Actividades
Actividades programadas (2014)
Día da Liberdade dos Documentos
mércores 26 de marzo ás 10:45 horas
- No Salón de Graos da Escola de Enxeñaría de Telecomunicación da UniversidadeVigo
- Conferencia sobre A necesidade de liberar a documentación académica e de investigación
- D. A. Pablo Hinojosa Gutierrez, técnico da Oficina de Software Libre da Universidade de Granada
- Guión da conferencia (unha aproximación):
- ¿Qué son el Copyleft y las licencias libres?
- Cultura libre y Ciencia abierta
- ¿Por qué debería usar licencias libres?
- Receta rápida para liberar trabajos
- Nota: a conferencia será ditada en castelán
- Datos biográficos:
- Guión da conferencia (unha aproximación):
- D. A. Pablo Hinojosa Gutierrez, técnico da Oficina de Software Libre da Universidade de Granada
- Namorado da rede e do mundo de Internet dende 1998, veterano da blogosfera dende 2003. Traballou durante anos como programador e webmaster tanto de modo «freelance» como en varias empresas.
- Convencido do Software e da Cultura Libre, actualmente é Técnico na Oficina de Software Libre da Universidade de Granada onde, entre outras tarefas, asesora sobre o uso de licenzas de software e obras libres.
- Imparte conferencias, obradoiros e cursos para diversas institucións, como a Universidade de Granada, a fundación CENATIC ou as Cámaras de Comercio de Granada e Almería, sobre temas como liberación de software, aspectos legais do Software Libre, as redes sociais e o e-comercio, licenzas Creative Commons e diversas tecnoloxías web e de programación como GIT, HTML, Python ou XML.
- Blog: http://www.psicobyte.com Twitter: @psicobyte_
- Esta conferencia vai dirixida especialmente aos alumnos de Tese, TFG, PFC, doutorandos, investigadores ... e a todo o público interesado na Cultura e nos estándares Libres.
- A seguir celebrarase un debate aberto sobre a tese da conferencia, no que participarán:
- D. Miguel Cacho, Prof. de Enxeñaría de Sistemas e Automática na Escola de Enxeñaría Industrial (UniversidadeVigo)
- Dna. Hilda Iglesias Galán, Técnica superior I+D, da OTRI da UniversidadeVigo
- D. Juan Victor Rodríguez Arós, Xefe do Departamento de Innovación Tecnolóxica da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia – Xunta de Galicia.
- Obradoiro de instalación de LibreOffice no «hall» da Escola de Enxeñaría de Telecomunicación (UniversidadeVigo) a cargo da OSL-CIXUG e dos voluntarios do GRUVI
Páxina oficial do evento internacional
Coa colaboración de:
Escola de Enxeñaría de Telecomunicación (UniversidadeVigo)
Oficina de Software Libre da Universidade de Granada
Oficina de Software Libre das Universidades Galegas
Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia ─ Xunta de Galicia
Publicación (edición) do libro «Software Libre para xente miúda»
Este é un libro para cativos elaborado pola xente do proxecto «Sembrando Libertad» da comunidade educativa libre «Gleducar» da Arxentina, do que fixemos a tradución ao galego.
Pretendemos facer dúas edicións en papel:
- Unha «tal cal» (o ideal sería acadar colaboración para 1.500-2.000 exemplares) para facérllelo chegar aos centros de ensino públicos de Galicia.
- E outra que incorpore o DVD de PicarOS (o ideal sería acadar colaboración para 500-750 exemplares) para divulgación entre os pais e aulas de tecnoloxía.
Pretendemos tamén que algunha editorial se faga cargo da súa publicación ao público en xeral, a condición de que se respecte a licenza orixinal: Creative Commons Recoñecemento (CC-BY) 3.0 Unported).
Está en proceso de confirmación unha co-edición en colaboración co Proxecto Trasno
Coa colaboración de:
Proxecto Trasno
Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia ─ Xunta de Galicia
Proxectos MiniNo e PicarOS
Actualización da actual MiniNo Alguadaira v1.2.2 cara unha nova versión 1.2.3
- Actualizar a base Debian á 6.0.9 conforme https://www.debian.org/News/2014/20140215
- Analizar a posibilidade de facer só unha versión i486 (desbotando o esforzo de facer tamén unha i686) con características LTS tal e como está estudando facerse en Debian.
