Actividades

De GALPon WiKi
Ir a la navegación Ir a la búsqueda

Actividades programadas

Sábados libres na Altamar

Lugar:

Residencia Altamar
Ver mapa en Google Maps

Informes sobre o desenvolvemento deste ciclo

Maio, sábado 25

Páxina do evento en G+

horario: de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 18:30

Arduino 1 - Programación de Arduino
Detalle da programación:
  1. Charla/presentación da plataforma de hardware libre Arduino.
  2. Iniciación ao entorno de programación «procesing».
  3. Realización dos distintos exemplos dispoñíbeis na páxina de Arduino.
    • Escritura nunha saída dixital (acender un led)
    • Lectura nunha entrada dixital (probas cun pulsador)
    • Lectura de valores analóxicos (sensor de temperatura lm133)
    • Escritura PWM nunha saída dixital (facer soar un zumbador)
  4. Tutorial das diferentes «shields» que existen para Arduino.
  5. Exemplos de proxectos que se apoyan nesta plataforma.
    • Proxecto RepRap
    • PrintBot
    • QuadCopters.
    • Openpipi
    • Micro satelites.
    • Opendomo / CanBus
    • Lottie Lemon
  6. Integración con outras plataformas
    • Android
    • Raspberry

Obradoiro dirixido por Guillermo Cordeiro, socio de GALPon e técnico de sistemas.


Esta actividade forma parte das actividades que GALPon realiza ao abeiro do convenio de colaboración asinado coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA), e incluídas no Plan de Acción de Software Libre 2013 da Xunta de Galicia.

Xuño, sábado 29

Páxina do evento en G+

horario: de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 18:30

RaspberryPi, outro concepto de computador
Nota importante:

Por mor da dispoñibilidade de espazo e en previsión dun exceso de aforo, o que faria moi dificil o seguimento do obradoiro, para esta actividade será preciso formalizar unha inscrición na correspondente folla de inscricións.

Asemade, agradecemos que os que vos inscribades ou pensedes facelo, indiquédelo na páxina do «Evento en G+» nas opcións «Si» ou «Quizais» da consulta «Vas asistir?»

Detalle da programación:
  • Introdución:
  1. Presentación da plataforma, diferencia de versións
  2. Uso básico de RaspberryPi
    1. Instalación estándar da imaxe do S.O.
    2. Instalación do S.O. empregando NOOBS
      1. Archlinux
      2. Pidora
      3. Raspbian
      4. Raspbmc
      5. Openelec
    3. Instalación manual do S.O. sobre dispositivos USB (memoria flash e/ou disco ríxido externo)
    4. Servidor FTP
    5. Axustes avanzados na Raspberry Pi
  3. Achegamento a Android Pi
Poñentes: Guillermo Cordeiro e Miguel Bouzada, socios de GALpon
  • Tema 1:
Creación dun Cluster de computación con varias RaspberryPi
Poñente: Xabier Villar, socio de Inestable
  • Tema 2:
Instalación dun NAS «OMV» en RapberryPi
  1. S.O. base
  2. Alixeiramento do S.O. base
    1. Uso de imaxes alixeiradas (non oficiais)
      • Moebius
      • by darkbasic
      • drazbian by DraZtiK (nucleo 3.6.11+ e driver Broadcom 358397 sobre a darkbasic)
  3. Instalación de OpenMediaVault
    1. Preparación de repositorios
    2. Configuración da rede
    3. Acceso desde equipo remoto
    4. Rasperry Pi chiando a información no inicio (achegamento)
Poñentes: Miguel Bouzada e equipo MiniNo
  • Tema 3:
Instalación dun sevidor FTP e dun cliente Torrent en RaspberryPi
Poñentes: Guillermo Cordeiro e Miguel Bouzada, socios de GALpon
Nota moi importante

A exposición destes tres temas pode que non sexa lineal, senón que solapense entre eles, xa que nalgún deles hai tempos mortos moi importantes por mor de compilacións ou de instalacións moi longas.


Esta actividade forma parte das actividades que GALPon realiza ao abeiro do convenio de colaboración asinado coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA), e incluídas no Plan de Acción de Software Libre 2013 da Xunta de Galicia.

