Actividades
Bocexo de actividades para 2015
Día da Liberdade dos Documentos
mércores 25 de marzo ás 10:45 horas
- No Salón de Graos da Escola de Enxeñaría de Telecomunicación da UniversidadeVigo
Coa colaboración de:
Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia ─ Xunta de Galicia
Esta actividade forman parte das actividades que GALPon realiza no marco do convenio de colaboración asinado coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA), e incluídas no Plan de Acción de Software Libre 2015 da Xunta de Galicia.
Sábados Libres na Altamar, 3º ciclo
- 9 sábados (xan, feb, mar, abr, mai, xuñ, set, out, nov) sempre no último sábado do mes.
Pedidas propostas de obradoiros nas listas
| Estas datas, agás as marcadas como Data(s) confirmada(s) , están pendentes de confirmar polos respectivos relatores/profesores. |
Coa colaboración de:
Asociación Xuvenil Altamar
Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia ─ Xunta de Galicia
Este ciclo de Sábados Libres na Altamar, forma parte das actividades que GALPon realiza no marco do convenio de colaboración asinado coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA), e incluídas no Plan de Acción de Software Libre 2015 da Xunta de Galicia.
- Xaneiro, 31 ─ Cociñando ROM, Android, Cyanogen, Kitchen e app
- Febreiro, 28 ─ Seguridade nas comunicacións e nas transaccións en entornos libres ─ Data(s) confirmada(s)
- Marzo, 28 ─ Presentación do proxecto de automática/robótica con Hw Libre patrocinado por GALPon ─ Data(s) confirmada(s)
- Abril, 25 ─ Obradoiro para a construción dunha impresora 3D Prusa I3 Hephestos a cargo do grupo de makers de GALPon
- Maio, 30 ─ Festa dos mapas (Mapping Party) de OSM
- Xuño, 27 ─ Seguridade nas comunicacións e nas transaccións en entornos libres
- Setembro, 26 ─
- Outubro, 31 ─
- Novembro, 28 ─
- Editatón arredor da Galipedia
- Obradoiro, probabelmente en dúas xornadas sobre Drupal ─ Migración de v7 a v8
- Obradoiro sobre Bases de datos NoSQL (MariaDB, MongoDB, etc)
Actividades programadas (2014)
Día da Liberdade dos Documentos
mércores 26 de marzo ás 10:45 horas
- No Salón de Graos da Escola de Enxeñaría de Telecomunicación da UniversidadeVigo
- Conferencia sobre A necesidade de liberar a documentación académica e de investigación
- D. A. Pablo Hinojosa Gutierrez, técnico da Oficina de Software Libre da Universidade de Granada
- Guión da conferencia (unha aproximación):
- ¿Qué son el Copyleft y las licencias libres?
- Cultura libre y Ciencia abierta
- ¿Por qué debería usar licencias libres?
- Receta rápida para liberar trabajos
- Nota: a conferencia será ditada en castelán
- Datos biográficos:
- Guión da conferencia (unha aproximación):
- D. A. Pablo Hinojosa Gutierrez, técnico da Oficina de Software Libre da Universidade de Granada
- Namorado da rede e do mundo de Internet dende 1998, veterano da blogosfera dende 2003. Traballou durante anos como programador e webmaster tanto de modo «freelance» como en varias empresas.
- Convencido do Software e da Cultura Libre, actualmente é Técnico na Oficina de Software Libre da Universidade de Granada onde, entre outras tarefas, asesora sobre o uso de licenzas de software e obras libres.
- Imparte conferencias, obradoiros e cursos para diversas institucións, como a Universidade de Granada, a fundación CENATIC ou as Cámaras de Comercio de Granada e Almería, sobre temas como liberación de software, aspectos legais do Software Libre, as redes sociais e o e-comercio, licenzas Creative Commons e diversas tecnoloxías web e de programación como GIT, HTML, Python ou XML.
- Blog: http://www.psicobyte.com Twitter: @psicobyte_
- Esta conferencia vai dirixida especialmente aos alumnos de Tese, TFG, PFC, doutorandos, investigadores ... e a todo o público interesado na Cultura e nos estándares Libres.
- A seguir celebrarase un debate aberto sobre a tese da conferencia, no que participarán:
- D. Miguel Cacho, Prof. de Enxeñaría de Sistemas e Automática na Escola de Enxeñaría Industrial (UniversidadeVigo)
- Dna. Hilda Iglesias Galán, Técnica superior I+D, da OTRI da UniversidadeVigo
- D. Juan Victor Rodríguez Arós, Xefe do Departamento de Innovación Tecnolóxica da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia – Xunta de Galicia.
