Documento consensuado do Profesorado galego de Ensinanza Primaria e Secundaria
Contenido
Introdución
O profesorado galego do ensino primario e secundario en Galicia está elaborando este documento consensuado contando coa colaboración dos grupos galegos de Software Libre.
Neste documento pode participar calquera persoa interesada na implantación efectiva e eficiente das TIC no ensino galego. O único requisito para modificar este documento é estar rexistrado no sitio web de GALPon.org. Esta medida adoptouse para evitar problemas de SPAM nos documentos.
Existe tamén unha lista de correo de Software Libre na Educación en Galicia á que se pode suscribir na seguinte dirección: http://listas.mancomun.org/mailman/listinfo/softlibre-edugal
Como poderá comprobar, a redacción colaborativa implica ter diferentes estilos e linguas polo que este documento estará redactado tanto en galego coma en castelán.
Nota: Antes de incluires as túas aportacións neste documento, coméntaas na lista de correo Softlibre-edugal@mancomun.org ou na páxina de discusión . |
Este documento foi elaborado coas contribucións dos participantes na lista de correo Softlibre-edugal@mancomun.org, docentes que, na práctica totalidade, non se coñecen persoalmente, mais que comparten unha visión común sobre como se han de incorporar as novas tecnoloxías da información e a comunicación ao sistema educativo galego. Ademais das discusións mantidas mediante a lista de correo, o documento elaborouse empregando un sistema de edición "wiki" facilitado por galpon.org e conta coa colaboración dos grupos galegos de Software Libre.
Análise da situación actual
Ámbito técnico docente, propio do centro.
1º Obsérvase que moitos dos centros dispoñen de sistemas TIC cunha forte dependencia da VONTADE de algún profesorado que nel se atopa. Isto trae como consecuencias:
- a.- Que non se segue unhas pautas comuns a outros centros.
- b.- Que se careza, na maioría dos casos, dunha documentación do propio sistema.
- c.- Que estea en función dos coñecementos do VOLUNTARIO, que de boa fe trata de por solución a un problema.
- d.- Claro en función dos coñecementos, uns teñen Windows 98, outros está á última con Vista, uns aventúranse co linux, outros teñen OpenOffice.org (se que os usuarios saiban as diferenzas de formato co MS Word, uns teñen sistemas baseados en servidor pero sen sacarlle o proveito que se puidera.
- e.- Ante continxencias uns usan o clonado, outros a instalación pura e dura ante, uns teñen todo instalado en tódolos equipos outros en función das necesidades e das peticións do profesorado.
- f.- O máis importante, que se o profesor VOLUNTARIO se vai é moi probable que o sistema que orfo e condenado á extinción ou á aparición dun novo VOLUNTARIO.
2º Outro aspecto que se desprende do anterior é que na maioría dos casos, todo o mundo pode facer de todo nos equipos, cos problemas que iso conleva (virus, accesos a información doutros, sistemas inestable en razón dos dos programas instalados para calquera tipo de fin, non homoxeneidade nos programas instalados nos distintos equipos, etc)
3º Este traballo realizado por moitos voluntarios, é ás veces pouco fructifero, no senso de que seguro que todos eles se atopan cos mesmos escollos que outros xa se atoparon antes e perden os mesmos tempos en resolvelos.
4º En aqueles centros onde se dispoñen de horas destinadas a labores de PTICs, estas horas non están reguladas polo que nunca se ten a seguridade de que o servizo vaise manter. Non hai ningún patrón para definir as horas de PTICs por número de PCs no centro.
5º Existe un problema moi grave de instalación de programas sen licencia no entorno educativo dun xeito xeralizado, que a administración debe coñecer e que para actuar sobre el, cómpre usar o software libre axeitado para evitar gastos inútis alá onde non sexan necesarios (MS Office fronte a Openoffice, etc). Aproveitar a experiencia de centros onde xa se consegiu legalizar todo o software sin gran desembolso económico.
