Actividades

De GALPon WiKi
Ir a la navegación Ir a la búsqueda

Actividades programadas (2014)

Día da Liberdade dos Documentos

mércores 26 de marzo

(O horario aínda está por decidir, xa que está en función dos horarios do transporte do ponente. Estimamos que será arredor das 12:00-13:00 horas)

  • Escola de Enxeñaría de Telecomunicación (UniversidadeVigo) (Salón de Graos) ? ─ Pendente de confirmación
  • Conferencia sobre A necesidade de liberar a documentación académica e de investigación
  • A seguir celebrarase un debate aberto sobre a tese da conferencia, no que participarán:
    • D. Miguel Cacho, Prof. de Enxeñaría de Sistemas e Automática na Escola de Enxeñaría Industrial (UniversidadeVigo)
Forón convidados, mais agardamos a súa resposta:
D. Miguel Branco, investigador no Depto. de Ecoloxía e Bioloxía animal, UniversidadeVigo
D. Miguel Anxo Rodríguez Muíños, técnico informático na Dirección Xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública. Consellería de Sanidade. Xunta de Galicia
  • Obradoiro de instalación de LibreOffice no «hall» da Escola de Enxeñaría de Telecomunicación (UniversidadeVigo) (? ─ Pendente de confirmación) a cargo da OSL-CIXUG e dos voluntarios do GRUVI


Coa colaboración de:

Escola de Enxeñaría de Telecomunicación (UniversidadeVigo)


Oficina de Software Libre da Universidade de Granada


Oficina de Software Libre das Universidades Galegas


Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia ─ Xunta de Galicia


Publicación (edición) do libro «Software Libre para xente miúda»

Este é un libro para cativos elaborado pola xente do proxecto «Sembrando Libertad» da comunidade educativa libre «Gleducar» da Arxentina, do que fixemos a tradución ao galego.

Pretendemos facer dúas edicións en papel:

Unha «tal cal» (o ideal sería acadar colaboración para 1.500-2.000 exemplares) para facérllelo chegar aos centros de ensino públicos de Galicia.
E outra que incorpore o DVD de PicarOS (o ideal sería acadar colaboración para 500-750 exemplares) para divulgación entre os pais e aulas de tecnoloxía.

Pretendemos tamén que algunha editorial se faga cargo da súa publicación ao público en xeral, a condición de que se respecte a licenza orixinal: Creative Commons Recoñecemento (CC-BY) 3.0 Unported).

Está en proceso de confirmación unha co-edición en colaboración co Proxecto Trasno


Sábados Libres na Altamar, 2º ciclo

  • 9 sábados (xan, feb, mar, abr, mai, xuñ, set, out, nov) sempre no último sábado do mes.
Pedir propostas de cursos nas listas
Estas datas, agás as marcadas como  Datas confirmadas , están pendentes de confirmar polos respectivos relatores/profesores.

Coa colaboración de:

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia ─ Xunta de Galicia


GIT

Sistema de control de versións.

25 de xaneiro e 29 de marzo  Datas confirmadas 

Obradoiros dirixidos por Jesus Amieiro Becerra, ... bio? ...
  • 1ª xornada ─ 25 de xaneiro ─ Introdución
  • 2ª xornada ─ 29 de marzo ─ Afondamento


  • Infraestrutura técnica
    • Servidor con instalación de GIT e coa paquetería necesaria xa dispoñíbel por [s]ftp para non depender de descargas externas.
    • Switch/router, para acceso ao servidor GIT por parte dos asistentes, de 24 bocas.
    • Cableado eléctrico e de rede para 24 asistentes.
    • AP para acceso WiFi ao servidor e á Internet (consultas, manuais, etc...).
    • 1 pantalla e 1 videoproxector.
    • Sistema de gravación de vídeo mediante webcam.
    • Sistema de captura do PC do profesor (VGA2USB).
    • Sistema de captura de son.


  • Límite de inscricións
    • Por mor da complexidade deste curso, a inscrición limítase a 24 prazas, sendo OBRIGATORIA a inscrición no corresponde formulario.