Setembro, sábado 28

Páxina do evento en G+

horario: de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 18:30

VIM + Bash - Iniciación á programación de «bash scripting»
Vim é un editor de ficheiros de textos moi versátil, cunha gran flexibilidade á hora de escribir scripts, modificar ficheiros de texto, etc... mais, especialmente, á hora de programar.
Bash (Bourne Again Shell) é o interprete de ordes predeterminado na maioría de distribucións GNU/Linux
Nota importante:

Por mor da dispoñibilidade de espazo e en previsión dun exceso de aforo, o que faria moi dificil o seguimento do obradoiro, para esta actividade será preciso formalizar unha inscrición na correspondente folla de inscricións.

Asemade, agradecemos que os que vos inscribades ou pensedes facelo, indiquédelo na páxina do «Evento en G+» nas opcións «Si» ou «Quizais» da consulta «Vas asistir?»

Detalle da programación:

Primeiro bloque (mañá)

Iniciación a Vim
  • Interface modal
  • Ordes de desprazamento
  • Ordes de manipulación de texto
  • Usando o sistema de axuda
  • Xanelas e búferes
  • Configuración
  • Engadidos

Segundo bloque (tarde)

Iniciación a Bash
Nota: todos os exercicios realizaranse con «vim» como editor.
  • Definición e asignación de variábeis
  • Estruturas de control «case», «if», «select»
  • Bucles «for», «while» e «until»
  • funcións, ...


Esta actividade forma parte das actividades que GALPon realiza ao abeiro do convenio de colaboración asinado coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA), e incluídas no Plan de Acción de Software Libre 2013 da Xunta de Galicia.

Outubro, sábado 26

Páxina do evento en G+

horario: de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 18:30


Nota importante:

Por mor da dispoñibilidade de espazo e en previsión dun exceso de aforo, o que faría moi difícil o seguimento do obradoiro, para esta actividade será preciso formalizar unha inscrición na correspondente folla de inscricións.

Asemade, agradecemos que os que vos inscribades ou pensedes facelo, indiquédelo na páxina do «Evento en G+» nas opcións «Si» ou «Quizais» da consulta «Vas asistir?»

Arduino Connect
  • Obradoiro práctico para a conexión da plataforma Arduino a diferentes tipos de rede: Bus-Can, Bluetooth, Ethernet, Wifi, ...
Detalle da programación:
  • Presentación
    • Unha pequena charla para falar dos diferentes métodos de conexión que se usaran na xornada:
      • Serial (USB).
      • I2C.
      • GSM.
      • Bluetooth.
      • Ethernet.
      • RFID.
  • Obradoiro
    • Crearanse grupos para traballar nos diferentes métodos de conexión. Para facer o máis amena posible a xornada tentarase que cada grupo chegue a traballar coas 6 conexións.


Esta actividade forma parte das actividades que GALPon realiza ao abeiro do convenio de colaboración asinado coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA), e incluídas no Plan de Acción de Software Libre 2013 da Xunta de Galicia.

Novembro, sábado 30

[ Páxina do evento en G+]

horario: de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 18:30


Uso avanzado de «Vi»
Detalle da programación:

En proceso de redacción


Esta actividade forma parte das actividades que GALPon realiza ao abeiro do convenio de colaboración asinado coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA), e incluídas no Plan de Acción de Software Libre 2013 da Xunta de Galicia.


Proxecto conxunto dos GUL

Para celebrar:

  • Día da Liberdade do Software
    • Está proposto nas listas da FSF para o sábado 21 de setembro.

No seu momento, os GUL participantes nesta proposta, presentaremos os proxectos de xeito conxunto.


Potenciamento do proxecto de solidariedade social no eido das TIC «GALPon MiniNo»

Dentro deste epígrafe presentamos 3 actividades:

  • Unha conferencia de desenvolvedores (III minino-devconf)
  • Realización dunha adaptación da GALPon MiniNo aos dispositivos ARM, con especial adicación aos RaspberryPi (minino4π, minino4pi)
  • Actualización da actual PicarOS 2012 a unha nova PicarOS «Diego» (2013)


Esta actividade forma parte das actividades que GALPon realiza ao abeiro do convenio de colaboración asinado coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA), e incluídas no Plan de Acción de Software Libre 2013 da Xunta de Galicia.

