Actividades

De GALPon WiKi
Ir a la navegación Ir a la búsqueda

Actividades programadas (2014)

Día da Liberdade dos Documentos

mércores 26 de marzo ás 10:45 horas

  • No Salón de Graos da Escola de Enxeñaría de Telecomunicación da UniversidadeVigo
  • Conferencia sobre A necesidade de liberar a documentación académica e de investigación
    • D. A. Pablo Hinojosa Gutierrez, técnico da Oficina de Software Libre da Universidade de Granada
      • Guión da conferencia (unha aproximación):
        • ¿Qué son el Copyleft y las licencias libres?
        • Cultura libre y Ciencia abierta
        • ¿Por qué debería usar licencias libres?
        • Receta rápida para liberar trabajos
          • Nota: a conferencia será ditada en castelán
      • Datos biográficos:
Namorado da rede e do mundo de Internet dende 1998, veterano da blogosfera dende 2003. Traballou durante anos como programador e webmaster tanto de modo «freelance» como en varias empresas.
Convencido do Software e da Cultura Libre, actualmente é Técnico na Oficina de Software Libre da Universidade de Granada onde, entre outras tarefas, asesora sobre o uso de licenzas de software e obras libres.
Imparte conferencias, obradoiros e cursos para diversas institucións, como a Universidade de Granada, a fundación CENATIC ou as Cámaras de Comercio de Granada e Almería, sobre temas como liberación de software, aspectos legais do Software Libre, as redes sociais e o e-comercio, licenzas Creative Commons e diversas tecnoloxías web e de programación como GIT, HTML, Python ou XML.
Blog: http://www.psicobyte.com Twitter: @psicobyte_
  • Esta conferencia vai dirixida especialmente aos alumnos de Tese, TFG, PFC, doutorandos, investigadores ... e a todo o público interesado na Cultura e nos estándares Libres.
  • A seguir celebrarase un debate aberto sobre a tese da conferencia, no que participarán:
    • D. Miguel Cacho, Prof. de Enxeñaría de Sistemas e Automática na Escola de Enxeñaría Industrial (UniversidadeVigo)
    • Dna. Hilda Iglesias Galán, Técnica superior I+D, da OTRI da UniversidadeVigo
    • D. Juan Victor Rodríguez Arós, Xefe do Departamento de Innovación Tecnolóxica da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia – Xunta de Galicia.
  • Obradoiro de instalación de LibreOffice no «hall» da Escola de Enxeñaría de Telecomunicación (UniversidadeVigo) a cargo da OSL-CIXUG e dos voluntarios do GRUVI

«Evento» no G+

no web de mancomun

Código Cero

Páxina oficial do evento internacional

web da OSL do CIXUG


Coa colaboración de:


Escola de Enxeñaría de Telecomunicación (UniversidadeVigo)


Oficina de Software Libre da Universidade de Granada


Oficina de Software Libre das Universidades Galegas


Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia ─ Xunta de Galicia

Publicación (edición) do libro «Software Libre para xente miúda»

Desistimos desta publicación pola imposibilidade material e económica de levala adiante con posibilidade de éxito

Este é un libro para cativos elaborado pola xente do proxecto «Sembrando Libertad» da comunidade educativa libre «Gleducar» da Arxentina, do que fixemos a tradución ao galego.

Pretendemos facer dúas edicións en papel:

Unha «tal cal» (o ideal sería acadar colaboración para 1.500-2.000 exemplares) para facérllelo chegar aos centros de ensino públicos de Galicia.
E outra que incorpore o DVD de PicarOS (o ideal sería acadar colaboración para 500-750 exemplares) para divulgación entre os pais e aulas de tecnoloxía.

Pretendemos tamén que algunha editorial se faga cargo da súa publicación ao público en xeral, a condición de que se respecte a licenza orixinal: Creative Commons Recoñecemento (CC-BY) 3.0 Unported).