- Obradoiro de instalación de LibreOffice no «hall» da Escola de Enxeñaría de Telecomunicación (UniversidadeVigo) a cargo da OSL-CIXUG e dos voluntarios do GRUVI
Páxina oficial do evento internacional
Coa colaboración de:
Escola de Enxeñaría de Telecomunicación (UniversidadeVigo)
Oficina de Software Libre da Universidade de Granada
Oficina de Software Libre das Universidades Galegas
Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia ─ Xunta de Galicia
Publicación (edición) do libro «Software Libre para xente miúda»
| Desistimos desta publicación pola imposibilidade material e económica de levala adiante con posibilidade de éxito |
Este é un libro para cativos elaborado pola xente do proxecto «Sembrando Libertad» da comunidade educativa libre «Gleducar» da Arxentina, do que fixemos a tradución ao galego.
Pretendemos facer dúas edicións en papel:
- Unha «tal cal» (o ideal sería acadar colaboración para 1.500-2.000 exemplares) para facérllelo chegar aos centros de ensino públicos de Galicia.
- E outra que incorpore o DVD de PicarOS (o ideal sería acadar colaboración para 500-750 exemplares) para divulgación entre os pais e aulas de tecnoloxía.
Pretendemos tamén que algunha editorial se faga cargo da súa publicación ao público en xeral, a condición de que se respecte a licenza orixinal: Creative Commons Recoñecemento (CC-BY) 3.0 Unported).
Está en proceso de confirmación unha co-edición en colaboración co Proxecto Trasno
Proxectos MiniNo e PicarOS
Estas actividades forman parte das actividades que GALPon realiza ao abeiro do convenio de colaboración asinado coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA), e incluídas no Plan de Acción de Software Libre 2014 da Xunta de Galicia.
Encontro de desenvolvedores de GALPon MiniNo e PicarOS ─ IV minino-devconf
Encontro anual dos que traballamos no desenvolvemento das 3 distribucións, para definir as liñas estratéxicas das distribucións, poñer en común os problemas que imos atopando e manter unha xornada de compañeirismo.
Actualización da actual MiniNo Alguadaira v1.2.2 cara unha nova versión 1.2.3
- Revisar/Actualizar a base Debian con respecto a seguridade.
- Cambiar repos a «archive.debian».
- Incluír a configuración de Xorg feita para o Sony Vaio PGC-C1 XD con gráfica Neomagic de 1280x480 px.
Actualización da distribución MiniNo Ártabros v2.0 cara unha nova versión 2.1
- Aplicación do último núcleo e actualización do sistema base a Debian 7.4
- Aplicación de novos repositorios para facilitar a instalación das versións máis recentes do LibreOffice, BTSync e Iceweasel
- Modificación do deseño de xanelas incorporando novos temas que non colidan co LibreOffice (presentación incorrecta da xanela Opcións)
- Nova preconfiguración das iconas do LibreOffice (novos temas planos ─flat─)
- Preconfiguración dos navegadores para poder empregar WebGL/OpenGL e WebRTC (sempre que as CPU/GPU o acepten)
- Corrixir os últimos bugs de gnuTLS e OpenSSL.
Actualización da actual PicarOS Diego 2013 a unha nova PicarOS Adriana 2014
- Engadir bloqueo de publicidade e vídeos suxeridos do Youtube no addblocks para que os cativos non accedan a vídeos inapropiados ou simplemente para non distraer a atención
- Bloquear de forma predeterminada o panel. Xa tivemos varios casos de cativos que o teñen borrado sen pretendelo ao fedellar no sistema.