Actualización da distribución MiniNo Ártabros v2.0 cara unha nova versión 2.1
- Aplicación do último núcleo e actualización do sistema base a Debian 7.4
- Modificación do deseño de xanelas incorporando novos temas que non colidan co LibreOffice (presentación incorrecta da xanela Opcións)
- Aplicación de novos repositorios para facilitar a instalación das versións máis recentes do LibreOffice, BTSync e Iceweasel
- Preconfiguración dos navegadores para poder empregar WebGL/OpenGL e WebRTC (sempre que as CPU/GPU o acepten)
- Nova preconfiguración das iconas do LibreOffice (novos temas planos ─flat─)
- Inclusión dun script para facer os axustes de acceso a disco SSD en computadores tipo Acer One A110
- Corrixir o bug de gnuTLS.
Actualización da actual PicarOS Diego 2013 a unha nova PicarOS Adriana 2014
- Engadir bloqueo de publicidade e vídeos suxeridos do Youtube no addblocks para que os cativos non accedan a vídeos inapropiados ou simplemente para non distraer a atención
- Bloquear de forma predeterminada o panel. Xa tivemos varios casos de cativos que o teñen borrado sen pretendelo ao fedellar no sistema.
- Nota 1: O sistema de bloqueo aplicado permitirá calquera cambio na sesión, máis no seguinte (re)inicio volverá cargarse a configuración gardada
- Nota 2: Este bloqueo será desactivábel/activábel como administrador (sudo)
- Cambiar o gravador de CD/DVD a Cdrskin/Brasero
- Engadir algúns xogos como o Armagetron ou o Secret Mario
- Engadir algunhas ferramentas de administración como fsarchiver, partimage, partclone
- Engadir compatibilidade para prism2 wlan coa instalación do seu firmware
- Modificar a mensaxe Cargando… sen usar fade o similar. En equipos con pouca potencia gráfica fai que todo tarde o dobre en cargar
- Cambiar o tema predefinido de xanelas para os escritorios serios a fin de corrixir un erro na presentación do LibreOffice
- Retirar Abiword e Gnumeric. Temos comprobado que os cativos desenvólvense perfectamente ben co LibreOffice
- Preconfigurar os navegadores para poder empregar WebGL/OpenGL e WebRTC (sempre que as CPU/GPU o acepten)
- Nova preconfiguración das iconas do LibreOffice (novo tema plano a cores Kalahari Simple)
- Inclusión dun script para facer os axustes de acceso a disco SSD en computadores tipo Acer One A110
- Engadir un script para o calibrado de encerados dixitais e tabletas cando existe máis dun dispositivo apuntador (a versión anterior ─xinput_calibrator─ só permite calibrar o primeiro dispositivo detectado).
- Corrixir un bug das vistas previas (miniaturas). atril-thumbnailer agora non acepta os formatos ODP e ODT, polo que ao atopar un ficheiro coa extensión .odp ou .odt deixa de funcionar en todas as extensións.
- Instalar o corrector gramatical LanguageTool e a súa dependencia openjdk-7-jre, aínda que no LibreOffice, a fin de aminorar a carga, está desactivado o motor Java, que terá que seren activado polo usuario (aínda que empregamos a máquina libre OpenJava, a opción a activar é a Oracle 1.7.0_45)
- Actualizar o genxword a unha versión modificada que admite diferentes idiomas en función da variábel $LANG.
- Este paquete foi i18n por petición nosa ao desenvolvedor e colaboramos no seu proceso.
- Facer un script para poder aplicar as opcións da biblioteca ooopy agora que foi modificada a orde ooo_cat (para concatenar varios ficheiros de AOO/LibO nun só) para aceptar páxinas con distinto formato e orientación, así como as imaxes e táboas incluídas nelas.
- Esta modificación foi feita a petición nosa e fixemos o traballo de testers.
- Engadir o Word Search Creator (Creador de sopas de letras) ao que xa se lle aplicou o proceso i18n.
- Esta modificación foi feita a petición nosa e fixemos o traballo de testers.
- Preparar o epoptes para que sexa doado facer unha configuración en función de se o equipo é un servidor (profesor) ou un cliente (alumno)
- Revisar a presentación do pequerrechos. Está moi agochado e pasa desapercibido para todo o mundo, hai que estudar como activalo dun xeito máis transparente, mais sen perder a súa funcionalidade.
- Preparar unha configuración máis sinxela para unha LAN (cambiar o hostname e demais)
- Preparar unha configuración para sincronización nunha aula, o script actual e sinxelo de máis.
- Solicitado a «JSBSan» a creación dun aplicativo para rexiduría (xestión dos efectos sonoros) das obras teatrais das escolas. Xa fixemos as primeiras probas, chamarase Escaleta.