Ámbito administración
Falta de apoio .... Non existe proceso de retroalimentación
Ámbito formación
Antonio dixit: “Todo para o profesor pero sen o profesor”
Ámbito técnico, administración do proio centro.
Eu non entraria nesta cuestión polo de agora, hai moito que migrar, pero se alguén quer.
PROPOSTA
1.- Ámbito administración
a) Na liña do Plano Estratéxico Galego da Sociedade da Información elaborado pola Consellaría de Innovación e Industria, a Consellaría de Educación debe prepar un plano propio de incorporación das novas tecnoloxías e do software libre. Este plano debe contemplar todos os ámbitos de actuación da Consellaría (centros de ensino, CEFOREs, servizos centrais, delegacións,...) e considerar a necesidade de coordinación coas demais consellarías. Este Plano afectará a todos os ámbitos da Consellería onde se usen as TIC e polo tanto a todas as Direccións Xerais e organismos da Consellería, sendo trasversal a todas elas.
b) A duración deste plano non debe ser de menos de tres anos e debe deseñar un organigrama que especifique ben claramente quen é responsábel de que aspecto, evite a duplicidade de esforzos e que permita ao mesmo tempo o control centralizado e a participación "de abaixo arriba" a todos os niveis.
c) Neste plano, o profesorado e os centros educativos terán un papel relevante, en virtude do seu papel dinamizador e da súa función como transmisores inmediatos de actitudes e experiencias ao destinatario final do proceso educativo, o alumnado. Por exemplo, consagrará a presenza dun experto en novas tecnoloxías en cada centro mediante a asignación de horas lectivas en virtude do tamaño do centro e primará a participación voluntaria dos centros nas primeiras etapas da súa aplicación. O perfil e carga horaria do/dos experto/s detállase no punto [PTICs]
d) Consideramos que o aspecto económico non é o máis relevante neste plano, xa que propósito é crear un modelo organizativo novo que permita aproveitar os recursos existentes agora mesmo.
e) Para toda a documentación oficial e os documentos de traballo dixitais establecerase a utilización obrigada de formatos de ficheiro standard (normas ISO), nomeadamente PDF/A para os documentos arquivábeis e ODF para os editábeis. Na web só se poderán empregar stándares aprobados polo Consorcio WWW (HTML, CSS,...), sen extensións privadas, e linguaxes de código aberto (tipo PHP). Todos os documentos deberán respectar as normas de accesibilidade na liña do xa aprobado como Estándares e accesibilidade na web institucional da propia Xunta de Galicia.
g) A xeración de software corporativo e ferramentas usadas pola administración deben xerarse sempre sobre plataformas abertas e estándares actuais de interoperatividade e acceso.
2.- Ámbito técnico
1º.- Crear un Sistema Base Común PARA TODOS OS EQUIPOS CLIENTE (SBC en diante) de tódolos centros educativos, sexan de primaria, IES, integrados, CPIS, etc, e demais servizos da Consellaría. Este SBC estará baseado en Linux e en aplicativos de software libre e aberto, véxase Openoffice.org, gimp, Firefox, 7zip, Thunderbird, Evolution, quanta, k3b, etc...
- Ter un SBC permitiría que tódolos centros poderían intercambiar experiencias de funcionamento, entre os distintos centros e coordinados pola Consellería, e evitar así que todos os centros estean poñendo esforzos en solventar a mesma problemática, xa resolta fai tempo por outros.
- Ter un foro común sobre o SBC permitiríalle a xente, sexa esta voluntaria ou cun perfil específico de administrador TIC, que esta a fronte da súa administración ir moito máis rápido na súa posta en marcha e facilitaría a operatividade do día a día do usuario.
- Ademais, o SBC permitirá que os Sistemas Informáticos dun centro siguan funcionando ainda que se traslade o persoal que o montou, ó mesmo tempo que permite á xente interina a substituta non ter que estar a adaptarse a cada centro.