- Nota 1: O sistema de bloqueo aplicado permitirá calquera cambio na sesión, máis no seguinte (re)inicio volverá cargarse a configuración gardada
- Nota 2: Este bloqueo será desactivábel/activábel como administrador (sudo)
- Cambiar o gravador de CD/DVD a Cdrskin/Brasero
- Engadir algúns xogos como o Armagetron ou o Secret Mario
- Engadir algunhas ferramentas de administración como fsarchiver, partimage, partclone
- Engadir compatibilidade para prism2 wlan coa instalación do seu firmware
- Modificar a mensaxe Cargando… sen usar fade o similar. En equipos con pouca potencia gráfica fai que todo tarde o dobre en cargar
- Cambiar o tema predefinido de xanelas para os escritorios serios a fin de corrixir un erro na presentación do LibreOffice
- Retirar Abiword e Gnumeric. Temos comprobado que os cativos desenvólvense perfectamente ben co LibreOffice
- Preconfigurar os navegadores para poder empregar WebGL/OpenGL e WebRTC (sempre que as CPU/GPU o acepten)
- Nova preconfiguración das iconas do LibreOffice (novo tema plano a cores Kalahari Simple)
- Engadir un script para o calibrado de encerados dixitais e tabletas cando existe máis dun dispositivo apuntador (a versión anterior ─xinput_calibrator─ só permite calibrar o primeiro dispositivo detectado).
- Corrixir un bug das vistas previas (miniaturas). atril-thumbnailer agora non acepta os formatos ODP e ODT, polo que ao atopar un ficheiro coa extensión .odp ou .odt deixa de funcionar en todas as extensións.
- Instalar o corrector gramatical LanguageTool e a súa dependencia openjdk-7-jre, aínda que no LibreOffice, a fin de aminorar a carga, está desactivado o motor Java, que terá que seren activado polo usuario (aínda que empregamos a máquina libre OpenJava, a opción a activar é a Oracle 1.7.0_45)
- Actualizar o genxword a unha versión modificada que admite diferentes idiomas en función da variábel $LANG.
- Este paquete foi i18n por petición nosa ao desenvolvedor e colaboramos no seu proceso.
- Facer un script para poder aplicar as opcións da biblioteca ooopy agora que foi modificada a orde ooo_cat (para concatenar varios ficheiros de AOO/LibO nun só) para aceptar páxinas con distinto formato e orientación, así como as imaxes e táboas incluídas nelas.
- Esta modificación foi feita a petición nosa e fixemos o traballo de testers.
- Engadir o Word Search Creator (Creador de sopas de letras) ao que xa se lle aplicou o proceso i18n.
- Esta modificación foi feita a petición nosa e fixemos o traballo de testers.
- Preparar o epoptes para que sexa doado facer unha configuración en función de se o equipo é un servidor (profesor) ou un cliente (alumno)
- Revisar a presentación do pequerrechos. Está moi agochado e pasa desapercibido para todo o mundo, hai que estudar como activalo dun xeito máis transparente, mais sen perder a súa funcionalidade.
- Preparar unha configuración máis sinxela para unha LAN (cambiar o hostname e demais)
- Preparar unha configuración para sincronización nunha aula, o script actual e sinxelo de máis.
- Solicitado a «JSBSan» a creación dun aplicativo para rexiduría (xestión dos efectos sonoros) das obras teatrais das escolas. Xa fixemos as primeiras probas, chamarase Escaleta.
- Engadir o aplicativo Vigilia desenvolvido para o PicarOS por «JSBSan». Este aplicativo é un semáforo de son ambiente, configurábel para diversos entornos (aulas/salas) e distintos usos (coloquios/exames/clases).
- Actualizar as traducións dos: ffDiaporama (gl), Mixxx (gl), Imagination (gl, es, ca) e Songwrite2 (gl, es).
- Corrixir o bug de gnuTLS.
- Incorporar tipos de letra para disléxicos.
- Corrixir as ausencias do binario de tradución qt_ca|es|gl.qm.
- Corrixir o ficheiro de execución do Scratch para que non quebre ao gardar son (o orixinal carga co antigo OSS).
- Engadir tradución do Scratch 2.0 ao galego.
- Engadir novo fondo de pantalla circles para o escritorio (serio) de profesor.
- Configurar «todos» os navegadores para que non garden o historial de navegación, contrasinais nin cookies a fin de preservar a intimidade dos rapaces, especialmente nas aulas con equipos compartidos.
- Preinstalación do tipo de letra Ryman Eco que aforra o 30% da tinta nas impresións a papel.
- Engadir servidor NX e cliente NX/x2go, para traballar con clientes lixeiros
- Ver de engadir pipelight (se entra na capacidade do DVD) para poder executar Tagxedo
- Engadir o xogo PySioGame
- Preparar extensións de VLC
- Cambio de Firefox por Iceweasel → https://wiki.debian.org/Iceweasel → http://mozilla.debian.net/
- Engadir ODPMerge
- Solicitada a actualización (ao desenvolvedor) do LliureX Mini-Screen, un aplicativo que: «permite interactuar coa pantalla principal do computador desde unha pequena área limitada; de modo que pode controlarse completamente un encerado dixital interactivo (PDI) sen necesidade de alcanzar fisicamente toda a súa extensión. Eliminase así a barreira da altura, e posibilitase o acceso ao PDI para todos».