- Engadir o aplicativo Vigilia desenvolvido para o PicarOS por «JSBSan». Este aplicativo é un semáforo de son ambiente, configurábel para diversos entornos (aulas/salas) e distintos usos (coloquios/exames/clases).
- Actualizar as traducións dos: ffDiaporama (gl), Mixxx (gl), Imagination (gl, es, ca) e Songwrite2 (gl, es).
- Corrixir o bug de gnuTLS.
- Incorporar fontes para disléxicos.
- Corrixir as ausencias do binario de traducción qt_ca|es|gl.qm.
- Corrixir o ficheiro de execución do Scratch para que non quebre ao gardar son (o orixinal carga co antigo OSS).
- Engadir novo fondo de pantallacircles para o escritorio (serio) de profesor.
Sábados Libres na Altamar, 2º ciclo
- 9 sábados (xan, feb, mar, abr, mai, xuñ, set, out, nov) sempre no último sábado do mes.
Pedir propostas de cursos nas listas
| Estas datas, agás as marcadas como Datas confirmadas , están pendentes de confirmar polos respectivos relatores/profesores. |
Coa colaboración de:
Asociación Xuvenil Altamar
Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia ─ Xunta de Galicia
GIT
Sistema de control de versións.
25 de xaneiro e 29 de marzo Datas confirmadas
- Obradoiros dirixidos por Jesús Amieiro Becerra, enxeñeiro de telecomunicación, editor do portal Barrapunto, adicado ao software libre, á tecnoloxía e aos dereitos dixitais. Actualmente traballa como CTO na empresa Quadralia, adicada a desenvolvemento de software e de solucións de comercio electrónico.
1ª xornada ─ 25 de xaneiro ─ Introdución a Git
Horario:
Pola mañá: de 10.00 a 14.00 (faremos unha pequena parada sobre as 11.50 para botar un café)
Parada para xantar das 14h á 16h
Pola tarde: de 16.00 a 18.30 (o remate pode prolongarse en función dos contidos)
Contidos:
- Que son os sistemas de control de versións (VCS)?
- Arquitecturas dos VCS.
- Git. Orixe e características.
- Instalación nos S.O. máis frecuentes.
- Configuración inicial.
- Uso da axuda.
- Inicialización e clonado dun repositorio.
- Xestionando os cambios nun proxecto con Git.
- Desfacendo os cambios.
- Ignorando arquivos.
- Navegando polos commits.
- Ramas: creación, cambio, fusión, borrado.
- Gardado provisional.
- Exercicio práctico.
Para este obradoiro é necesario que levedes instalado o GIT na vosa máquina. Para saber se o tedes instalado, nunha consola executades a orde:
git --version
A instalación é moi sinxela.
- Debian, Ubuntu e similares:
sudo apt-get install git - Fedora e similares: sudo yum install git
- Windows. Aconsellable instalar o msysgit, que dispón dun asistente paso a paso.
- OS X. Aconsellable instalar o git-osx-installer.
Tras realizar a instalación é aconsellable probar que todo está ben instalado. Para sabelo simplemente executades nun terminal a orde:
git --version
Nota 1: Recomendámosvos que levedes xa instalado no voso computador o paquete GIT
Nota 2: Para a primeira xornada, o director do curso desaconsella o uso de interfaces de usuario (IGU/GUI)
1ª xornada ─ Páxina do «evento» no G+
2ª xornada ─ 29 de marzo ─ Afondamento en Git
Horario:
Pola mañá: de 10.00 a 14.00 (faremos unha pequena parada sobre as 11.50 para botar un café)
Parada para xantar das 14h á 16h
Pola tarde: de 16.00 a 18.30 (o remate pode prolongarse en función dos contidos)
Contidos:
- Revisión rápida dos conceptos do 1º obradoiro.
- Colaborando nun servidor remoto: remote, fetch, push, pull.
- BitBucket.
- Crear unha conta.
- Colaborando no servidor remoto.
- Fluxos de traballo en Git.
- Exercicio por parellas.
- Alias de ordes.
- Interfaces gráficas.
- Depurando con Git.
Notas:
Para este obradoiro é necesario que levedes instalado Git, tal e como se explicou no obradorio anterior, e un navegador actualizado (Mozilla Firefox, Chrome, Chromium,...) para poder crear a conta e interactuar con BitBucket no exercicio por parellas.
Pedímosvos que levedes unha interface gráfica instalada.
O GUI elixido é GitEye, xa que aínda que non é libre creo que é o máis completo e que funciona nas tres principais plataformas.
