Actividades
Actividades realizadas durante o 2017
Cartografando OpenStreetMap nos Institutos de Vigo
[Proposta 1 do Convenio]
Descrición
Programa adicado a facer que o alumnado de ensino medio coñeza, nun principio, o proxecto OpenStreetMap e animalos a colaborar na súa edición. Para elo contamos coa colaboración do grupo Xeoinquedos (capítulo galego de Geoinquietos).
Este programa constou de dous ciclos, un primeiro realizado os días 22 e 23 de maio (luns e martes), nos que se fixeron unhas charlas/obradoiro en tres institutos de Vigo.
- Luns 22
- Pola mañá estivemos no IES Alexandre Bóveda, sito na rúa Cuntis s/n 36209 (Coia)
- Pola tarde estivemos no IES do Castro de Vigo, sito na rúa José Gómez Posada Curros, nº 1 - 36203 (O Castro)
- Martes 23
- Pola mañá estivemos no IES A Guía, sito na Avda. Dona Fermina nº 1 36207 Vigo (Teis)
As charlas orientaranse cara a explicación de en que consiste o proxecto OpenStreetMap, cunha introdución á información xeográfica e as vantaxes dos mapas para transmitir información, así como a importancia de que os datos, igual que o software, sexan libres, vendo algúns exemplos do seu uso e unha demostración de como editar información neste mapa colaborativo.
Tralo remate de cada charla/obradoiro, fíxoselle as rapazas e rapaces a encomenda de ir aportando datos cartográficos para mellorar as zonas de influencia dos seus respectivos Institutos e daqueles lugares aos que se despracen. Deixámoslles a todas e todos un chisco de traballo, xa que preparamos un pequeno concurso, con algún agasallo, para que durante as próximas tres semanas conseguiran ser os que máis achegas fixeran a OSM no seu centro.
A volta de 21 días, concretamente o luns e o martes 12 e 13, pasamos de novo polos centros de ensino, a fin de que nos consultasen calquera problema que tiveran durante o cartografado ou rexistro dos PoI, e facerlle entrega as persoas gañadoras do seu agasallo e dun diploma conmemorativo.
Temos que agradecer non só a boa acollida e facilidades que nos deron nos centros para poder realizar esta actividade e achegar este proxecto de software libre ao seu alumnado, Senón tamén a implicación do mestrado facendo actividades na aula tendentes a reforzar a nosa acción de promoción.
Documentación
A documentación elaborada polos distintos profesores/directores dos obradoiros, está aloxada neste mesmo wiki e no GIT de Xeoinquedos
Asistencia
- IES Alexandre Bóveda
- Un grupo 30 persoas de 1º Bacharelato
- IES do Castro de Vigo
- Tres grupos de 30 persoas (cada un) de 4º de ESO e 1º de Bacharelato
- IES A Guía
- Un grupo de 25 persoas de 1º Bacharelato
Datos finais
| Total de editores | Conxuntos de cambios | Cambios no mapa |
|---|---|---|
| 59 | 1 071 | 10 744 |
Difusión
Blog de tecnoloxía do IES Alexandre Bóveda
Imaxes
Coa colaboración de:
Xeoinquedos
Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia ─ Xunta de Galicia
Este obradoiro forma parte das actividades que GALPon realiza no marco do convenio de colaboración asinado coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA), e incluídas no Plan de Acción de Software Libre 2017 da Xunta de Galicia.
Proxectos MiniNo e PicarOS
[Proposta 2 do Convenio]
Sobre MiniNo Alguadaira (1.2.3)
Tras ser declarada obsoleta vai xa dous anos, pasámola ao repositorio de reserva.
Sobre MiniNo Ártabros (2.1)
Mantemos as dúas versións que tiñamos, mais xa non lle faremos ningunha actualización.
Nova versión Queiles (3.0)
Publicaremos dúas versións:
- Unha «estándar de 32bits» que mantén o núcleo modificado de 32 bits e que precisará seren gravada nun DVD ou USB
- Outra «experimental co núcleo de 64bits» substituímos o núcleo de Debian polo de Licoris. Precisará seren gravada nun DVD ou USB
As dúas versións empregarán a base Debian 8 (Jessie).
Por mor da cantidade de problemas que nos estaba a dar, especialmente coa reprodución de vídeos de Youtube, eliminamos o navegador Midori. No seu lugar deixamos configurada a base, para que quen o desexe poida instalar doadamente Tor Browser simplemente executando na terminal
sudo apt install torbrowser-launcher
ou mediante Synaptic instalar «torbrowser-launcher» (acordarse de actualizar os repositorios antes). Non o instalamos definitivamente xa que no inicio hai que facer unha mínima configuración que depende de cada caso en concreto e, incluso, hai quen nunca o usa por non comprender a forma de funcionamento da rede Tor.