Está en proceso de confirmación unha co-edición en colaboración co Proxecto Trasno

Proxectos MiniNo e PicarOS

Actualización da actual MiniNo Alguadaira v1.2.2 cara unha nova versión 1.2.3

  • Actualizar a base Debian á 6.0.9 conforme https://www.debian.org/News/2014/20140215
    • Analizar a posibilidade de facer só unha versión i486 (desbotando o esforzo de facer tamén unha i686) con características LTS tal e como está estudando facerse en Debian.

Actualización da distribución MiniNo Ártabros v2.0 cara unha nova versión 2.1

  • Aplicación do último núcleo e actualización do sistema base a Debian 7.4
  • Modificación do deseño de xanelas incorporando novos temas que non colidan co LibreOffice (presentación incorrecta da xanela Opcións)
  • Aplicación de novos repositorios para facilitar a instalación das versións máis recentes do LibreOffice, BTSync e Iceweasel
  • Preconfiguración dos navegadores para poder empregar WebGL/OpenGL e WebRTC (sempre que as CPU/GPU o acepten)
  • Nova preconfiguración das iconas do LibreOffice (novos temas planos ─flat─)
  • Inclusión dun script para facer os axustes de acceso a disco SSD en computadores tipo Acer One A110
  • Corrixir o bug de gnuTLS.

Actualización da actual PicarOS Diego 2013 a unha nova PicarOS Adriana 2014

  • Engadir bloqueo de publicidade e vídeos suxeridos do Youtube no addblocks para que os cativos non accedan a vídeos inapropiados ou simplemente para non distraer a atención
  • Bloquear de forma predeterminada o panel. Xa tivemos varios casos de cativos que o teñen borrado sen pretendelo ao fedellar no sistema.
    • Nota 1: O sistema de bloqueo aplicado permitirá calquera cambio na sesión, máis no seguinte (re)inicio volverá cargarse a configuración gardada
    • Nota 2: Este bloqueo será desactivábel/activábel como administrador (sudo)
  • Cambiar o gravador de CD/DVD a Cdrskin/Brasero
  • Engadir algúns xogos como o Armagetron ou o Secret Mario
  • Engadir algunhas ferramentas de administración como fsarchiver, partimage, partclone
  • Engadir compatibilidade para prism2 wlan coa instalación do seu firmware
  • Modificar a mensaxe Cargando… sen usar fade o similar. En equipos con pouca potencia gráfica fai que todo tarde o dobre en cargar
  • Cambiar o tema predefinido de xanelas para os escritorios serios a fin de corrixir un erro na presentación do LibreOffice
  • Retirar Abiword e Gnumeric. Temos comprobado que os cativos desenvólvense perfectamente ben co LibreOffice
  • Preconfigurar os navegadores para poder empregar WebGL/OpenGL e WebRTC (sempre que as CPU/GPU o acepten)
  • Nova preconfiguración das iconas do LibreOffice (novo tema plano a cores Kalahari Simple)
  • Inclusión dun script para facer os axustes de acceso a disco SSD en computadores tipo Acer One A110
  • Engadir un script para o calibrado de encerados dixitais e tabletas cando existe máis dun dispositivo apuntador (a versión anterior ─xinput_calibrator─ só permite calibrar o primeiro dispositivo detectado).
  • Corrixir un bug das vistas previas (miniaturas). atril-thumbnailer agora non acepta os formatos ODP e ODT, polo que ao atopar un ficheiro coa extensión .odp ou .odt deixa de funcionar en todas as extensións.
  • Instalar o corrector gramatical LanguageTool e a súa dependencia openjdk-7-jre, aínda que no LibreOffice, a fin de aminorar a carga, está desactivado o motor Java, que terá que seren activado polo usuario (aínda que empregamos a máquina libre OpenJava, a opción a activar é a Oracle 1.7.0_45)
  • Actualizar o genxword a unha versión modificada que admite diferentes idiomas en función da variábel $LANG.
    • Este paquete foi i18n por petición nosa ao desenvolvedor e colaboramos no seu proceso.
  • Facer un script para poder aplicar as opcións da biblioteca ooopy agora que foi modificada a orde ooo_cat (para concatenar varios ficheiros de AOO/LibO nun só) para aceptar páxinas con distinto formato e orientación, así como as imaxes e táboas incluídas nelas.
    • Esta modificación foi feita a petición nosa e fixemos o traballo de testers.
  • Engadir o Word Search Creator (Creador de sopas de letras) ao que xa se lle aplicou o proceso i18n.
    • Esta modificación foi feita a petición nosa e fixemos o traballo de testers.
  • Preparar o epoptes para que sexa doado facer unha configuración en función de se o equipo é un servidor (profesor) ou un cliente (alumno)
  • Revisar a presentación do pequerrechos. Está moi agochado e pasa desapercibido para todo o mundo, hai que estudar como activalo dun xeito máis transparente, mais sen perder a súa funcionalidade.
  • Preparar unha configuración máis sinxela para unha LAN (cambiar o hostname e demais)
  • Preparar unha configuración para sincronización nunha aula, o script actual e sinxelo de máis.
  • Solicitado a «JSBSan» a creación dun aplicativo para rexiduría (xestión dos efectos sonoros) das obras teatrais das escolas. Xa fixemos as primeiras probas, chamarase Escaleta.
  • Engadir o aplicativo Vigilia desenvolvido para o PicarOS por «JSBSan». Este aplicativo é un semáforo de son ambiente, configurábel para diversos entornos (aulas/salas) e distintos usos (coloquios/exames/clases).
  • Actualizar as traducións dos: ffDiaporama (gl), Mixxx (gl), Imagination (gl, es, ca) e Songwrite2 (gl, es).
  • Corrixir o bug de gnuTLS.
  • Incorporar fontes para disléxicos.
  • Corrixir as ausencias do binario de traducción qt_ca|es|gl.qm.
  • Corrixir o ficheiro de execución do Scratch para que non quebre ao gardar son (o orixinal carga co antigo OSS).
  • Engadir novo fondo de pantallacircles para o escritorio (serio) de profesor.
  • Configurar «todos» os navegadores para que non garden o historial de navegación, contrasinais nin cookies a fin de preservar a intimidade dos rapaces, especialmente nas aulas con equipos compartidos.
  • Preinstalación do tipo de letra Ryman Eco que aforra o 30% da tinta nas impresións a papel.