A «instalación» é moi sinxela. Hai que descargar a versión axeitada (plataforma e arquitectura) dende http://www.collab.net/downloads/giteye, descomprimir o arquivo e se a JRE está ben configurada (no path) ao executar o arquivo GitEye xa arrinca a GUI.
Os únicos problemas que atopei (probeino en Windows 7 Professional 64 e en Fedora 20) foi de non ter a JRE no path e de descargar a versión que non se correspondía coa arquitectura na JRE instalada (sistema de 64 bits con JRE de 32, hai que descargar o GitEye de 32).
Para as prácticas deste obradoiro contamos coa colaboración de BitBucket, polo que haberá algunha sorpresa para os asistentes.
2ª xornada ─ Páxina do «evento» no G+
3ª xornada ─ 17 de maio ─ Interfaces (GUI) de Git e traballo con servidor local
Horario:
Pola mañá: de 10.00 a 14.00 (faremos unha pequena parada sobre as 11.50 para botar un café)
Parada para xantar das 14h á 16h
Pola tarde: de 16.00 a 18.30 (o remate pode prolongarse en función dos contidos)
Contidos:
- Límite de inscricións
- Por mor da complexidade deste curso, a inscrición limítase a 24 prazas, sendo OBRIGATORIA a inscrición no corresponde formulario.
- Infraestrutura técnica
- Servidor con instalación de GIT e coa paquetería necesaria xa dispoñíbel por [s]ftp para non depender de descargas externas.
- Switch/router, para acceso ao servidor GIT por parte dos asistentes, de 24 bocas.
- Cableado eléctrico e de rede para 24 asistentes.
- AP para acceso WiFi ao servidor e á Internet (consultas, manuais, etc...).
- 1 pantalla e 1 videoproxector.
- Sistema de gravación de vídeo mediante webcam.
- Sistema de captura do PC do profesor (VGA2USB).
- Sistema de captura de son.
Estatística con R
22 de febreiro e 26 de abril Datas confirmadas
- Obradoiro dirixido por Miguel Branco, investigador no Depto. de Ecoloxía e Bioloxía animal, UniversidadeVigo
- 1ª xornada ─ 22 de febreiro ─ Introdución
Horario:
Pola mañá: de 10.00 a 14.00 (faremos unha pequena parada sobre as 11.50 para botar un café)
Parada para xantar das 14h á 16h
Pola tarde: de 16.00 a 18.30 (o remate pode prolongarse en función dos contidos)
Programa:
- Introdución
- Historia
- Instalación de R, os IDE (RStudio)
- Instalación de paquetes
- Axuda e documentación
- (intro e traballo dende sweave ou Markdown?)
- Entorno de traballo
- Estrutura de datos
- Tipos básicos de datos
- Vectores
- Matrices
- Listas
- Conxunto de datos (data frames)
- Lectura e escritura de datos
- Gráficos
- Estatística
- Datos cualitativos e cuantitativos
- Distribución de probabilidades
- Comprobación de hipóteses
- Análise de varianza
- Regresión lineal
- 2ª xornada ─ 26 de abril ─ Afondamento
- Obradoiro dirixido por Miguel Anxo Rodríguez Muíños, técnico informático na Dirección Xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública. Consellería de Sanidade. Xunta de Galicia
Horario:
Pola mañá: de 10.00 a 14.00 (faremos unha pequena parada sobre as 11.50 para botar un café)
Parada para xantar das 14h á 16h
Pola tarde: de 16.00 a 18.30 (o remate pode prolongarse en función dos contidos)
Programa:
- Entornos de usuario (IGU) para R e creación de paquetes.
- Falarase das diversas opcións de IGU existentes (e que serven para distintas cousas), a seguir afondarase máis nun par deles (RCommander e RStudio)… para rematar facendo paquetes co RStudio (como xerar un «package» que se poida distribuír co noso código e enviar para publicar nos repositorios «oficiais»)
Nota 1: Recomendámosvos que levedes xa instalado no voso computador o paquete R
Nota 2: Os que pretendan seguir este obradoiro cun S.O. Windows tamén poden empregar o BioStatFLOSS Portable
POO
Programación orientada a obxectos con Python e Vala
31 de maio e 28 de xuño Datas confirmadas
- Obradoiros dirixidos por Sergio Costas (aka rastersoft), desenvolvedor de diversos proxectos de SW
- 1ª xornada ─ 31 de maio ─ Introdución ao concepto de «obxecto» e primeiros desenvolvementos.
- 2ª xornada ─ 28 de xuño ─ Afondamento no desenvolvemento, uso de «Frameworks» para Python e Vala.
