2008

De GALPon WiKi

Celebración do Aniversario de GALPon

  • Data: 15 de Novembro de 2008
  • Lugar: Bar Tapeo Colocar Mapa en Google Maps
  • Hora: A partires das 21:30h
Nota: É moi importante confirmar a vosa asistencia a través da lista de correo de GALPon ou enviando un correo electrónico a info@galpon.org

Obradoiro de Extensión Universitaria de "Iniciación ao Software Libre"

Universidade de Vigo (30 horas). Outubro - Novembro 2008 Máis información

Presentación da GALPon Minino na OSWC 2008

Froito do traballo das persoas involucradas no proxecto GALPon Minino, presentouse a primeira versión estable destra distro na OSWC 2008.

Participación no III Encontro Nacional Br-Office.org

Con motivo da celebración do III Encontro Nacional BrOffice.org que se celebrará o próximo venres día 3 de Outubro en Brasil e con retransmisión en varias cidades europeas entre as que se atopa Santiago de Compostela, GALPon quere invitar a todos os seus socios/as a participar neste evento ofrecendo o pago do desprazamento de ida e volta a Santiago.

Por favor, confirmade a vosa asistencia a través da lista de correo para ir preparando o medio de transporte :-)

Para a inscrición (gratuita) podedes enviar un correo a eventos@mancomun.org e indicade que ides de parte de GALPon.

Tamén podedesvos inscribir na web de Br-Office: http://encontro.broffice.org/2008/gl/inscricao escollendo como Pais: Galicia NOTA: da igual o Estado que escollades, porque son para a xente de Brasil.

P.D. Aquelas persoas que non sexan socios/as de GALPon tamén poden participar pero para elo deberán enviar un correo a info@galpon.org informando do seu interese en compartir o desprazamento.

Máis información: http://www.mancomun.org/novas/eventos/mancomun-tende-pontes-coa-comunidade-lusofona-de-swl-co-patrocino-do-bro.html

Celebración do Software Freedom Night 2008

En lugar do Software Freedom Day, GALPon celebrou a Software Freedom Night 2008 cunha invitación a cear.

Participación no Festigal 2008

Como cada ano, GALPon estará presente no Festigal que se celebrará no Campus Sur da Universidade de Santiago de Compostela os días 24 e 25 de Xullo.

Galpon no festigal 2008.png

Fíxose difusión e promoción do uso de Software Libre e en especial da distribución GALPon Minino especializada en equipos obsoletos para recuperalos e traballar con GNU/Linux.

O álbum con imaxes do evento atópase na Galería de GALPon

"Participación no Xuventude Galiza Net 2008"

Xuntamente cos Grupos de Usuarios de GNU/Linux de Galicia (GULs) realizaranse unha serie de actividades a prol do Software Libre nesta party que se celebrará os días 14, 15 e 16 de Marzo de 2008.

"Obradoiro de OpenOffice na Universidade de Vigo"

Froito da colaboración co Vicerreitorado de Extensión Cultural e de Estudantes, GALPon ofrecerá un obradoiro de OpenOffice cunha duración de 30 horas e convalidable por dous créditos de Libre Elección.

O contido do programa do obradoiro incluirá todos os compoñentes da suite ofimática:

  • Procesador de Textos, Writer
  • Folla de cálculo, Calc
  • Dibuxo vectorial, Draw
  • Presentacións, Impress
  • Acceso a bases de datos, Base

As clases ofreceranse na Aula 5 do novo edificio da E.T.S.E. Telecomunicacións da Universidade de Vigo.

As clases escomenzarán o día 10 de Marzo de 2008 e serán os luns e mércores en horario de 16:00h - 19:00h.

Máis concretamente os días de clase serán:

  • 10, 12, 24, 26 e 31 de marzo
  • 2, 7, 9, 14, 16 de abril

O profesor será Jose Antonio Troncoso (socio de GALPon)

"Cursiños de iniciación en Caixanova"

Dous cursiños de igual contido (un repetición do outro)

"Introducción a GNU/Linux"
Semana do 11 ó 15 de febreiro
Semana do 10 ó 14 de marzo
"OpenOffice"
Semana do 25 ó 29 de febreiro
Semana do 31 de marzo ó 4 de abril
  • Horario: de 8.00 a 10.00 (tarde-noite)
  • Duración: das clases: 2 horas
  • Duración: total de cada cursiño: 10 horas

Os cursiños serán Impartidos por Miguel Anxo Bouzada

Máis información:

http://www.centrosocialcaixanova.com/nt/
teléf: 986 12 00 83

"Curso de Iniciación a Guadalinex Mini para voluntarios da Universidade de Vigo"

  • Impartido por Miguel Bouzada (6 horas).
  • Dentro do marco do GRUVI, ofrecerase formación básica aos voluntarios e voluntarias para instalar e administrar a Guadalinex Mini. Realizado en colaboración coa Oficina de Voluntariado e Integración (OVI) e a Oficina do Medio Ambiente (OMA) da Universidade de Vigo.
  • Datas e horas previstas: Luns, martes e mercores 18,19 e 20 de febreiro de 11 a 13 horas.
  • Lugar: Ainda sen determinar, probablemente na nova ubicacion do obradoiro do GRUVI na sala 5 (inmediata anterior a actual) Facultade de Filoloxía e Traducción, Pabillon C, Edificio Newton, 2º Andar, (antigo CUVI)