- Permitiría que o sistema estivese documentado tanto pola Administración, como polas persoas encargadas, evitando unha dependencia excesivamente forte da persoa que administra o sistema no seu centro.
3º.- No eido dos clientes, habería que dividilo en varios "módulos":
- Módulos comúns:
- Módulo de drivers (son, placas, rede, etc), onde estean documentados até onde se poida chegar.
- Módulo de multimedia (reprodutores de son, dvd, películas, div, gravadoras CD/DVD, etc) este apartado é moi conflictivo, pero necesario, pois os usuarios, con razón, quereran seguir vendo o mesmo que nun sistema windows.
- Módulo de ofimática: OpenOffice.org, Gimp, visores Pdf, etc.
- Módulo de impresión / Escaneo / OCR:
- Módulo de navegadores web: Máquinas de Java, flash macromedia, etc.
- Módulo de idiomas / tradutores :
- Módulo de ferramentas educativas: jclic, ....
- Módulo de documentación: tanto a nivel administración como a nivel usuario
- Módulos específicos:
- Módulo de linguaxes de programación: para os ciclos formativos que o precisaren
- Módulo de contabilidade/facturación: factulux, facturlinex, openbravo, ....
- Módulo de electrónica: o que por aí haxa, non o sei
- Módulo CAD: o que por aí haxa
- Módulo de mecánica:
- Módulo ....
4º.- O SBC non sería pechado, aquel centro que quixese evolucionar sobre el que o faga, porque en caso de querer volver atrás sempre se pode.
6º.- Realización técnica
Propónse un modelo que reúne as condicións de ser implantable de xeito case inmediato, cun custe moi baixo para a Consellería, y con total apertura para o desenvolvemento por parte da comunidade de usuarios. Trátase de non embarcarse en realizacións técnicas salomónicas (modelo Catedral) senón en partir do que xa está solucionado (xa temos distribucións de alta calidade técnica feitas por grandes expertos) e conseguir un sistema adaptado a nuestras necesidades pero abierto.
Partiríase dunha distribución Linux (a decidir, pero son moitas as que valen). A decisión terá que basearse en estudos e parámetros técnicos objetivos que concluirán cal é a máis óptima para usala neste proxecto. Para construir o SBC só habería unha diferenza, un único ficheiro máis: o repositorio da Xunta e a súa clave GPG. Non se trata de crear unha distribución propia.
Este respositorio instalaría sobre a distro todas as melloras, actualizacións e perfís. Convertiría a distribución no SBC. Este modelo ten as seguintes vantaxes:
- 1. Ao procurar soporte en Internet, non limitaríamos as nosas capacidades de encontrar solucións al filtrar la búsqueda por unha suposta "Breoganix", senón que se preguntaría por "Debian", "Ubuntu", "Fedora", "SuSE", ou a que sexa, obtendo un soporte acorde moitísimo maior, acorde ó seu gran número de usuarios. Todo o soporte, a seguridade e os beneficios das grandes distros pasarían ao noso SBC de inmediato.
- 2. O impacto mediático sería maior a nivel global e a distribución escollida veríase seguramente beneficiada "upstream". Habería unha total colaboración entre a distro, a Comunidade e a Xunta.
- 3. Ao ter un repositorio, entrarían nel de maneira asíncrona as cousas que cada un (profesorado, alumnado, proxectos, uac, etc.) puidese aportar ao SBC. Non habería que esperar ao fin do proxecto para ter o SBC. Teríamolo XA.
- 4. Dar solucións técnicas e parches sería tan doado como metelas no repositorio estábel cando se considerasen así. Sería unha forxa asíncrona de verdade. Por suposto, habería algún tipo de control de calidade humano do repositorio "oficial", pero é un gasto menor.
