Actividades

De GALPon WiKi
Ir a la navegación Ir a la búsqueda

Actividades para 2017

Cartografando OpenStreetMap nos Institutos de Vigo

Coa colaboración de:

Xeoinquedos


Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia ─ Xunta de Galicia

Notas xerais

A dirección técnica e de produción, desta actividade foi realizada pola Xunta Directiva de GALPon, facéndose cargo da secretaría, instalacións técnicas, CM, deseños das cabeceiras das páxinas no G+ e da posta en práctica, a empresa Control Suprimir S.L.U..

Este obradoiro forma parte das actividades que GALPon realiza no marco do convenio de colaboración asinado coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA), e incluídas no Plan de Acción de Software Libre 2017 da Xunta de Galicia.

Descrición

Coa colaboración do grupo Xeoinquedos (capítulo galego de Geoinquietos) os próximos luns e martes, 22 e 23 de maio, realizaremos unhas charlas/obradoiro en tres institutos de Vigo.

Luns 22
Pola mañá estaremos no IES Alexandre Bóveda, sito na rúa Cuntis s/n 36209 (Coia)
Pola tarde estaremos no IES do Castro de Vigo, sito na rúa José Gómez Posada Curros, nº 1 - 36203 (O Castro)
Martes 23
Pola mañá estaremos no IES A Guía, sito na Avda. Dona Fermina nº 1 36207 Vigo (Teis)

A temática das charlas vai ser OpenStreetMap, cunha introdución á información xeográfica e as vantaxes dos mapas para transmitir información, así como a importancia de que os datos, igual que o software, sexan libres, coñeceran de primeira man as vantaxes da información xeográfica e o proxecto OpenStreetMap, vendo algúns exemplos do seu uso e unha demostración de como editar información neste mapa colaborativo.

Tralo remate de cada charla/obradoiro, as rapazas e os rapaces terán a encomenda de ir aportando datos cartográficos para mellorar as zonas de influencia dos seus respectivos Institutos e daqueles lugares aos que se despracen. Deixarémoslles a todas e todos un chisco de traballo, xa que preparamos un pequeno concurso, con algún agasallo, para que durante esas dúas semanas consigan ser os que máis achegas fagan a OSM no seu centro.

Temos que agradecer a boa acollida e facilidades que nos deron nos centros para poder realizar esta actividade e achegar este proxecto de software libre ao seu alumnado.

Documentación

Toda a documentación elaborada polos distintos profesores/directores dos obradoiros, estará aloxada neste mesmo wiki e no GIT de Xeoinquedos


Proxectos MiniNo e PicarOS

Estas actividades forman parte das actividades que GALPon realiza ao abeiro do convenio de colaboración asinado coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA), e incluídas no Plan de Acción de Software Libre 2014 da Xunta de Galicia.

Encontro de desenvolvedores de GALPon MiniNo e PicarOS ─ IV minino-devconf

Encontro anual dos que traballamos no desenvolvemento das 3 distribucións, para definir as liñas estratéxicas das distribucións, poñer en común os problemas que imos atopando e manter unha xornada de compañeirismo.

Cita

  • Día: sábado 26 de xullo (2014)
  • Hora: 11:00 am
  • Lugar: Sala 2, Planta 6, Edif. Eldorado (Uruguai nº 8, Vigo)
    • Asistiron 6 desenvolvedores (dos que un viu desde Murchante, Navarra, outro desde Tudela, Navarra e outro desde Sevilla), o noso deseñador, 2 betatesters (unha desde Murchante, Navarra, que ademais é a nosa tradutora ao inglés), así como 1 usuario avanzado en GNU/Linux que ademais de colaborador habitual é patrocinador.

Temas tratados

Comezamos facendo unha breve exposición do estado da arte actual. Nun primeiro lugar falamos da moi boa acollida que segue a ter a MiniNo Alguadaira, seguimos cunha exposición e debate sobre os últimos problemas xurdidos na MiniNo Ártabros e a planificación do traballo pendente para rematar a PicarOS.