Sábados Libres na Altamar, 2º ciclo

  • 9 sábados (xan, feb, mar, abr, mai, xuñ, set, out, nov) sempre no último sábado do mes.
Pedir propostas de cursos nas listas
Estas datas, agás as marcadas como  Datas confirmadas , están pendentes de confirmar polos respectivos relatores/profesores.

Coa colaboración de:


Asociación Xuvenil Altamar


Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia ─ Xunta de Galicia


GIT

Sistema de control de versións.

25 de xaneiro e 29 de marzo  Datas confirmadas 

Obradoiros dirixidos por Jesús Amieiro Becerra, enxeñeiro de telecomunicación, editor do portal Barrapunto, adicado ao software libre, á tecnoloxía e aos dereitos dixitais. Actualmente traballa como CTO na empresa Quadralia, adicada a desenvolvemento de software e de solucións de comercio electrónico.

1ª xornada ─ 25 de xaneiro ─ Introdución a Git

Horario:

Pola mañá: de 10.00 a 14.00 (faremos unha pequena parada sobre as 11.50 para botar un café)

Parada para xantar das 14h á 16h

Pola tarde: de 16.00 a 18.30 (o remate pode prolongarse en función dos contidos)

Contidos:

  • Que son os sistemas de control de versións (VCS)?
  • Arquitecturas dos VCS.
  • Git. Orixe e características.
  • Instalación nos S.O. máis frecuentes.
  • Configuración inicial.
  • Uso da axuda.
  • Inicialización e clonado dun repositorio.
  • Xestionando os cambios nun proxecto con Git.
  • Desfacendo os cambios.
  • Ignorando arquivos.
  • Navegando polos commits.
  • Ramas: creación, cambio, fusión, borrado.
  • Gardado provisional.
  • Exercicio práctico.

Para este obradoiro é necesario que levedes instalado o GIT na vosa máquina. Para saber se o tedes instalado, nunha consola executades a orde:

git --version

A instalación é moi sinxela.