- 5. Aos poucos iríase creando o SBC (modelo bazar) frente ao modelo inverso, que é crear unha metadistro e estabilizala, ou esperar a ter un SBC estábel para lanzalo (modelo catedral).
- 6. Cando a distro remate o seu ciclo de vida poderían convivir todas, pois o repositorio nunha se borraría e poderíase ir desenvolvendo o novo SBC de maneira moi doada até que estivese preparado para un lanzamento global.
- 7. Outras consellarías (non Educación) poderían derivar o seu propio SBC do noso (quitándolle, por exemplo, materiais educativos e mentendo desenvolvementos propios de administración) de xeito sinxelo e sen practicamente custo.
Por dicilo en modo debianeiro:
apt-get install sbc-educacion
ou en modo Redhat / Fedora
yum install sbc-educacion
Estes serían pacotes que terían as dependencias de todos os demais que os xestores de darlle estabilidade ao SBC considerasen que son suficientemente estábeis. E logo, en cada caso:
apt-get install edu-xade apt-get install edu-meiga apt-get install edu-contabilidade apt-get install edu-programacion etc...
6º.- Como se levaría a cabo a construción deste SBC?, pode ser desenvolvido en varios frontes e sempre co apoio e Coordinación dende a Consellería:
- A.- Para o análise de necesidades, deseño e proba:
- 1º.- Se se crea a figura dos [PTICs], pois xa entraría nesta fase
- 2º.- Profesorado que desexe iniciar proxectos sobre o SBC.
- 3º.- Alumando dos centros que na fase de prácticas (incluso en módulos como proxecto integrado) poderían estar coordinados por profesores de proxectos (punto anterior) do centro que os titoricen e desenvolvendo un novo subsistema para o SBC.
- 4º.- Proba en centros piloto seguindo o criterio de solicitude do centro, escollendo primeiro aqueles que teñan participado en proxectos de innovación, regrados ou non.
- B.- Fase de documentación
- Os mesmos actores anteriores
- C.- Fase formación
- Cursos específicos organizados pola Administración tanto para o profesorado de proxectos, como para os [PTICs], pero para persoas que van ter responsabilidades na administración TIC no seu centro.
- Cursos a nivel usuario para os demais actores que van facer uso do sistema.
- D.- Fase de implantación
- 1º.- O profesorado de proxectos ou [PTICs] xa existentes como o veu facendo até o de agora
- 2º.- Os [PTICs] actuais (se existen)
- E.- Fase mantemento
- 1º.- O profesorado de proxectos ou [PTICs] xa existentes como o veu facendo até o de agora
- 2º.- Os [PTICs] (se existen)
Conclusións: O SBC sería o requisito mínimo sobre o que asentar calquera outra actividade educativa, do mesmo xeito, que cando unha enfermeira chega ó seu posto de traballo non se ten que preocupar do sistema informático, sen ir máis lonxe o SI dun centro non debe ser obstáculo no proceso de ensino aprendizaxe do mesmo xeito que non o son os encerados nin as tizas (como se diga en galego). Obviamente a ninguén se lle escapa que isto ten unha complexidade maior, pero tamén a tamén a ten un quirófano e non é o médico que lle da soporte, nin quen o instala, etc. Finalmente, hoxe en día non se concibe que cada centro tives un programa distinto do Xade, nin un xestor de bibliotecas distinto do Meiga, pois non se debe entender o sistema base mínimo como un ente illado de cada centro.
Parte servidores (dos centros que os implanten)
O SBC será deseñado para dar servizo aos clientes (que compón a maioría dos equipos da Consellería) pero tamén serviría de base sobre a cal facer os servidores necesarios nos centros.
- Dado que os administradores dos servidores dos centros [PTICs] poden derivar facilmente un servidor do SBC-Cliente, bastaría con documentar correctamente e de xeito colaborativo o proceso para dar estes servizos, sen necesidade de crear outro SBC-Servidor.