Sobre MiniNo Alguadaira (1.2.3)
  • Descargas no día do encontro, revisado ás 09:20 am: 7.277
    • Versión 1.2.2
      • i486 : 3.894
      • i686 : 2.784
    • Versión 1.2.3 (publicada o 1 de xuño de 2014)
      • única i486 : 599

Tal e como decidiramos na III minino-devconf, por mor de revisar a seguranza, publicamos a revisión 1.2.3, desta volta xa só co núcleo i486, considerabamos que esta era unha versión «a extinguir», máis observando que aínda segue a seren descargada (destacar que da revisión 1.2.3, publicada o 1 de xuño deste ano, xa leva 600 descargas), seguiremos a mantela para equipos de moi baixas prestacións (o que supón computadores de máis de 12 anos).

=Sobre MiniNo Ártabros (2.1)

  • Descargas no día do encontro, revisado ás 09:20 am: 14.224
Nota: Estes datos corresponden só á versión 2.0.

Após case 2 anos, decidimos facerlle unha revisión a fondo e proceder a substituír algúns aplicativos. Neste encontro fixemos as probas previas da versión RC, acordando proceder a publicala para que a xente poida probala e facer os informes de fallos que considere. Dependendo disto, procederemos a corrixir o necesario e segundo sexan estes informes, decidir facer unha segunda RC de aquí a 10-15 días, ou proceder directamente a publicar a versión definitiva. Esta publicación final estimamos que non debera ir máis aló da semana final de agosto ou primeira de setembro.

A versión RC coa que traballamos neste encontro ten un tamaño de máis de 850 MB, o que nos presenta un serio problema, xa que queremos manter a mesma estrutura de discos CD cos 2 núcleos (486 e 686) e a posibilidade de facer unha instalación completa sen depender dunha conexión á Internet. Mais por un lado atopámonos con equipos que só poden empregar discos CD (nin DVD nin USB) e por outro, incorporáronse á lista de equipos de mais de 10 anos de antigüidade, computadores que son quen de mover ferramentas máis funcionais como LibreOffice. Isto lévanos a unha colisión de intereses, xa que facer a distro «modernizada» lévanos a necesitar preto dos 900 MB para poder empaquetalo todo, o que obriga a empregar un DVD ou un USB.

Tras analizar distintas solucións, decidimos facer dúas edicións:

  • Unha «minimal» que poida seren gravada nun CD
  • Unha «full» que precisará seren gravada nun DVD ou USB

De todos os xeitos, a edición «minimal» incorporará un script que permita, tras a instalación e estando conectado á Internet, facer unha replica da instalación «full».

Así mesmo, decidimos que a versión «minimal» manteña a mesma paquetería que a v2.0, pensada para os equipos máis modestos e a «full» inclúa LibreOffice e a mensaxería de Pidgin en substitución de Abiword, Gnumeric e Ayttm, na «minimal» manterase como predeterminado o tema gráfico de xanelas Orta-Minino e no da «full» engadiremos os temas de Mate e predeterminaremos o tema Reverse, xa que o Orta-Minino colide co tema gráfico de LibreOffice.

Salientar que, tras os últimos axustes, conseguimos reducir o consumo de RAM (nunha instalación e só co escritorio) a 65 MB, a versión anterior precisaba de 74 MB, o que supón unha redución de algo máis do 12%.

As dúas versións empregarán a base Debian 7[.6] (Whezzy)

Sobre PicarOS Diego 2014
  • Descargas no día do encontro, revisado ás 09:20 am: 4.613
    • PicarOS 2012
      • Directas: 970
      • Torrent: 326
    • PicarOS Diego 2013 (Versión inicial e primeira revisión ou B, publicada o 10/11/2013)
      • Directas: 2.186
      • Torrent: 827
    • PicarOS Diego 2013 (revisión C, publicada o 1/06/2014)
      • Directas: 304
      • Neste punto temos que agradecer a disposición de 18 usuarios a manter permanentemente activada (normalmente mediante os seus servidores multimedia) a semente «torrent»
      • As descargas por Torrent, foron desactivadas durante este encontro, posibelmente se repoñan unha vez rematada a nova versión.
Propostas de traballo

Estudio de propostas, que resultaron aceptadas por todos, para facer unha revisión moi profunda a publicar a fins de setembro ou primeiros de outubro.