- Integración de Picar SOS Un pequeno aplicativo para amosar os videotutoriais dos aplicativos incluídos en PicarOS.
- Engadir o motor de xadrez Mango Paola → http://mangocomputerca.blogspot.com.es/
- Engadir Easystroke para os encerados dixitais
Sábados Libres na Altamar, 2º ciclo
- 10 sábados (xan, feb, mar, abr, mai (2), xuñ, set, out, nov) sempre no último sábado do mes, agás en maio que haberá outro no 2º sábado.
Pedir propostas de cursos nas listas
| Estas datas, agás as marcadas como Data(s) confirmada(s) , están pendentes de confirmar polos respectivos relatores/profesores. |
Coa colaboración de:
Asociación Xuvenil Altamar
Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia ─ Xunta de Galicia
Este ciclo de Sábados Libres na Altamar, forma parte das actividades que GALPon realiza ao abeiro do convenio de colaboración asinado coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA), e incluídas no Plan de Acción de Software Libre 2014 da Xunta de Galicia.
GIT
Sistema de control de versións.
25 de xaneiro e 29 de marzo Data(s) confirmada(s)
- Obradoiros dirixidos por Jesús Amieiro Becerra, enxeñeiro de telecomunicación, editor do portal Barrapunto, adicado ao software libre, á tecnoloxía e aos dereitos dixitais. Actualmente traballa como CTO na empresa Quadralia, adicada a desenvolvemento de software e de solucións de comercio electrónico.
1ª xornada ─ 25 de xaneiro ─ Introdución a Git
Horario:
Pola mañá: de 10.00 a 14.00 (faremos unha pequena parada sobre as 11.50 para botar un café)
Parada para xantar das 14h á 16h
Pola tarde: de 16.00 a 18.30 (o remate pode prolongarse en función dos contidos)
Contidos:
- Que son os sistemas de control de versións (VCS)?
- Arquitecturas dos VCS.
- Git. Orixe e características.
- Instalación nos S.O. máis frecuentes.
- Configuración inicial.
- Uso da axuda.
- Inicialización e clonado dun repositorio.
- Xestionando os cambios nun proxecto con Git.
- Desfacendo os cambios.
- Ignorando arquivos.
- Navegando polos commits.
- Ramas: creación, cambio, fusión, borrado.
- Gardado provisional.
- Exercicio práctico.
Para este obradoiro é necesario que levedes instalado o GIT na vosa máquina. Para saber se o tedes instalado, nunha consola executades a orde:
git --version
A instalación é moi sinxela.
- Debian, Ubuntu e similares:
sudo apt-get install git - Fedora e similares: sudo yum install git
- Windows. Aconsellable instalar o msysgit, que dispón dun asistente paso a paso.
- OS X. Aconsellable instalar o git-osx-installer.
Tras realizar a instalación é aconsellable probar que todo está ben instalado. Para sabelo simplemente executades nun terminal a orde:
git --version
Nota 1: Recomendámosvos que levedes xa instalado no voso computador o paquete GIT
Nota 2: Para a primeira xornada, o director do curso desaconsella o uso de interfaces de usuario (IGU/GUI)
1ª xornada ─ Páxina do «evento» no G+
2ª xornada ─ 29 de marzo ─ Afondamento en Git
Horario:
Pola mañá: de 10.00 a 14.00 (faremos unha pequena parada sobre as 11.50 para botar un café)
Parada para xantar das 14h á 16h
Pola tarde: de 16.00 a 18.30 (o remate pode prolongarse en función dos contidos)
Contidos:
- Revisión rápida dos conceptos do 1º obradoiro.
- Colaborando nun servidor remoto: remote, fetch, push, pull.
- BitBucket.
- Crear unha conta.
- Colaborando no servidor remoto.
- Fluxos de traballo en Git.
- Exercicio por parellas.
- Alias de ordes.
- Interfaces gráficas.
- Depurando con Git.