- Habería que aclarar a situación legal dos servizos prestados desde o centro a Internet (acceso a ficheiros por ssh, etc)
- A Consellería debería dar todos os posibles desde o seu portal para aforrar custos (wikis, LAMP, listas de correo, webs persoais, etc...) pero hai algúns que non se poden dar desde un punto centralizado como son o servizo de ficheiros (non á velocidade actual da rede corporativa en calquera caso).
- Os servicios LAN dos centros poderían basearse na filosofía de dominios (LDAP) e que todo estivese almacenado nun único servidor, o que permitiría que os administradores non se teñan que precupar pola información específica de cada postos de traballo, permitiría ademais o uso de clientes lixeiros, facilitaría os procesos de backup e respaldo da información, etc.
- Habería que ter en conta os seguintes (os cales en breve tendrán ya un principio de documentación por los múltiples grupos de traballo que se están a realizar sobre o tema):
- Método de alta de usuarios: script para extraer usuarios de Xade a principio de curso.
- Formas de validar ós usuarios (LDAP local en el centro). Samba se vai haber convivencia con windows.
- Formas de exportar/compartir a información (SSHFS, samba, etc)
- Xestión de cotas
- Permisos das carpetas, etc
- O servidor permitiría por en marcha un sistema de documentación interno para o centro (wiki), e un xestor estilo moodle, (LAMP) ainda que se a Consellería prestase o servizo, non sería necesario implantalo no centro.
Servidor centralizado colaborativo
Hoxe en día a comunidade educativa galega só ten unha ferramenta para a comunicación e partición en Internet: o e-mail. A comunidade ten que recurrir a servizos externos para colaborar en calquer eido da Internet (yahoogroups, wikis, etc...)
Centralizar estos servizos, traerá moito aforro en horas e recursos nos centros educativos que xa están a construir portais de este tipo para o seu centro (aforro en backups, administración, autentificación, seguridade, etc...)
Precísase coa maior urxencia posible un servizo centralizado que permita esta colaboración e que terá que incluir:
- Plataformas moodle, wikis
- Espazos web persoais con posibilidad LAMP
- Posibilidade de creación de Wikis, listas de correo, etc... Para os centros debería estar automatizado (poderían crear listas de correo de profes, departamentos, etc...)
- Repositorio software de personalización da distribución elexida (o repositorio que a convertería no SBC-Cliente)
- Espazo de disco duro virtual para aqueles profes en centros onde non se poida acceder ós arquivos do servidor do seu centro desde Internet
- Forxa para construir paquetes para o SBC-Cliente en colaboración directa co administrador da estabilidade do repositorio
- etc...
3.- Ámbito formación
Cómpre diferenciar entre documentación e formación pero basear esta naquela de maneira que permita, na súa volta, mellorala a partir das dificultades reais que vaian aparecendo.
A documentación sería responsabilidade do SIEGA e a formación dos CEFOREs.
Para a documentación hai que asegurar a participación “de abaixo arriba”, posibelmente mediante a colaboración usando wikis. A creación desta documentación debe plantexarse co obxectivo implícito de crear unha "comunidade" que intercambie dúbidas e solucións e tamén plantexe retos.
Pola súa propia natureza, a formación debe combinar na medida do posíbel a formación nos centros, confiándolla ao profesorado con dedicación específica ás TIC (que estará coordinado e guiado polos CEFOREs) e a formación a distancia baseada na documentación e cursos en liña ("tutoriais").
A formación debe plantearse desde o punto da aplicabilidade pedagóxica e a integración curricular. Isto é, non se debe ensinar "como se grava un CD", senón "gravando un CD, que, por certo, faise así, podes lograr o seguinte co teu alumnado".
A formación debe explicar e transmitir explícitamente os valores da liberdade creativa, o acceso aberto aos recursos culturais, a cooperación desinteresada e o respecto polas aportacións creativas de todas as persoas.