hai que instalar os controladores serie, en MacOS hai un requisito de primeira execución e en GNU/Linux terá que engadir o seu usuario ao grupo propietario de porto serie ou executar con «sudo» (todo detallado na folla que ligamos).

http://microblocks.fun/download#setup

O máis sinxelo e empregar os «standalone excutables» (executábeis independentes, que non precisan instalación, só descargalo e darlle permisos de execución).

http://microblocks.fun/additional_downloads

Non esquecer a máquina virtual (http://microblocks.fun/additional_downloads), a concreta do dispositivo a empregar é esta:

https://github.com/bromagosa/microblocks-site/releases/download/v0.2.3/vm.circuitplay.uf2

Un exemplo:

Folla de Adafruit cun exemplo, traducida en liña: https://translate.google.com/translate?depth=1&hl=gl&rurl=translate.google.com&sl=auto&tl=gl&u=https://learn.adafruit.com/microblocks-circuitplayground-express-ornament

Titoriais:

http://microblocks.fun/stories#tutorials
Manual en catalán, doado de entender: http://wiki.edutec.citilab.eu/Introducció_a_MicroBlocks
MakeCode

Programación por bloques para principiantes, execútase en liña.

https://learn.adafruit.com/using-circuit-playground-express-makecode-circuitpython-on-a-chromebook/using-makecode

En Debian estábel e en Ubuntu, pode instalarse a versión de desenvolvemento do MakeCode. Para facer a instalación requírese ter algunha experiencia traballando en contornos GNU/Linux, pero para a súa execución é tan sinxelo como a versión «online». Recomendamos esta opción para os casos de aulas, nos que o mestrado prepare os equipos ou para cativos cuxos equipos os administra alguén con experiencia no SO.

https://learn.adafruit.com/installing-makecode-for-adafruit/installing-on-debian-derived-desktops

NOTA: Tamén pode facelo en Windows ou MacOS empregando «Vagrant»

https://learn.adafruit.com/installing-makecode-for-adafruit/installing-with-vagrant
Nota técnica feita por GALPon para Python e MicroBlocks en Linux

Difusión

Web de GALPon
https://www.galpon.org/content/obradoiro-hackathon-sobre-e-textiles
Mancomún - luns, 29 Xullo 2019
https://www.mancomun.gal/noticias/obradoiro-sobre-e-textiles-organizado-por-galpon-e-a-industriosa/
Código cero - venres, 2 de agosto do 2019
https://www.codigocero.com/GALPon-e-A-Industriosa-mostran-en-setembro-os-segredos-dos-textiles-smart
Mancomún - martes, 20 agosto 2019
https://www.mancomun.gal/noticias/aberta-a-inscricion-ao-hackathon-de-e-textiles/
Faro de Vigo - venres, 12 de setembro 2019
https://www.farodevigo.es/gran-vigo/2019/09/12/factoria-tejidos-inteligentes/2168956.html
Bricolabs_Podcast, 20 de setembro 2019
https://archive.org/details/BricolabsPodcast/11+-+Pol%C3%A9mica+de+la+dimisi%C3%B3n+de+Richard+Stallman+de+la+fsf.ogg
Nota: a partires do minuto 8:24

Imaxes

Paola Guimeráns, a relatora.

Os equipos traballando.

Conclusións

Como primeira experiencia de colaboración coa Industriosa, consideramos un éxito todo o desenvolvemento. Importante inscrición e asistencia e ampla satisfacción dos asistentes, como así no lo fixeron chegar, agradecéndonos a organización deste evento.

Queremos salientar a nosa satisfacción coa difusión do MicroBlocks, aplicativo moi novo e descoñecido, con fondas raizames noutras ferramentas de software libre como Snap! ou o S4A (Snap for Arduino), que foi moi ben acollido e que incluso a relatora descoñecía.

Algúns dos proxectos realizados

  • Banda de pulso audiovisual: tratase duna banda de pulso con luces e botóns das catro cores básicas (vermello, verde, azul e amarelo), asociadas cada unha a unha emoción (ira, medo, tristeza ou alegría). O obxectivo é axudar aos nenos autistas a identificar e expresar as súas emocións.
  • Peluche amiga: unha peluche animatrónica que canta cancións, mide a temperatura corporal do bebé e envía avisos aos pais mediante bluetooth.
  • Luva de equilibrio: unha luva de tea con sensores de inclinación, que emite un pitido cando ésta supera un limiar determinado. O obxectivo é que persoas con problemas de mobilidade poidan soster mellor vasos con líquidos, ao contar cun aviso sonoro cando están inclinando demasiado a man.
    • Vídeo do proxecto
https://twitter.com/i/status/1172974403149324290
  • Camiseta detectora de ruído: una camiseta capaz de amosar dúas caras, unha sorrinte (cando o nivel do ruído ambiental é baixo), e unha enfadada (cando o nivel do ruído ambiental supera un limiar determinado). A idea é que a leven profesores para que os alumnos saiban dunha ollada se están a facer demasiado ruído na aula.
    • Vídeo do proxecto
https://youtu.be/M7dGDxLcVPs
    • Deste proxecto fixeron un «Como» na wiki de Bricolabs
https://bricolabs.cc/wiki/proyectos/sonriso
  • Outra peluche amiga, que propón xogos ao cativo.
  • Mochila intelixente: unha mochila cun sensor de cor e varios LED de cores, pensado para axudar a cativos con problemas de memoria a saber rapidamente se gardaron todas as súas cousas na mochila. Asignando unha etiqueta de cor a cada obxecto importante do cativo (por exemplo, vermello para o libro de matemáticas, verde para o de ciencias naturais, etc.), o cativo pode pasalo polo sensor cada vez que mete ou saca algo, quedando así unha indicación de que conten a mochila, podendo comprobar, dunha ollada, se ten todo o necesario antes de saír.
  • Luva bluetooth: unha luva con sensores de flexión dos dedos, que pode utilizarse para controlar dispositivos Bluetooth mediante xestos da man.
    • Vídeo do proxecto
https://twitter.com/biober/status/1172886811619799040

Coa colaboración de:

Espazo cedido gratuitamente polo Concello de Vigo coa colaboración da Concellería de Participación Cidadá

Este obradoiro forma parte das actividades que GALPon realiza no marco do convenio de colaboración asinado coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA), e incluídas no Plan de Acción de Software Libre 2018 da Xunta de Galicia.