  • Debian, Ubuntu e similares: sudo apt-get install git
  • Fedora e similares: sudo yum install git
  • Windows. Aconsellable instalar o msysgit, que dispón dun asistente paso a paso.
  • OS X. Aconsellable instalar o git-osx-installer.

Tras realizar a instalación é aconsellable probar que todo está ben instalado. Para sabelo simplemente executades nun terminal a orde:

git --version

Nota 1: Recomendámosvos que levedes xa instalado no voso computador o paquete GIT

Nota 2: Para a primeira xornada, o director do curso desaconsella o uso de interfaces de usuario (IGU/GUI)

1ª xornada ─ Páxina do «evento» no G+

No web de mancomun

No FB de Cultural Vigo

Nova en Código Cero


2ª xornada ─ 29 de marzo ─ Afondamento en Git

Horario:

Pola mañá: de 10.00 a 14.00 (faremos unha pequena parada sobre as 11.50 para botar un café)

Parada para xantar das 14h á 16h

Pola tarde: de 16.00 a 18.30 (o remate pode prolongarse en función dos contidos)

Contidos:

  • Revisión rápida dos conceptos do 1º obradoiro.
  • Colaborando nun servidor remoto: remote, fetch, push, pull.
  • BitBucket.
    • Crear unha conta.
    • Colaborando no servidor remoto.
  • Fluxos de traballo en Git.
  • Exercicio por parellas.
  • Alias de ordes.
  • Interfaces gráficas.
  • Depurando con Git.

Notas:

Para este obradoiro é necesario que levedes instalado Git, tal e como se explicou no obradorio anterior, e un navegador actualizado (Mozilla Firefox, Chrome, Chromium,...) para poder crear a conta e interactuar con BitBucket no exercicio por parellas.

Pedímosvos que levedes unha interface gráfica instalada.

O GUI elixido é GitEye, xa que aínda que non é libre creo que é o máis completo e que funciona nas tres principais plataformas.

A «instalación» é moi sinxela. Hai que descargar a versión axeitada (plataforma e arquitectura) dende http://www.collab.net/downloads/giteye, descomprimir o arquivo e se a JRE está ben configurada (no path) ao executar o arquivo GitEye xa arrinca a GUI.

Os únicos problemas que atopei (probeino en Windows 7 Professional 64 e en Fedora 20) foi de non ter a JRE no path e de descargar a versión que non se correspondía coa arquitectura na JRE instalada (sistema de 64 bits con JRE de 32, hai que descargar o GitEye de 32).

Para as prácticas deste obradoiro contamos coa colaboración de BitBucket, polo que haberá algunha sorpresa para os asistentes.


2ª xornada ─ Páxina do «evento» no G+

No web de mancomun

No web da OSL do CIXUG


3ª xornada ─ 17 de maio ─ Interfaces (GUI) de Git e traballo con servidor local

Horario:

Pola mañá: de 10.00 a 14.00 (faremos unha pequena parada sobre as 11.50 para botar un café)

Parada para xantar das 14h á 16h

Pola tarde: de 16.00 a 18.30 (o remate pode prolongarse en función dos contidos)

Contidos:


  • Límite de inscricións
    • Por mor da complexidade deste curso, a inscrición limítase a 24 prazas, sendo OBRIGATORIA a inscrición no corresponde formulario.


  • Infraestrutura técnica
    • Servidor con instalación de GIT e coa paquetería necesaria xa dispoñíbel por [s]ftp para non depender de descargas externas.
    • Switch/router, para acceso ao servidor GIT por parte dos asistentes, de 24 bocas.
    • Cableado eléctrico e de rede para 24 asistentes.
    • AP para acceso WiFi ao servidor e á Internet (consultas, manuais, etc...).
    • 1 pantalla e 1 videoproxector.
    • Sistema de gravación de vídeo mediante webcam.
    • Sistema de captura do PC do profesor (VGA2USB).
    • Sistema de captura de son.