Notas:
Para este obradoiro é necesario que levedes instalado Git, tal e como se explicou no obradorio anterior, e un navegador actualizado (Mozilla Firefox, Chrome, Chromium,...) para poder crear a conta e interactuar con BitBucket no exercicio por parellas.
Pedímosvos que levedes unha interface gráfica instalada.
O GUI elixido é GitEye, xa que aínda que non é libre creo que é o máis completo e que funciona nas tres principais plataformas.
A «instalación» é moi sinxela. Hai que descargar a versión axeitada (plataforma e arquitectura) dende http://www.collab.net/downloads/giteye, descomprimir o arquivo e se a JRE está ben configurada (no path) ao executar o arquivo GitEye xa arrinca a GUI.
Os únicos problemas que atopei (probeino en Windows 7 Professional 64 e en Fedora 20) foi de non ter a JRE no path e de descargar a versión que non se correspondía coa arquitectura na JRE instalada (sistema de 64 bits con JRE de 32, hai que descargar o GitEye de 32).
Para as prácticas deste obradoiro contamos coa colaboración de BitBucket, polo que haberá algunha sorpresa para os asistentes.
2ª xornada ─ Páxina do «evento» no G+
3ª xornada ─ 17 de maio ─ Git nun entorno de traballo privado.
Horario:
Pola mañá: de 10.00 a 14.00 (faremos unha pequena parada sobre as 11.50 para botar un café)
Parada para xantar das 14h á 16h
Pola tarde: de 16.00 a 18.30 (o remate pode prolongarse en función dos contidos)
Contidos:
- GitLab. Instalación, configuración e posta en funcionamento de Git nun entorno de traballo privado.
- Protocolos en Git: local, SSH, Git, HTTP(S).
- Rebase.
- Stash.
- Uso de submódulos.
- Límite de inscricións
- Por mor da complexidade deste curso, a inscrición limítase a 24 prazas, sendo OBRIGATORIA a inscrición no corresponde formulario.
- Infraestrutura técnica
- Servidor con instalación de GIT e coa paquetería necesaria xa dispoñíbel por [s]ftp para non depender de descargas externas.
- Switch/router, para acceso ao servidor GIT por parte dos asistentes, de 24 bocas.
- Cableado eléctrico e de rede para 24 asistentes.
- AP para acceso WiFi ao servidor e á Internet (consultas, manuais, etc...).
- 1 pantalla e 1 videoproxector.
- Sistema de gravación de vídeo mediante webcam.
- Sistema de captura do PC do profesor (VGA2USB).
- Sistema de captura de son.
3ª xornada ─ Páxina do «evento» no G+
[ No web da OSL do CIXUG]
Estatística con R
22 de febreiro e 26 de abril Data(s) confirmada(s)
- Obradoiro dirixido por Miguel Branco, investigador no Depto. de Ecoloxía e Bioloxía animal, UniversidadeVigo
- 1ª xornada ─ 22 de febreiro ─ Introdución
Horario:
Pola mañá: de 10.00 a 14.00 (faremos unha pequena parada sobre as 11.50 para botar un café)
Parada para xantar das 14h á 16h
Pola tarde: de 16.00 a 18.30 (o remate pode prolongarse en función dos contidos)
Programa:
- Introdución
- Historia
- Instalación de R, os IDE (RStudio)
- Instalación de paquetes
- Axuda e documentación
- (intro e traballo dende sweave ou Markdown?)
- Entorno de traballo
- Estrutura de datos
- Tipos básicos de datos
- Vectores
- Matrices
- Listas
- Conxunto de datos (data frames)
- Lectura e escritura de datos
- Gráficos
- Estatística
- Datos cualitativos e cuantitativos
- Distribución de probabilidades
- Comprobación de hipóteses
- Análise de varianza
- Regresión lineal
- 2ª xornada ─ 26 de abril ─ R: Entornos gráficos e creación de paquetes
- Obradoiro dirixido por Miguel Anxo Rodríguez Muíños, técnico informático na Dirección Xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública. Consellería de Sanidade. Xunta de Galicia
Horario:
Pola mañá: de 10.00 a 14.00 (faremos unha pequena parada sobre as 11.50 para botar un café)
Parada para xantar das 14h á 16h
Pola tarde: de 16.00 a 18.30 (o remate pode prolongarse en función dos contidos)
Programa:
- Introdución
- R como linguaxe de programación (algo mais que un software estatístico)
- Entornos de usuario para R
- Rstudio
- RCommander
- Deducer
- RKward
- Desenvolvemento de entornos gráficos para os nosos programas
- gWidgets2 (tcltk)
- Distribución e publicación das nosas aplicacións: Creación de paquetes
- Os repositorios «oficiais»
- CRAN
- Bioconductor
- Creación de paquetes
- Rtools
- A función package.skeleton()
- RStudio
- Os repositorios «oficiais»
Os obxectivos da xornada son os de:
- Coñecer as diversas opcións de IGU existentes e para que serve cada unha delas.