Nota 1: Recomendámosvos que levedes xa instalado no voso computador o paquete GIT

Nota 2: Para a primeira xornada, o director do curso desaconsella o uso de interfaces de usuario (IGU/GUI)

1ª xornada ─ Páxina do «evento» no G+

No FB de Cultural Vigo


Estatística con R

22 de febreiro e 26 de abril  Datas confirmadas 

  • 1ª xornada ─ 22 de febreiro ─ Introdución
Obradoiro dirixido por Miguel Branco, investigador no Depto. de Ecoloxía e Bioloxía animal, UVigo
  • ...
...
  • 2ª xornada ─ 26 de abril ─ Afondamento
Obradoiro dirixido por Miguel Anxo Rodríguez Muíños, técnico informático na Dirección Xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública. Consellería de Sanidade. Xunta de Galicia
  • Entornos de usuario (IGU) para R e creación de paquetes.
Falarase das diversas opcións de IGU existentes (e que serven para distintas cousas), a seguir afondarase máis nun par deles (RCommander e RStudio)… para rematar facendo paquetes co RStudio (como xerar un «package» que se poida distribuír co noso código e enviar para publicar nos repositorios «oficiais»)


Nota 1: Recomendámosvos que levedes xa instalado no voso computador o paquete R

Nota 2: Os que pretendan seguir este obradoiro cun S.O. Windows tamén poden empregar o BioStatFLOSS Portable


POO

Programación orientada a obxectos con Python e Vala

31 de maio e 28 de xuño  Datas confirmadas 

Obradoiros dirixidos por Sergio Costas (aka rastersoft), desenvolvedor de diversos proxectos de SW
  • 1ª xornada ─ 31 de maio ─ Introdución ao concepto de «obxecto» e primeiros desenvolvementos.
  • 2ª xornada ─ 28 de xuño ─ Afondamento no desenvolvemento, uso de «Frameworks» para Python e Vala.


Despois do verán ─ Proxectos sen data (aínda) determinada


Presentación do proxecto de automática/robótica con Hw Libre patrocinado por GALPon

27 de setembro ??


Hw Libre

(RaspberryPi / Arduino / Cubieboard)

Orientado ao desenvolvemento de solucións Hardware, non a software.

Data sen determinar

Obradoiro dirixido por Guillermo Cordeiro. desenvolvedor e técnico de sistemas en Tegnix.
Nota: Esta xornada ten que celebrarse despois de ter celebrada (polo menos) a primeira de POO xa que as materias precisan dos coñecemos a adquirir nela.


Bash scripting III

Data sen determinar

Obradoiro dirixido por Guillermo Cordeiro, desenvolvedor e técnico de sistemas en Tegnix
e por Miguel Anxo Bouzada, desenvolvedor e coordinador das distros GALPon MiniNo e MiniNo PicarOS.
  • Realización de interfaces gráficas con Zenity e Yad (Gtk) e KDE Dialogs.
  • Procesos de internacionalización (i18n) dos diálogos/mensaxes.
    Ou o que é o mesmo: Como facer que os nosos scripts poidan ser traducidos a diferentes idiomas en función da variable $LANG.


OSGeo ─ Open Maps

Agardando propostas do grupo xeoinquedos


Outras actividades actualmente en proceso

GRUVI - Grupo de Reciclaxe Informática da Universidade de Vigo

  • Desenvolvida desde o curso 2005-06 ata o curso 2012-13 (prorrogado).
  • Lugar: Universidade de Vigo
  • Descrición: Proxecto de voluntariado de recuperación de equipos informáticos da UVigo para doalos con Software Libre a entidades sociais. Participa a OVI (Oficina de Voluntariado e Integración), a OMA (Oficina de Medio Ambiente) da Universidade de Vigo e GALPon.org
  • Máis información
  • O web do GRUVI


Actividades en proceso de estudio

Scratch + Arduino


Actividades pendentes...

Documentos colaborativos

Documento consensuado do Profesorado galego de Ensinanza Primaria e Secundaria

  • Para impulsar as TIC e o Software Libre na educación en Galicia

Mais Información

Elaboración do documento consensuado dos Grupos de Usuarios de GNU/Linux galegos

  • Para impulsar o Software Libre en Galiza

Máis información


Actividades destacadas

Presenza de Richard Stallman en Vigo organizada por GALPon

Edicións da Linux-Party feitas por GALPon

Colaboracións de GALPon coa NX-Conecta


Actividades xa realizadas