III minino-devconf

Descrición

Esta terceira xuntanza de desenvolvedores de GALPon MiniNo terá lugar duránte as datas de semana santa ou ao longo do verán en data e lugar aínda sen determinar.

Durante o transcurso da mesma, os coordinadores exporán a súa visión e os seus proxectos para a próxima versión de GALPon MiniNo «minino4Rπ» ou «minino4RPi» baseada na actual v2.0 Ártabros e orientada ao seu uso nos dispositivos «RaspberryPi», a fin de avaliar os distintos eidos de traballo cara a conseguir unha mellor coordinación e efectividade.

A esta xuntanza están convidados todos os que dun xeito ou doutro forman parte, ou desexen formar parte deste proceso.

Público obxectivo

Aínda que é unha xornada adicada aos desenvolvedores de MiniNo agardamos, como en ocasións anteriores atraer a outros desenvolvedores que queren coñecer o noso traballo.

Duración e datas estimadas

Terá unha duración dunha xornada, facendoa coincidir coas datas de vacacións a fin de que poidan desprazarse os desenvolvedores de fora de Galicia.

minino4Rπ - minino4RPi -- MiniNo para RasperryPi

Descrición

Adaptación da distro GALPon MiniNo v2.0 Ártabros aos dispositivos «RaspberryPi» o que significa adaptar e recompilar todo á arquitectura ARM e a crear o sistema de inicio (boot loader).

Público obxectivo

Tralo éxito deste dispositivo, especialmente no eido da educación TIC, recibimos varias propostas neste sentido para aplicalo como «computador de aula» e tamén como «computador doméstico», en ámbolos dous casos como computador de moi baixo custo.

A nosa perspectiva e a resposta ao anuncio nas redes sociais fainos pensar en que ten o éxito asegurado.

Duración e datas estimadas

O desenvolvemento realizarase ao longo de todo o ano, agardando ter unha versión beta para mediado o mes de novembro.


PicarOS «Diego» (2013)

Descrición

Actualización e mellora da distro para cativos de 3 a 12 anos GALPon MiniNo PicarOS aproveitando os comentarios e a información do profesorado que está a empregalo.

  • Mellora do procedemento de instalación. Temos moitas solicitudes de alumnos que queren dispor del na súa casa e, neste momento, a instalación non é totalmente doada para os cativos.
  • Completar traducións.
  • Creación dun módulo «AulaSync» para a sincronización dos equipos dunha mesma aula ou localización a requisitos do profesorado, conforme as experiencias acumuladas en centros de Navarra e Zaragoza.
  • Mellora do módulo «LanzaRox» (módulo específico de PicarOS).
  • Adaptación do sistema [unique-launch] de DoudouLinux para maior sinxeleza na execución de aplicativos pos parte dos cativos.
  • Incorporación dun sistema en desconexión (offline) de consulta da Wikipedia, para os casos de nenos en situación económica crítica, ou de zonas xeográficas que non dispoñen de conexión á Internet nas súas casas (Kiwix).
  • Realización dun aplicativo para a xestión do tempo de atividade (pequerrechos).
  • Configuración dun sistema de «Control paterno» para o uso doméstico seguro por parte dos cativos.
  • Integración de «Cotovía» http://webs.uvigo.es/gtm_voz/index.php?option=com_content&view=article&id=130:cotovia&catid=43&Itemid=138&lang=gl
Público obxectivo

O obxectivo principal de PicarOS é aproveitar a base de GALPon MiniNo para adaptala ao uso escolar. É dicir, mentres que GALPon MiniNo é unha distribución de uso xenérico e destinada a usuarios de todas as idades, en PicarOS centramonos nunha poboación destino de 3-12 anos, mais mantendo na medida do posíbel a súa lixeireza e uso doado.

Está, tamén, comprobada a carencia dunha distribución destas características, especificamente orientada a os máis cativos, con contidos ludico-didácticos axeitados a súa idade.