- Desenvolver os nosos propios entornos gráficos
- Crear paquetes para publicar e distribuír os nosos programas
Nota 1: Recomendámosvos que levedes xa instalado no voso computador o software R, e RStudio
Nota 2: Outra alternativa é utilizar EpiLinux dende unha máquina virtual ou nun dispositivo/memoria USB
Nota 3: Os que pretendan seguir este obradoiro cun S.O. Windows tamén poden empregar o BioStatFLOSS Portable
- Límite de inscricións
- Por mor da complexidade deste curso, a inscrición limítase a 24 prazas, sendo OBRIGATORIA a inscrición no corresponde formulario.
POO
Programación orientada a obxectos con Python e Vala
31 de maio e 28 de xuño Data(s) confirmada(s)
| A xornada prevista para o 31 de maio posponse para o sábado 7 de xuño por enfermidade do director do obradoiro |
- Obradoiros dirixidos por Sergio Costas (aka rastersoft), desenvolvedor de diversos proxectos de SW
1ª xornada ─ 31 de maio
Introdución ao concepto de «obxecto» e primeiros desenvolvementos.
- Introdución
- Que NON é a POO?
- Que é a POO? Encapsulación, herdanza e polimorfismo
- Clases e obxectos
- Encapsulación
- Propiedades
- Métodos
- Getters e setters
- Métodos e propiedades estáticos
- Clases e obxectos en Python y Vala
- Definición dunha clase en Vala
- Definición dunha clase en Python
- Instanciar un obxecto en Vala
- Instanciar un obxecto en Python
- Acceso a métodos en Vala
- Acceso a métodos en Python
- Herdanza
- Necesidade e importancia da herdanza
- Herdanza en Vala
- Herdanza en Python
- Polimorfismo
- Necesidade e importancia do polimorfismo
- Métodos virtuais en Vala
- Interfaces en Vala
- Duck Typing en python
Horario:
Pola mañá: de 10.00 a 14.00 (faremos unha pequena parada sobre as 11.50 para botar un café)
Parada para xantar das 14h á 16h
Pola tarde: de 16.00 a 18.30 (o remate pode prolongarse en función dos contidos)
2ª xornada ─ 28 de xuño
Programando con Python e Glade, casos prácticos.
Contidos Presentáranse algúns casos prácticos, de mais sinxelo a máis complexo, e os asistentes deberán realizar a programación correspondente a cada caso.
Esta foi unha sesión eminentemente práctica na que os asistentes desenvolveron as seguintes propostas:
- Xanela que presente os distintos tipos de apagado duns sistema e aplique a acción seleccionada
- Apagar
- Saír da sesión
- Hibernar
- Suspender
- Cancelar
- Aplicar/Confirmar ( a acción)
- Xanela para obter os datos de filiación dunha persoa
- Nome / Apelidos
- DNI (contemplar outros tipos de documento)
- Enderezo postal
- Enderezo electrónico
- Teléfono
- Campo de «Notas»
- Aplicar, sobre a base anterior os seguintes cambios
- Xerar campos duplicados a fin de poder gardar datos correspondentes a actividade profesional, tales como enderezo, teléfono, etc... do centro de traballo.
- Xerar unha xanela que permita extraer a ficha dunha persoa segundo un dato coñecido (vinculado á práctica anterior)
Rematadas as prácticas anteriores farase unha iniciación a
- Gettext_izar en Python e Python+Glade (aplicar métodos de i18n e l10n para facer traducíbel o programa/script)
NOTA: Os asistentes deberán levar instalado no seu sistema o seguinte:
- gtk+3,0
- pygtk
- python3
- glade
- libglade
- gobject-introspection
- gettext
- intltool
Horario:
Pola mañá: de 10.00 a 14.00 (faremos unha pequena parada sobre as 11.50 para botar un café)
Parada para xantar das 14h á 16h
Pola tarde: de 16.00 a 18.30 (o remate pode prolongarse en función dos contidos)
Bash scripting III
27 de setembro Data(s) confirmada(s)
- Realización de interfaces gráficas con Zenity e Yad (Gtk) e KDE Dialogs.