Estatística con R

22 de febreiro e 26 de abril  Datas confirmadas 

Obradoiro dirixido por Miguel Branco, investigador no Depto. de Ecoloxía e Bioloxía animal, UniversidadeVigo
  • 1ª xornada ─ 22 de febreiro ─ Introdución

Horario:

Pola mañá: de 10.00 a 14.00 (faremos unha pequena parada sobre as 11.50 para botar un café)

Parada para xantar das 14h á 16h

Pola tarde: de 16.00 a 18.30 (o remate pode prolongarse en función dos contidos)

Programa:

  • Introdución
    • Historia
    • Instalación de R, os IDE (RStudio)
    • Instalación de paquetes
    • Axuda e documentación
    • (intro e traballo dende sweave ou Markdown?)
  • Entorno de traballo
  • Estrutura de datos
    • Tipos básicos de datos
    • Vectores
    • Matrices
    • Listas
    • Conxunto de datos (data frames)
  • Lectura e escritura de datos
  • Gráficos
  • Estatística
    • Datos cualitativos e cuantitativos
    • Distribución de probabilidades
    • Comprobación de hipóteses
    • Análise de varianza
    • Regresión lineal

No web de GALPon

Páxina do «evento» no G+

No web de mancomun

no web da OSL-CIXUG

No web de Analisys y decisión


  • 2ª xornada ─ 26 de abril ─ R: Entornos gráficos e creación de paquetes
Obradoiro dirixido por Miguel Anxo Rodríguez Muíños, técnico informático na Dirección Xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública. Consellería de Sanidade. Xunta de Galicia

Horario:

Pola mañá: de 10.00 a 14.00 (faremos unha pequena parada sobre as 11.50 para botar un café)

Parada para xantar das 14h á 16h

Pola tarde: de 16.00 a 18.30 (o remate pode prolongarse en función dos contidos)

Programa:

  • Introdución
    • R como linguaxe de programación (algo mais que un software estatístico)
  • Entornos de usuario para R
    • Rstudio
    • RCommander
    • Deducer
    • RKward
  • Desenvolvemento de entornos gráficos para os nosos programas
    • gWidgets2 (tcltk)
  • Distribución e publicación das nosas aplicacións: Creación de paquetes
    • Os repositorios «oficiais»
      • CRAN
      • Bioconductor
    • Creación de paquetes
      • Rtools
      • A función package.skeleton()
    • RStudio

Os obxectivos da xornada son os de:

  • Coñecer as diversas opcións de IGU existentes e para que serve cada unha delas.
  • Desenvolver os nosos propios entornos gráficos
  • Crear paquetes para publicar e distribuír os nosos programas


Nota 1: Recomendámosvos que levedes xa instalado no voso computador o software R, e RStudio

Nota 2: Outra alternativa é utilizar EpiLinux dende unha máquina virtual ou nun dispositivo/memoria USB

Nota 3: Os que pretendan seguir este obradoiro cun S.O. Windows tamén poden empregar o BioStatFLOSS Portable

  • Límite de inscricións
    • Por mor da complexidade deste curso, a inscrición limítase a 24 prazas, sendo OBRIGATORIA a inscrición no corresponde formulario.


POO

Programación orientada a obxectos con Python e Vala

31 de maio e 28 de xuño  Datas confirmadas 

Obradoiros dirixidos por Sergio Costas (aka rastersoft), desenvolvedor de diversos proxectos de SW
  • 1ª xornada ─ 31 de maio ─ Introdución ao concepto de «obxecto» e primeiros desenvolvementos.
  • 2ª xornada ─ 28 de xuño ─ Afondamento no desenvolvemento, uso de «Frameworks» para Python e Vala.

