2013

De GALPon WiKi

Potenciación do proxecto de solidariedade social no eido das TIC «GALPon MiniNo»

[Proposta Convenio 2.1]


Conferencia de desenvolvedores (III minino-devconf)

[Proposta Convenio 2.1.1]

Cita

  • Día: sábado 2 de novembro (2013)
  • Hora: 11:00 am
  • Lugar: Sala 2, Planta 6, Edif. Eldorado (Uruguai nº 8, Vigo)
    • Asistiron 6 desenvolvedores (un desde Murchante (Navarra), outro desde Tudela (Navarra) e outro desde Sevilla), o noso deseñador e 2 betatesters (unha desde Murchante (Navarra), que ademais é a nosa tradutora ao inglés, así como 2 usuarios avanzados en GNU/Linux colaboradores habituais e patrocinadores.

Temas tratados

Comezamos facendo unha breve exposición do estado da arte actual. Nun primeiro lugar falamos da MiniNo Ártabros, da súa a aceptación e da comenencia ou non de editar para o próximo ano unha revisión. Seguimos cunha exposición e debate sobre os últimos arranxos e a tendencia a seguir coa PicarOS. Para rematar expuxéronse as liñas de traballo actuais na minino4Rπ.

Sobre MiniNo Ártabros (2.0)
  • Descargas no día da conferencia, revisado ás 11:40 am: 7.401

Analizada a evolución neste ano de existencia, consideramos acadados os obxectivos da mesma, unha boa aceptación e un «feedback» moi positivo.

Consideramos que dado o estado actual non é preciso publicar ningunha revisión. Deixamos a porta aberta ao feito de ter que volver pensar esta opción de darse o caso dalgún problema de seguranza ou unha evolución «critica» nalgún dos aplicativos básicos.

Sobre MiniNo Alguadaira (1.2.2)
  • Descargas no día da conferencia, revisado ás 11:40 am: 3.318
    • i486 : 1.920
    • i686 : 1.398

Despois da última revisión e publicación, consideramos que non é preciso publicar ningunha revisión, considerándoa «a extinguir», máis manténdoa presente para equipos de moi baixas prestacións. Aínda así, deixamos a porta aberta ao feito de ter que volver pensar esta opción de darse o caso dalgún problema de seguranza ou unha evolución «critica» nalgún dos aplicativos básicos.

Sobre PicarOS Diego
  • Descargas no día da conferencia, revisado ás 11:40 am: 1.204
    • Directas: 912
    • Torrent: 292
      • Neste punto temos que agradecer a disposición de 14 usuarios a manter permanentemente activada (normalmente mediante os seus servidores multimedia) a semente «torrent»
Revisións

Estudio de propostas, que resultou aceptada por todos, para facer unha revisión a publicar nos próximos días:

  • Ao premer no iniciador de Tipos de letra, abre /home/minino no canto de /home/minino/.fonts, mais se prememos de novo, abreo correctamente. Solución temporal: engadir unha ligazón a .fonts chamada fonts e abrir fonts no canto de .fonts.
  • Corrixir pequeno (despiste) bug de comiñas no cambiafondo para que permita cartafoles con espazos no nome -> na liña do find
  • Corrixir pequeno (despiste) bug no pomodoro funciona con segundos no lugar de minutos -> sleep $((minutos…. *60))
  • Actualizar btsync (desde paquete deb ?)
  • Engadir un capturador de pantalla para firefox → screengrab
  • Instalar screenruler, imprescindible para saber que largo deixar no Libreoffice cando se usa un marco.
  • Modificar o Crea iniciadores para que ao arrastrar un cartafol xere un acceso directo a ese cartafol (ou sexa, un iniciador coa liña caja /cartafol/que/sexa).
  • Actualizar google earth, na versión actual deixou de funcionar a busca de lugares.
  • Comprobar se podemos incluír na .ISO o stellarium
  • Actualizar phonon
  • Actualizar os correctores de galego
  • Reinstalar calibre de Sid (o de Wheezy non vai)
  • Instalar python-imaging para o recortado de imaxes
  • Engadir Katamotz/Katamoz Exercicios para tratar as dificultades de lectura e escritura ou dislexia.
Sobre minino4Rπ

Este produto aínda non foi publicado, mantemos unha imaxe de uso «interno» a xeito de vista previa para probas.

O atraso neste desenvolvemento debese puntualmente a dous feitos:

  • O desenvolvemento da PicarOS entretívonos máis tempo do agardado, cunha elevada carga de traballo, especialmente aos responsábeis da coordinación.
  • O atraso na devolución dos equipos (físicos) de Raspberry Pi que tiñamos cedidos para as actividades na prisión de Monterroso.

É a nosa intención poder publicar unha beta despois das datas do Nadal, aínda que creemos que esa data pode ser algo precipitada, aínda así marcámonola como obxectivo .

Liñas de traballo a seguir:

  1. Completar a integración do escritorio LXDE segundo os nosos parámetros e requirimentos.
    1. Aplicación de temas gráficos específicos, paneis, barras, etc.
    2. Modificación dos temas Gtk (2 e 3) así como os Qt, para unificar a aparencia.
  2. Conmutación/anulación dos servizos (daemon) para alixeirar a carga.
  3. Integración dos nosos aplicativos particulares.
  4. Configuración/reconfiguración dos aplicativos para optimizar o rendemento.