- Procesos de internacionalización (i18n) dos diálogos/mensaxes.
Ou o que é o mesmo: Como facer que os nosos scripts poidan ser traducidos a diferentes idiomas en función da variable $LANG.
- Obradoiro dirixido por Miguel Anxo Bouzada, desenvolvedor e coordinador das distros GALPon MiniNo e MiniNo PicarOS.
Contidos
Presentaránse algúns casos prácticos, de mais sinxelo a máis complexo, para que os asistentes realicen a programación correspondente a cada caso.
Esta vai seren unha sesión eminentemente práctica na que os asistentes desenvolveran as seguintes propostas:
- Interfaces gráficas
- Creación dunha mensaxe | Aviso | información, en forma de xanela.
- Creación dunha xanela de entrada de datos por teclado
- Creación dunha xanela de selección:
- Lista
- Radius
- Combobox
- Creación dunha xanela con múltiplas opcións de entrada
- Internacionalización (i18n) dos diálogos/mensaxes
- Método mínimo para poucas cadeas mediante emprego dun case
- Aplicación dun procedemento estándar (xeración dun ficheiro patrón de traducións .pot) empregando gettext
Horario:
Pola mañá: de 10.00 a 14.00 (faremos unha pequena parada sobre as 11.50 para botar un café)
Parada para xantar das 14h á 16h
Pola tarde: de 16.00 a 18.30 (o remate pode prolongarse en función dos contidos)
OpenStreetMap ─ Mapping Party
Aportando os nosos propios datos a OpenStreetMap (Mapping Party)
25 de outubro Data(s) confirmada(s)
A idea é facer unha festa dos mapas (mapping party) para levantar datos dalgunha zona de Vigo (aínda por decidir).
Dirixirán o obradoiro:
- Micho García
- Francisco P. Sampayo
Coa colaboración de Xeoinquedos capítulo galego de Geoinquietos
O obradoiro organizarase do seguinte xeito:
- 10:00 - 11:00 Explicación de OSM, como se levanta información, organización de equipos e reparto pola zona a «mapear».
- 11:00 - 14:00 Levantamento de información no campo.
- 16:00 - 19:30 Traballo con ordenadores para enviar a información a OSM (explicarase como utilizar os datos nos nosos propios proxectos, e resolución de consultas...)
- 19:30 . 20:00 Peche do obradoiro, revisión do traballo realizado, aplausos :-)
Na medida do posíbel, os asistentes deberán levar, ademais do seu computador, calquera dos seguintes aparellos:
- GPS
- Móbil con GPS
- Cámara de fotos (dixital)
- Nota: O computador poderedes deixalo custodiado baixo chave na Residencia Altamar, así non teredes que cargar con el.
En función do material deste tipo que poidamos xuntar organizarémonos dun xeito ou doutro.
Seguridade nas comunicacións e nas transaccións
29 de novembro Data(s) confirmada(s)
Este obradoiro dividirase en dous grandes grupo
- Cifrado e descifrado de correo electrónico con GnuPG
- Dirixido por José Manuel Ciges (@Ciges), administrador de sistemas dunha coñecida multinacional.
- Sinatura electrónica con @firma, ecofirma e DNIe en entornos libres
- Dirixido por
- Chema Casanova (@txenoo), socio de Igalia asesor de tecnoloxías libres para a administración pública.
Contidos
- Cifrado e descifrado de correo electrónico con GnuPG
- Creación das chaves pública e privada
- Envío a depósitos de chaves
- Cifrado dun texto
- Descifrado dun texto
- Uso en entornos webmail
- Uso con xestores de correo
- Sinatura electrónica con @firma, ecofirma e DNIe en entornos libres
- Certificados Dixitais Persoais: FNMT e DNI-Electrónico.
- Fundamento da sinatura electrónica e dos certificados dixitais.
- Asinando documentos en GNU/Linux: @firma, ecofirma, etc...
- O reto de acceder á administración electrónica con Software Libre.
- DNI electrónico e software libre, como configuralo.