Horario:

Pola mañá: de 10.00 a 14.00 (faremos unha pequena parada sobre as 11.50 para botar un café)

Parada para xantar das 14h á 16h

Pola tarde: de 16.00 a 18.30 (o remate pode prolongarse en función dos contidos)


Despois do verán ─ Proxectos sen data (aínda) determinada


Construíndo unha impresora 3D con GALPon

Para aquelas persoas que queiran introducirse no mundo dos makers con Hardware e Software Libre

A dinámica que estamos planificando é a seguinte:

  • Adicaremos unha xornada (sábado) completa.
  • Construiremos unha impresora Prusa3 (do proxecto RepRap).
  • Os asistentes poderán agruparse en equipos.
  • Haberá unha persoa, con experiencia na construción destas máquinas, adicada a non máis de dous equipos para titorizalos.
  • Cada equipo deberá levar todos os materiais necesarios para a construción dunha impresora.
  • GALPon preparará un conxunto (kit) completo, con todo o necesario que porá a venda para quen queira aforrarse o traballo de xestionar a compra de todos os compoñentes.
  • Nota 1: Para mercar estes conxuntos (kits) completos, teredes que facer unha reserva por correo e facer un «ingreso a conta» que aínda non podemos concretar.
  • Nota 2: Oportunamente, publicaremos un listado detallado dos materiais incluídos no conxunto e as normas/condicións para facer o pedido.
  • Nota 3: O PVP deste conxunto será estritamente o de custo, incluíndo os gastos de xestión e transporte, polo que a maior número de solicitudes poderemos dispor dun mellor prezo.
Presentación do proxecto de automática/robótica con Hw Libre patrocinado por GALPon

27 de setembro ??


Hw Libre

(RaspberryPi / Arduino / Cubieboard)

Orientado ao desenvolvemento de solucións Hardware, non a software.

Data sen determinar

Obradoiro dirixido por Guillermo Cordeiro. desenvolvedor e técnico de sistemas en Tegnix.
Nota: Esta xornada ten que celebrarse despois de ter celebrada (polo menos) a primeira de POO xa que as materias precisan dos coñecemos a adquirir nela.


Bash scripting III

Data sen determinar

Obradoiro dirixido por Guillermo Cordeiro, desenvolvedor e técnico de sistemas en Tegnix
e por Miguel Anxo Bouzada, desenvolvedor e coordinador das distros GALPon MiniNo e MiniNo PicarOS.
  • Realización de interfaces gráficas con Zenity e Yad (Gtk) e KDE Dialogs.
  • Procesos de internacionalización (i18n) dos diálogos/mensaxes.
    Ou o que é o mesmo: Como facer que os nosos scripts poidan ser traducidos a diferentes idiomas en función da variable $LANG.


OSGeo ─ Open Maps

Agardando propostas do grupo xeoinquedos


Outras actividades actualmente en proceso

Obradoiro de introdución ao Software Libre e GNU/Linux na Uvigo

Cancelado por Extensión Universitaria

Como tódolos anos, novamente GALPon impartirá un Obradoiro de Iniciación ao Software Libre e GNU/Linux na Universidade de Vigo.

Este obradoiro iniciarase o 18 de febreiro e rematará o 10 de abril, o horario será de 14:00 a 16:00 tódolos martes e xoves (agás os festivos). Terá lugar no Laboratorio AS06 do edificio da E.T.S.E. Telecomunicacións


GRUVI - Grupo de Reciclaxe Informática da Universidade de Vigo

  • Desenvolvida desde o curso 2005-06 ata o curso 2013-14 (prorrogado).
  • Lugar: Universidade de Vigo
  • Descrición: Proxecto de voluntariado de recuperación de equipos informáticos da UVigo para doalos con Software Libre a entidades sociais. Participa a OVI (Oficina de Voluntariado e Integración), a OMA (Oficina de Medio Ambiente) da Universidade de Vigo e GALPon.org
  • Máis información
  • O web do GRUVI


Actividades en proceso de estudio

Scratch + Arduino


Actividades pendentes...

Documentos colaborativos

Documento consensuado do Profesorado galego de Ensinanza Primaria e Secundaria

  • Para impulsar as TIC e o Software Libre na educación en Galicia

Mais Información

Elaboración do documento consensuado dos Grupos de Usuarios de GNU/Linux galegos

  • Para impulsar o Software Libre en Galiza

Máis información


Actividades destacadas

Presenza de Richard Stallman en Vigo organizada por GALPon

Edicións da Linux-Party feitas por GALPon

Colaboracións de GALPon coa NX-Conecta


Actividades xa realizadas