Imaxe instalábel «preview release»

Capturas de pantalla da previa de minino4RPi no web de MiniNo

Capturas de pantalla da previa de minino4RPi no web de GALPon


Adaptación da GALPon MiniNo aos dispositivos ARM

con especial adicación aos RaspberryPi (minino4Rπ, minino4RPi)

[Proposta Convenio 2.1.2]

Este produto aínda non foi publicado, mantemos unha imaxe de uso «interno» a xeito de vista previa para probas.

O atraso neste desenvolvemento debese puntualmente a dous feitos:

  • O desenvolvemento da PicarOS entretívonos máis tempo do agardado, cunha elevada carga de traballo, especialmente aos responsábeis da coordinación.
  • O atraso na devolución dos equipos (físicos) de Raspberry Pi que tiñamos cedidos para as actividades na prisión de Monterroso.

É a nosa intención poder publicar unha beta despois das datas do Nadal, aínda que creemos que esa data pode ser algo precipitada, aínda así marcámonola como obxectivo.

Imaxe instalábel «preview release»

Capturas de pantalla da previa de minino4RPi no web de MiniNo

Capturas de pantalla da previa de minino4RPi no web de GALPon


Actualización da actual PicarOS 2012 a unha nova PicarOS Diego (2013))

[Proposta Convenio 2.1.3]

Publicación da versión «beta»

  • 22 de xuño de 2013
Referencia en mancomun.org
Referencia no web de MiniNo
Referencia no web de GALPon
Referencia en Código Cero

Publicación da versión «RC»

  • 7 de setembro de 2013
Referencia en mancomun.org
Referencia Referencia no web de MiniNo
Referencia no web de GALPon
Referencia en Código Cero
Referencia no Facebook de Código Cero

Publicación da versión «final»

  • 21 de setembro de 2013, Coincidindo coa celebración do Día da Liberdade do Software
Nova e vídeo promocional no web de MiniNo
Referencia en mancomun.org
Referencia en Código Cero
Referencia no Facebook de Código Cero
Referencia na web de GALPon sobre a presentación en Granada
Presentación en Granada - web de GCubo
Vídeo do acto da presentación en Youtube
Páxina de videotitoriais na web de MiniNo
Canle de videotitoriais en Youtube

Nota: fotos do Kernel 2013, onde ver os carteis da historieta «Vidas paralelas» a presentación e a cea:

https://www.dropbox.com/home/Kernel%202013%20-%20Mugardos
https://plus.google.com/u/0/117441692789208592716/posts
https://dl.dropboxusercontent.com/u/95419925/Fotos-presentaci%C3%B3n-PicarOS.tar.bz2
https://www.dropbox.com/home/Fotos-presentaci%C3%B3n-PicarOS

Destaque:

Recompilación de fotos no GDrive (2 ficheiros comprimidos) con acceso público

Evolución das descargas da v. final

O domingo 20 de outubro (2013), xusto no primeiro mes da súa publicación superáronse as 1.000 descargas.

Domingo 10 de novembro (2013) as 24:00 horas, ao facer o cambio de imaxe pola rev_b, ata este momento levábanse 1.296 descargas (970 directas e 326 por torrent).

Publicación da rev_b tras a minino-devconf

No momento de redactar esta documentación para presentar ante a AMTEGA (4-12-2013 as 10h32m), levamos un total de descargas (acumuladas coas anteriores e rexistradas por nós) de: 1.769 (1.281 directas e 488 por torrent)

Outras web

Galpon Minino para la escuela y niños de 3-12 años: MiniNo PicarOS Diego
MiniNO PicarOS Diego, el LInux para niños
Publicado MiniNo PicarOS Diego, un Linux para los más pequeños
Lo cierto es: Publicado MiniNo PicarOS Diego, un Linux para los más pequeños
CITA-Educación: MiniNo PicarOS Diego, un Linux para los más pequeños
Escuelas Libres: Diego, nueva versión de MiniNo PicarOS
Cuelgame: Mínimo -PICAROS (2012) GNULinux [Iso ]
MININO PICAROS 2013 "DIEGO": La Distribución Con Gambas3.4.2 I
Diego un Linux para los más pequeños
MiniNo PicarOS "Diego": Actualización a Gambas3.5.1
Publicado MiniNo PicarOS Diego, un Linux para los más pequeños
Taking Linux for Children to a Higher Level: PicarOS 2013 Diego
Comentario a: Diez consejos después de instalar Debian Wheezy 7
Como usar Gambas en Windows - recomendando PicarOS
Blog de Ivan Gonzalez

Podcast

En Red Ando - euskadigital (minuto 40:10)

Servidores de ligazóns torrent

Nota: As descargas feitas deste estas páxinas nós non temos forma de contabilizalas, xa que actúan directamente sobre a rede de «sementadores».

The Pirate Bay - MiniNo PicarOS Diego - Hybrid version LiveDVD/LiveUSB
softwaredl - picaros-diego-b.iso
YourBittorrent - Picaros-diego-b
MagnetDL - MiniNo PicarOS Diego: Hybrid Version LiveDVD/LiveUSB


Proxecto conxunto dos GUL

[Proposta Convenio 2.2]

Participación no Día da Liberdade do Software 2013

... desenvolver...

Presentación do PicarOS Diego

Youtube - Presentación de PicarOS Diego, no X ciberencontro kernel 2013.

Recompilación de fotos no GDrive (2 ficheiros comprimidos) con acceso público

Ciclo de obradoiros sobre Hardware e Software Libre «Sábados Libres na Altamar»

[Proposta Convenio 2.3]

Informes sobre o desenvolvemento deste ciclo