Actividades

De GALPon WiKi
Ir a la navegación Ir a la búsqueda

Actividades programadas (2014)

Día da Liberdade dos Documentos

mércores 26 de marzo

  • Escola de Enxeñaría de Telecomunicación (UVigo) (Salón de Graos) ?
  • Conferencia sobre A necesidade de liberar a documentación académica e de investigación
  • D. Pablo Hinojosa (da OSL-UGR)
    • A seguir celebrarase un debate aberto sobre a tese da conferencia, no que participarán:
      • A prol
        • ...
        • ...
      • En oposición
        • ...
        • ...
  • Obradoiro de instalación de LibreOffice no «hall» da Escola de Enxeñaría de Telecomunicación (UVigo) a cargo da OSL-CIXUG e dos voluntarios do GRUVI ??


Publicación (edición) do libro «Software Libre para xente miúda»

Este é un libro para cativos elaborado pola xente do proxecto «Sembrando Libertad» da comunidade educativa libre «Gleducar» da Arxentina, do que fixemos a tradución ao galego.

Pretendemos facer dúas edicións en papel:

Unha «tal cal» (o ideal sería acadar colaboración para 1.500-2.000 exemplares) para facerllelo chegar aos centros de ensino públicos de Galicia.
E outra que incorpore o DVD de PicarOS (o ideal sería acadar colaboración para 500-750 exemplares) para divulgación entre os pais e aulas de tecnoloxía.

Pretendemos tamén que algunha editorial se faga cargo da súa publicación ao público en xeral, a condición de que se respecte a licenza orixinal: Creative Commons Recoñecemento (CC-BY) 3.0 Unported).

Está en proceso de confirmación unha co-edición en colaboración co Proxecto Trasno


Sábados Libres na Altamar, 2º ciclo

  • 9 sábados (xan, feb, mar, abr, mai, xuñ, set, out, nov) sempre no último sábado do mes.
Pedir propostas de cursos nas listas
Estas datas, agás as marcadas como  Datas confirmadas , están pendentes de confirmar polos respectivos relatores/profesores.


GIT

Sistema de control de versións.

25 de xaneiro e 29 de marzo  Datas confirmadas 

Obradoiros dirixidos por Jesus Amieiro Becerra, ... bio? ...
  • 1ª xornada ─ 25 de xaneiro ─ Introdución
  • 2ª xornada ─ 29 de marzo ─ Afondamento


  • Infraestrutura técnica
    • Servidor con instalación de GIT e coa paquetería necesaria xa dispoñíbel por [s]ftp para non depender de descargas externas.
    • Switch/router, para acceso ao servidor GIT por parte dos asistentes, de 24 bocas.
    • Cableado eléctrico e de rede para 24 asistentes.
    • AP para acceso WiFi ao servidor e á Internet (consultas, manuais, etc...).
    • 1 pantalla e 1 videoproxector.
    • Sistema de gravación de vídeo mediante webcam.
    • Sistema de captura do PC do profesor (VGA2USB).
    • Sistema de captura de son.


  • Límite de inscricións
    • Por mor da complexidade deste curso, a inscrición limítase a 24 prazas, sendo OBRIGATORIA a inscrición no corresponde formulario.


Nota 1: Recomendámosvos que levedes xa instalado no voso computador o paquete GIT

Nota 2: Para a primeira xornada, o director do curso desaconsella o uso de interfaces de usuario (IGU/GUI)

1ª xornada ─ Páxina do «evento» no G+

No FB de Cultural Vigo


Estatística con R

22 de febreiro e 26 de abril  Datas confirmadas 

  • 1ª xornada ─ 22 de febreiro ─ Introdución
Obradoiro dirixido por Miguel Branco, investigador no Depto. de Ecoloxía e Bioloxía animal, UVigo
  • ...
...
  • 2ª xornada ─ 26 de abril ─ Afondamento
Obradoiro dirixido por Miguel Anxo Rodríguez Muíños, técnico informático na Dirección Xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública. Consellería de Sanidade. Xunta de Galicia
  • Entornos de usuario (IGU) para R e creación de paquetes.
Falarase das diversas opcións de IGU existentes (e que serven para distintas cousas), a seguir afondarase máis nun par deles (RCommander e RStudio)… para rematar facendo paquetes co RStudio (como xerar un «package» que se poida distribuír co noso código e enviar para publicar nos repositorios «oficiais»)


Nota 1: Recomendámosvos que levedes xa instalado no voso computador o paquete R

Nota 2: Os que pretendan seguir este obradoiro cun S.O. Windows tamén poden empregar o BioStatFLOSS Portable


POO

Programación orientada a obxectos con Python e Vala

31 de maio e 28 de xuño  Datas confirmadas 

Obradoiros dirixidos por Sergio Costas (aka rastersoft), desenvolvedor de diversos proxectos de SW
  • 1ª xornada ─ 31 de maio ─ Introdución ao concepto de «obxecto» e primeiros desenvolvementos.
  • 2ª xornada ─ 28 de xuño ─ Afondamento no desenvolvemento, uso de «Frameworks» para Python e Vala.


Despois do verán ─ Proxectos sen data (aínda) determinada


Presentación do proxecto de automática/robótica con Hw Libre patrocinado por GALPon

27 de setembro ??


Hw Libre

(RaspberryPi / Arduino / Cubieboard)

Orientado ao desenvolvemento de solucións Hardware, non a software.

Data sen determinar

Obradoiro dirixido por Guillermo Cordeiro. desenvolvedor e técnico de sistemas en Tegnix.
Nota: Esta xornada ten que celebrarse despois de ter celebrada (polo menos) a primeira de POO xa que as materias precisan dos coñecemos a adquirir nela.


Bash scripting III

Data sen determinar

Obradoiro dirixido por Guillermo Cordeiro, desenvolvedor e técnico de sistemas en Tegnix
e por Miguel Anxo Bouzada, desenvolvedor e coordinador das distros GALPon MiniNo e MiniNo PicarOS.
  • Realización de interfaces gráficas con Zenity e Yad (Gtk) e KDE Dialogs.
  • Procesos de internacionalización (i18n) dos diálogos/mensaxes.
    Ou o que é o mesmo: Como facer que os nosos scripts poidan ser traducidos a diferentes idiomas en función da variable $LANG.


OSGeo ─ Open Maps

Agardando propostas do grupo xeoinquedos


Outras actividades actualmente en proceso

"GRUVI - Grupo de Reciclaxe Informática da Universidade de Vigo"

  • Desenvolvida desde o curso 2005-06 ata o curso 2012-13 (prorrogado).
  • Lugar: Universidade de Vigo
  • Descrición: Proxecto de voluntariado de recuperación de equipos informáticos da UVigo para doalos con Software Libre a entidades sociais. Participa a OVI (Oficina de Voluntariado e Integración), a OMA (Oficina de Medio Ambiente) da Universidade de Vigo e GALPon.org
  • Máis información
  • O web do GRUVI


Actividades en proceso de estudio

Scratch + Arduino


Actividades pendentes...

Documentos colaborativos

"Documento consensuado do Profesorado galego de Ensinanza Primaria e Secundaria

  • Para impulsar as TIC e o Software Libre na educación en Galicia

Mais Información

Elaboración do documento consensuado dos Grupos de Usuarios de GNU/Linux galegos

  • Para impulsar o Software Libre en Galiza

Máis información


Actividades destacadas

Presenza de Richard Stallman en Vigo organizada por GALPon

Edicións da Linux-Party feitas por GALPon

Colaboracións de GALPon coa NX-Conecta


Actividades xa realizadas