Para os que teñen especial interese na preconfiguración de Tor Browser, seguimos as indicacións de: https://www.torproject.org/docs/debian.html.en#ubuntu coa modificación de que a última liña aplicada foi, simplemente:
$ sudo apt install deb.torproject.org-keyring
xa que «tor» instálase como dependencia de «torbrowser-launcher»
Tamén fixemos unha substitución, cambiando UMPlayer, que quedou bastante obsoleto, por SMPlayer.
Na versión experimental fíxose unha importante modificación do «script» minino-traspasa, a fin de poder xerar instalacións en USB que poidan arrincar en equipos con BIOS (antiga) ou con EFI (moderna).
Difusión
- Info actualizada en Distrowatch
- Vídeo review (en inglés) en Youtube)
- Blog «trastetes» (adicado a Ubuntu)
Información da publicación
- Publicación na web de GALPon → galego
- Publicación no web de MiniNo → galego
- Publicación no web de MiniNo → castelán
- Publicación no web de MiniNo → inglés
Sobre PicarOS Diego 2017
Fixémoslle unha revisión da paquetería, con novos materiais educativos, e unha actualización a fondo.
Actualizacións de paquetes:
- Firefox
- Chrome
- Xorg
- Firmware
- Openshot
- Freetux
- Kataluga
- Katalekto
- Gparted
- Kiwix
- FetTimetable
- Scratch2
- Opensankoré
- Vue
- Gdisk, mtools, live-boot, udev, etc...
- Continuamos sen systemd
Novos programas engadidos:
- Kernel 4.6.1 en 32bit (sen PAE) e 64bit (con PAE) (mantense o 3.10 por se a alguén lle vai mellor e o prefire)
- Kdenlive (editor avanzado de vídeo)
- Huayra Caripela (crear avatares facilmente)
- Huayra Compartir (compartir arquivos na rede local)
- Reloxo conta atrás con música
- Foto puzzle (crea un quebracabezas a partires dunha imaxe)
- Anagramarama (xogo de palabras)
- Huayra Stopmotion
- LenMus (curso de música)
- OggBikoiztu (sixelo programa para crear dobraxes)
- Bingoedu (programa para crear bingos e xogar no EDI)
- Picapalabra (programa que simula o famoso xogo televisivo)
- Controladores para as tabletas Wacom
- Recompilador de imaxes
- Impressive! (presentar PDF rapidamente)
- Compresor de PDF
- X2goclient/server para aproveitar equipos realmente vellos como terminais
- Identinet, cambio fácil do teu nome na rede local
- Programar tarefas (p. ex. apagar a certa hora o equipo)
- Programa que elimina os ficheiros idénticos dun cartafol
- Recuperador de ficheiros borrados en tarxetas, pendrives ou discos duros
Arranxos e axustes en varios programas:
- Copiar ao portapapeis unha captura de pantalla
- Convertedor de imaxes
- Freetux, engadidos canles españois
- Desfeita a incompatibilidade que había entre Openshot e Kdenlive
- Descargador de Youtube
- P2P Filetea
- Axustado Opensankoré para que admita unha webcam de visor de documentos e configuración para non ter problemas coas importacións/exportacións.
- Axuste en Aula de informática
- Axuste en Java para que abra correctamente desde Firefox
- Aumentado tamaño de Alea
- Engadido Ublock como bloqueador de publicidade
- Engadidos novos estilos de escritorio (MATE, Air, Tablet) coas súas correspondentes configuracións.
Difusión
- Info actualizada en Distrowatch
- Vídeo review (en inglés) en Youtube)
- Blog «trastetes» (adicado a Ubuntu)
Información da publicación
- Publicación na web de GALPon → galego
- Publicación no web de MiniNo → galego
- Publicación no web de MiniNo → castelán
- Publicación no web de MiniNo → inglés
Resumo de descargas das tres distribucións
No momento de redactar este documento (domingo 26 de outubro de 2014)
Captura da pantalla de descargas en modo de administración, as cifras entre parénteses corresponden coas descargas.
Coa colaboración de:
Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia ─ Xunta de Galicia
Este obradoiro forma parte das actividades que GALPon realiza no marco do convenio de colaboración asinado coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA), e incluídas no Plan de Acción de Software Libre 2017 da Xunta de Galicia.
Actividades pendentes...
...
...
Documentos colaborativos
Documento consensuado do Profesorado galego de Ensinanza Primaria e Secundaria
- Para impulsar as TIC e o Software Libre na educación en Galicia
Elaboración do documento consensuado dos Grupos de Usuarios de GNU/Linux galegos
- Para impulsar o Software Libre en Galiza