Pensamos en que é doado superar as 2.000 descargas nun ano, dado o tirón que ten a versión actual que, a pouco máis de dous meses da súa publicación e sen publicitala, xa superou as 380 descargas por torrent máis o que poida ter sido descargado coas ligazóns «magnet» ou desde Youtube que non temos forma de contabilizalo.

Duración e datas estimadas

O desenvolvemento realizarase ao longo dos 9 primeiros meses do ano, agardando ter a versión final para o comezo do curso 2013-2014

Desenvolvemento de programa de publicacións/liberacións
Publicación beta (fins de xuño)
Publicación final ( 21 de setembro )

Faremos coincidir a publicación da versión final co Día da Liberdade do Software (SFD) e nesa mesma actividade faremos a súa presentación pública.

Conferencia obradoiro sobre «Tupí»

Descrición

Aproveitando a presenza en España do desenvolvedor principal do «Tupí» aproveitamos para traelo ata Vigo para impartir unha conferencia-demostración-obradoiro sobre o emprego do mesmo.

Público obxectivo

Aínda que pensando fundamentalmente na asistencia do profesorado de Tecnoloxía e de Plástica, estará aberto a todo o público.

A nosa intención inicial é facelo na Escola de Enxeñaría de Telecomunicación a fin de atraer tamén aos estudantes interesados no procesamento do sinal e máis concretamente os vinculados ao Grupo de Tecnoloxías Multimedia.

Duración e datas estimadas

Dias inmediatamente anteriores ou posteriores á celebración do congreso LMG (Libre Graphics Meeting) http://libregraphicsmeeting.org/2013/ (poderia ser un dos días 8,9,15 ou 16 de abril).


Refachos de vim+bash+yad

Descrición

Un refacho non é máis cun golpe de vento, unha ventada, o que en castelán coñecese como «ráfaga». A Nosa idea e facer unha serie de xuntanzas moi prácticas, nas que os asistentes vaian practicando na realización de scripts/aplicativos/programas, baixo a tutoría dun experto.

Partindo do mínimo, do xa clásico «Ola xente», cada xuntanza incrementará a dificultade, como se dun manual se tratase, ata acadar scripts complexos con integración de funcions, RegExp complexas, etc.

Cada refacho terá unha duración de 1:30 h e nunca máis de 1:45 h. A periodicidade será de unha cada mes a realizarse o derradeiro sábado de cada mes agás nos meses de xaneiro, xullo, agosto e decembro.

Público obxectivo

O máximo de asistentes será de 20, considerando como ideal 15 persoas.

Duración e datas estimadas

Todo o ano, o último sábado de cada més, agás xaneiro, xullo, agosto e decembro

Outras actividades actualmente en proceso

"GRUVI - Grupo de Reciclaxe Informática da Universidade de Vigo"

  • Desenvolvida desde o curso 2005-06 ata o curso 2012-13 (prorrogado).
  • Lugar: Universidade de Vigo
  • Descrición: Proxecto de voluntariado de recuperación de equipos informáticos da UVigo para doalos con Software Libre a entidades sociais. Participa a OVI (Oficina de Voluntariado e Integración), a OMA (Oficina de Medio Ambiente) da Universidade de Vigo e GALPon.org
  • Máis información
  • O web do GRUVI


Actividades en proceso de estudio

Scratch + Arduino


Actividades pendentes...

Documentos colaborativos

"Documento consensuado do Profesorado galego de Ensinanza Primaria e Secundaria

  • Para impulsar as TIC e o Software Libre na educación en Galicia

Mais Información

Elaboración do documento consensuado dos Grupos de Usuarios de GNU/Linux galegos

  • Para impulsar o Software Libre en Galiza

Máis información


Actividades destacadas

Presenza de Richard Stallman en Vigo organizada por GALPon

Edicións da Linux-Party feitas por GALPon

Colaboracións de GALPon coa NX-Conecta


Programando o ano que ven (2014)

Apuntamento de ideas


Día da Liberación dos Documentos

    • mércores 26 de marzo
    • Telecos (salón de graos) ?
    • Que veña J.J. Merelo ?
      • Reservar uns 1.000 - 1.200 €


Sábados Libres na Altamar, 2º ciclo

  • 9 sábados (xan, feb, mar, abr, mai, xuñ, set, out, nov) sempre no último sábado do mes.
Pedir propostas de cursos nas listas
Estas datas, agás as marcadas como  Datas confirmadas , están pendentes de confirmar polos respectivos relatores/profesores.