Horario:
Pola mañá: de 10.00 a 14.00 (faremos unha pequena parada sobre as 11.50 para botar un café)
Parada para xantar das 14h á 16h
Pola tarde: de 16.00 a 18.30 (o remate pode prolongarse en función dos contidos)
Despois do verán ─ Proxectos sen data (aínda) determinada
Construíndo unha impresora 3D con GALPon
Para aquelas persoas que queiran introducirse no mundo dos makers con Hardware e Software Libre
A dinámica que estamos planificando é a seguinte:
- Adicaremos unha xornada (sábado) completa.
- Construiremos unha impresora Prusa3 (do proxecto RepRap).
- Os asistentes poderán agruparse en equipos.
- Haberá unha persoa, con experiencia na construción destas máquinas, adicada a non máis de dous equipos para titorizalos.
- Cada equipo deberá levar todos os materiais necesarios para a construción dunha impresora.
- GALPon preparará un conxunto (kit) completo, con todo o necesario que porá a venda para quen queira aforrarse o traballo de xestionar a compra de todos os compoñentes.
- Nota 1: Para mercar estes conxuntos (kits) completos, teredes que facer unha reserva por correo e facer un «ingreso a conta» que aínda non podemos concretar.
- Nota 2: Oportunamente, publicaremos un listado detallado dos materiais incluídos no conxunto e as normas/condicións para facer o pedido.
- Nota 3: O PVP deste conxunto será estritamente o de custo, incluíndo os gastos de xestión e transporte, polo que a maior número de solicitudes poderemos dispor dun mellor prezo.
Presentación do proxecto de automática/robótica con Hw Libre patrocinado por GALPon
27 de setembro ??
Hw Libre
(RaspberryPi / Arduino / Cubieboard)
Orientado ao desenvolvemento de solucións Hardware, non a software.
Data sen determinar
- Obradoiro dirixido por Guillermo Cordeiro. desenvolvedor e técnico de sistemas en Tegnix.
- Nota: Esta xornada ten que celebrarse despois de ter celebrada (polo menos) a primeira de POO xa que as materias precisan dos coñecemos a adquirir nela.
Bash scripting III
Data sen determinar
- Obradoiro dirixido por Guillermo Cordeiro, desenvolvedor e técnico de sistemas en Tegnix
- e por Miguel Anxo Bouzada, desenvolvedor e coordinador das distros GALPon MiniNo e MiniNo PicarOS.
- Realización de interfaces gráficas con Zenity e Yad (Gtk) e KDE Dialogs.
- Procesos de internacionalización (i18n) dos diálogos/mensaxes.
Ou o que é o mesmo: Como facer que os nosos scripts poidan ser traducidos a diferentes idiomas en función da variable $LANG.
OSGeo ─ Open Maps
Agardando propostas do grupo xeoinquedos
Outras actividades actualmente en proceso
Obradoiro de introdución ao Software Libre e GNU/Linux na Uvigo
| Cancelado por Extensión Universitaria |
Como tódolos anos, novamente GALPon impartirá un Obradoiro de Iniciación ao Software Libre e GNU/Linux na Universidade de Vigo.
Este obradoiro iniciarase o 18 de febreiro e rematará o 10 de abril, o horario será de 14:00 a 16:00 tódolos martes e xoves (agás os festivos). Terá lugar no Laboratorio AS06 do edificio da E.T.S.E. Telecomunicacións
GRUVI - Grupo de Reciclaxe Informática da Universidade de Vigo
- Desenvolvida desde o curso 2005-06 ata o curso 2013-14 (prorrogado).
- Lugar: Universidade de Vigo
- Descrición: Proxecto de voluntariado de recuperación de equipos informáticos da UVigo para doalos con Software Libre a entidades sociais. Participa a OVI (Oficina de Voluntariado e Integración), a OMA (Oficina de Medio Ambiente) da Universidade de Vigo e GALPon.org
- Máis información
- O web do GRUVI
Actividades en proceso de estudio
Scratch + Arduino
- Xornadas sobre Scratch + Arduino - Xuntanza Previa -
- Xornadas sobre Scratch + Arduino - Presentación do proxecto
Actividades pendentes...
Documentos colaborativos
Documento consensuado do Profesorado galego de Ensinanza Primaria e Secundaria
- Para impulsar as TIC e o Software Libre na educación en Galicia
Elaboración do documento consensuado dos Grupos de Usuarios de GNU/Linux galegos
- Para impulsar o Software Libre en Galiza
Actividades destacadas
Presenza de Richard Stallman en Vigo organizada por GALPon
Edicións da Linux-Party feitas por GALPon
Colaboracións de GALPon coa NX-Conecta