- Aviso
- Se alguén quere probar o seu DNI Electrónico é importante que teña un certificado en vigor, a pesares de que o DNI ten validez de 5 ou 10 anos. O certificado instalado no chip caduca pasados 30 meses dende a última renovación. Polo que se temos o DNI-e activado, pero nos caducou o certificado, é preciso acudir a unha comisaría de policía a renovalo nas máquinas que teñen a disposición da cidadanía nas oficina de renovación do DNI. Non é preciso facer cola para este trámite.
Horario:
Pola mañá: de 10.00 a 14.00 (faremos unha pequena parada sobre as 11.50 para botar un café)
Parada para xantar das 14h á 16h
Pola tarde: de 16.00 a 18.30 (o remate pode prolongarse en función dos contidos)
[ No web de GALPon]
[ «evento» no G+]
[ No web de mancomún]
Despois do verán ─ Proxectos sen data (aínda) determinada
Construíndo unha impresora 3D con GALPon
| Posposta para o ano que ven |
Para aquelas persoas que queiran introducirse no mundo dos makers con Hardware e Software Libre
A dinámica que estamos planificando é a seguinte:
- Adicaremos unha xornada (sábado) completa.
- Construiremos unha impresora Prusa3 (do proxecto RepRap).
- Os asistentes poderán agruparse en equipos.
- Haberá unha persoa, con experiencia na construción destas máquinas, adicada a non máis de dous equipos para titorizalos.
- Cada equipo deberá levar todos os materiais necesarios para a construción dunha impresora.
- GALPon preparará un conxunto (kit) completo, con todo o necesario que porá a venda para quen queira aforrarse o traballo de xestionar a compra de todos os compoñentes.
- Nota 1: Para mercar estes conxuntos (kits) completos, teredes que facer unha reserva por correo e facer un «ingreso a conta» que aínda non podemos concretar.
- Nota 2: Oportunamente, publicaremos un listado detallado dos materiais incluídos no conxunto e as normas/condicións para facer o pedido.
- Nota 3: O PVP deste conxunto será estritamente o de custo, incluíndo os gastos de xestión e transporte, polo que a maior número de solicitudes poderemos dispor dun mellor prezo.
Presentación do proxecto de automática/robótica con Hw Libre patrocinado por GALPon
| Posposta para o ano que ven |
Hw Libre
(RaspberryPi / Arduino / Cubieboard)
Orientado ao desenvolvemento de solucións Hardware, non a software.
Data sen determinar
- Obradoiro dirixido por Guillermo Cordeiro. desenvolvedor e técnico de sistemas en Tegnix.
- Nota: Esta xornada ten que celebrarse despois de ter celebrada (polo menos) a primeira de POO xa que as materias precisan dos coñecemos a adquirir nela.
Outras actividades actualmente en proceso
Obradoiro de introdución ao Software Libre e GNU/Linux na Uvigo
| Cancelado por Extensión Universitaria |
Como tódolos anos, novamente GALPon impartirá un Obradoiro de Iniciación ao Software Libre e GNU/Linux na Universidade de Vigo.
Este obradoiro iniciarase o 18 de febreiro e rematará o 10 de abril, o horario será de 14:00 a 16:00 tódolos martes e xoves (agás os festivos). Terá lugar no Laboratorio AS06 do edificio da E.T.S.E. Telecomunicacións
GRUVI - Grupo de Reciclaxe Informática da Universidade de Vigo
- Desenvolvida desde o curso 2005-06 ata o curso 2013-14 (prorrogado).
- Lugar: Universidade de Vigo
- Descrición: Proxecto de voluntariado de recuperación de equipos informáticos da UVigo para doalos con Software Libre a entidades sociais. Participa a OVI (Oficina de Voluntariado e Integración), a OMA (Oficina de Medio Ambiente) da Universidade de Vigo e GALPon.org
- Máis información
- O web do GRUVI
Actividades en proceso de estudio
Scratch + Arduino
- Xornadas sobre Scratch + Arduino - Xuntanza Previa -
- Xornadas sobre Scratch + Arduino - Presentación do proxecto
Actividades pendentes...
Documentos colaborativos
Documento consensuado do Profesorado galego de Ensinanza Primaria e Secundaria
- Para impulsar as TIC e o Software Libre na educación en Galicia
Elaboración do documento consensuado dos Grupos de Usuarios de GNU/Linux galegos
- Para impulsar o Software Libre en Galiza
Actividades destacadas
Presenza de Richard Stallman en Vigo organizada por GALPon
Edicións da Linux-Party feitas por GALPon
Colaboracións de GALPon coa NX-Conecta