GIT

Sistema de control de versións.

25 de xaneiro e 29 de marzo  Datas confirmadas 

Obradoiros dirixidos por Jesus Amieiro Becerra, ... bio? ...
  • 25 de xaneiro ─ Introdución
  • 29 de marzo ─ Afondamento


  • Infraestrutura técnica
    • Servidor con instalación de GIT e coa paquetería necesaria xa dispoñíbel por [s]ftp para non depender de descargas externas.
    • Switch/router, para acceso ao servidor GIT por parte dos asistentes, de 24 bocas.
    • Cableado eléctrico e de rede para 24 asistentes.
    • AP para acceso WiFi ao servidor e á Iternet (consultas, manuais, etc...).
    • 2 pantallas e 2 videoproxectores.
    • Sistema de gravación mediante webcam.
    • Sistema de captura do PC do profesor (VGA2USB).


  • Límite de inscricións
    • Por mor da complexidade deste curso, a inscrición limítase a 24 prazas.


Estatística con R

Alternativa-1

22 de febreiro e 26 de abril

Alternativa-2

25 de outubro e 29 de novembro

  • 1ª xornada ─ Introdución
Obradoiro dirixido por Miguel Branco, investigador no Depto. de Ecoloxía e Bioloxía animal, UVigo
  • ...
...
  • 2ª xornada ─ Afondamento
Obradoiro dirixido por Miguel Anxo Rodríguez Muíños, técnico informático na Dirección Xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública. Consellería de Sanidade. Xunta de Galicia
  • Entornos de usuario (IGU) para R e a creación de paquetes.
Falarase das diversas opcións de IGU existentes (e que serven para distintas cousas), a seguir afondarase máis nun par deles (RCommander e RStudio)… para rematar facendo paquetes co RStudio (como xerar un «package» que se poida distribuír co noso código e enviar para publicar nos repositorios «oficiais»)


POO

Programación orientada a obxectos con Python e Vala.

Alternativa-1

31 de maio e 28 de xuño

Alternativa-2

26 de abril e 28 de xuño

Obradoiros dirixidos por Sergio Costas (aka rastersoft), desenvolvedor de diversos proxectos de SW
  • 1ª xornada ─ Introdución ao concepto de «obxecto» e primeiros desenvolvementos.
  • 2ª xornada ─ Afondamento no desenvolvemento, uso de «Frameworks» para Python e Vala.


Despois do verán ─ Proxectos sen data determinada


Presentación do proxecto de automática/robótica con Hw Libre patrocinado por GALPon

27 de setembro ??


Hw Libre

(RaspberryPi / Arduino / Cubieboard)

Orientado ao desenvolvemento de solucións Hardware, non a software.

Data sen determinar

Obradoiro dirixido por Guillermo Cordeiro. desenvolvedor e técnico de sistemas en Tegnix.
Nota: Esta xornada ten que celebrarse despois de ter celebrada (polo menos) a primeira de POO xa que as materias precisan dos coñecemos a adquirir nela.


Bash scripting III

Data sen determinar

Obradoiro dirixido por Guillermo Cordeiro, desenvolvedor e técnico de sistemas en Tegnix
e por Miguel Anxo Bouzada, desenvolvedor e coordinador das distros GALPon MiniNo e MiniNo PicarOS.
  • Realización de interfaces gráficas con Zenity e Yad (Gtk) e KDE Dialogs.
  • Procesos de internacionalización (i18n) dos diálogos/mensaxes.
    Ou o que é o mesmo: Como facer que os nosos scripts poidan ser traducidos a diferentes idiomas en función da variable $LANG.


OSGeo ─ Open Maps

Agardando propostas do grupo xeoinquedos

Actividades xa realizadas