Actividades
Contenido
- 1 Proposta de actividades a realizar durante o ano 2020
- 2 Outras actividades...
- 3 Documentos colaborativos
- 4 Actividades destacadas
- 5 Actividades xa realizadas
Proposta de actividades a realizar durante o ano 2020
Obradoiro de formación de formadores sobre contornos de programación por bloques «Snap!», «Snap4arduino» e «microblocks»
Introdución
No seu momento, non hai moitos anos, falar de «Scratch» e de «programación con bloques» eran sinónimo un da outra; ademais falabamos sempre de liberdade. A partires da publicación da v.2.x de Scratch, esta deixou de ser «realmente» libre, xa que estaba programada en flash e dependía de «Adobe AIR» (estritamente privativo), que, por se fose pouco, deixou de estar dispoñíbel para GNU/Linux. Nesta situación, Jens Mönig e Brian Harvey reescribiron scratch empregando html5 e javascript, dando lugar a un «fork» realmente libre: Snap! BYOB2. Neste momento o Scratch vai xa pola v.3.x, desta volta cun forte apoio económico por parte de Google, o que leva a que Scratch só desenvolva toda a súa potencia se se emprega no navegador ou no S.O Chrome de Google, e non existindo aínda un sistema «offline» que poida ser executado nun S.O. libre. Pouco a pouco o Snap! foi medrando, e hoxe en día é o sistema de programación por bloques máis potente, mantendo a liberdade como bandeira e mantendo a mesma facilidade para a programación pola xente miúda, pero engadindo funcionalidades que fan que sexa axeitado para unha introdución seria á informática para estudantes de secundaria ou universidade. A pesares do dito, Snap! segue a ser ignorado, deixándose a xente, especialmente o mestrado, levar pola «popularidade» do Scratch, e deixando de lado o concepto de liberdade.
Descrición
Conferencia/obradoiro/sesión maxistral a cargo de Bernat Romagosa, desenvolvedor dos proxectos Snap!, Snap4arduino co padriñazgo de EDC3 (Education Development Center) e BJC4 (The Beauty and Joy of Computing) así como do MicroBlocks. Desenvolverase unha lección teórica sobre Snap e Snap4arduino e a seguir unha lección práctica de MicroBlocks con placas micro:bit. A organización disporá dalgunhas placas micro:bit e CPX outros compoñentes para prácticas.
Publico obxectivo e estimación de impacto
Mestres de tecnoloxía, monitores de «laboratorios» e asociacións de facedores (makers) ou de difusión informática, e aficionados en xeral á programación. Esta actividade será de acceso libre, agás os requisitos de inscrición previa e capacidade. Estimamos que podemos acadar os 60 asistentes.
Estructura do obradoiro
A xornada dividirase en dúas partes, Na primeira, farase unha sesión divulgativa (relatorio + demos) sobre Snap!, que incluirá Snap4Arduino. Na segunda desenvolveremos un obradoiro práctico con MicroBlocks, con menos «leria» e máis «cacharreo». Requisitos de asistencia
Os participantes teñen que traer o seu propio computador portátil (ver na parte final desta nota as Recomendacións técnicas, relativas ao software a empregar).
Duración e datas
O evento desenvolverase ao longo dun sábado, a poder ser no primeiro trimestre do ano.
Inscricións:
A asistencia é aberta, libre e de balde, ata o máximo de prazas admitidas
Lugar e datas:
- Data: Sábado 4 abril 2020
- Relatorio de: 10.00- 12.30
- Hora inicio obradoiro: 12.30
- Hora fin: 18.30
- Duración total: 8.30 horas (incluído o tempo do xantar)
- Prazas dispoñíbeis: 40
- Lugar: Salón de Actos do Centro Cívico de Teis. Oficina Municipal de Distrito, entre Camiño Cancelo, Rúa Maceiras e Rúa dos Irmáns Misioneiros dos Enfermos Pobres.
Bolsa de viaxe para asistir ao Congreso esLibre 2020
Os vindeiros 5 e 6 de xuño, celebrarase en Madrid a segunda edición do Congreso esLibre, desta volta esLibre 2020, na Universidade Rey Juan Carlos, grazas á colaboración da Oficina de Conocimiento y Cultura Libres (OfiLibre de la URJC).
Coa intención de colaborar ao éxito deste congreso, xurdido na canle de «Hispalinustálgicos» en Telegram e promovido dende a canle de libre acceso @esLibre (https://t.me/esLibre), en GALPon creamos unha bolsa para axudar a financiar a viaxe para asistir ao congreso. Inicialmente destinamos un máximo de 600,00 € para financiar un mínimo de 3 viaxes ao congreso. Calquera persoa pode solicitar esta axuda, pero ante a posibilidade de que existan máis solicitudes que cartos dispoñíbeis, decidimos ter en conta algunhas características das persoas solicitantes, para conceder estas axudas considerando elementos favorábeis non excluíntes, que a persoa solicitante da bolsa:
- Presente un relatorio, organice (ou colabore na organización) unha sala, presente un obradoiro ou algunha outra proposta de achega/colaboración.
- Sexa estudante de FP ou universitario.
- Estea a realizar prácticas de mestrado ou FP ou sexa bolseiro nunha empresa privada(non universidades ou asimilábeis).
- Sexa socia ou colaboradora de GALPon
No caso de igualdade de méritos para recibir a axuda terán preferencia as mulleres.
Para facer a solicitude, quen o desexe deberá enviar un correo a «xornadas galpon» aportando toda a información que consideren necesaria para acreditar o seu mérito.
Outras actividades...
15º aniversario de GALPon
16 de novembro de 2017
Xantar de confraternización de socios e simpatizantes, celebrado o día 18 de novembro
Resumo dos primeiros 15 anos da nosa historia
Documentos colaborativos
Documento consensuado do Profesorado galego de Ensinanza Primaria e Secundaria
- Para impulsar as TIC e o Software Libre na educación en Galicia
Elaboración do documento consensuado dos Grupos de Usuarios de GNU/Linux galegos
- Para impulsar o Software Libre en Galiza