=Melloras na seguridade e na intimidade
  • Engadir bloqueo de publicidade e vídeos suxeridos do Youtube no addblocks para que os cativos non accedan a vídeos inapropiados ou simplemente para non distraer a atención
  • Bloquear de forma predeterminada o panel. Xa tivemos varios casos de cativos que o teñen borrado, sen pretendelo, ao fedellar no sistema.
    • Nota 1: O sistema de bloqueo aplicado permitirá calquera cambio na sesión, máis no seguinte (re)inicio volverá cargarse a configuración gardada
    • Nota 2: Este bloqueo será desactivábel/activábel como administrador (sudo)
  • Configurar «todos» os navegadores para que non garden o historial de navegación, contrasinais nin cookies a fin de preservar a intimidade dos rapaces, especialmente nas aulas con equipos compartidos.
  • Revisar a presentación do pequerrechos. Está moi agochado e pasa desapercibido para todo o mundo, hai que estudar como activalo dun xeito máis transparente, mais sen perder a súa funcionalidade.
=Melloras na navegación
=Melloras estéticas=
  • Cambiar o tema predefinido de xanelas para os escritorios serios a fin de corrixir un erro na presentación do LibreOffice
  • Nova preconfiguración das iconas do LibreOffice (novo tema plano a cores Kalahari Simple)
  • Incorporar tipos de letra para disléxicos.
  • Engadir novo fondo de pantalla circles para o escritorio (serio) de profesor.
=Mellorar e engadir máis programas educativos ou de ocio formativo=
  • Engadir algúns xogos como o Armagetron ou o Secret Mario
  • Engadir o xogo PySioGame
  • Engadir o motor de xadrez Mango Paola
  • Actualizar o genxword a unha versión modificada que admite diferentes idiomas en función da variábel $LANG.
    • Este paquete foi i18n por petición nosa ao desenvolvedor e colaboramos no seu proceso.
  • Engadir o Word Search Creator (Creador de sopas de letras) ao que xa se lle aplicou o proceso i18n.
    • Esta modificación foi feita a petición nosa e fixemos o traballo de testers.
  • Engadir o aplicativo Escaleta desenvolvido para o PicarOS por «JSBSan». Este é un aplicativo para rexiduría (xestión dos efectos sonoros) das obras teatrais das escolas.
  • Engadir o aplicativo Vigilia desenvolvido para o PicarOS por «JSBSan». Este aplicativo é un semáforo de son ambiente, configurábel para diversos entornos (aulas/salas) e distintos usos (coloquios/exames/clases).
  • Corrixir o ficheiro de execución do Scratch para que non quebre ao gardar son (o orixinal carga co antigo OSS).
  • Engadir a tradución do Scratch 2.0 ao galego.
  • Ver de engadir pipelight (se entra na capacidade do DVD) para poder executar Tagxedo
=Melloras nas ferramentas de aula=
  • Engadir un script para o calibrado de encerados dixitais e tabletas cando existe máis dun dispositivo apuntador (a versión anterior ─xinput_calibrator─ só permite calibrar o primeiro dispositivo detectado).
  • Engadir Easystroke para os encerados dixitais
  • Preparar o epoptes para que sexa doado facer unha configuración en función de se o equipo é un servidor (profesor) ou un cliente (alumno)
  • Preparar unha configuración máis sinxela para unha LAN (cambiar o hostname e demais)
  • Preparar unha configuración para sincronización nunha aula, o script actual e sinxelo de máis.
  • Engadir servidor NX e cliente NX/x2go, para traballar con clientes lixeiros
  • Preinstalación do tipo de letra Ryman Eco que aforra o 30% da tinta nas impresións a papel.
  • Solicitada a actualización (ao desenvolvedor) do LliureX Mini-Screen, un aplicativo que: «permite interactuar coa pantalla principal do computador desde unha pequena área limitada; de modo que pode controlarse completamente un encerado dixital interactivo (PDI) sen necesidade de alcanzar fisicamente toda a súa extensión. Eliminaríase así a barreira da altura, e posibilitase o acceso ao PDI para todos».
=Melloras no plano operacional=
  • Integración de Picar SOS Un pequeno aplicativo para amosar os videotutoriais dos aplicativos incluídos en PicarOS.
  • Cambiar o gravador de CD/DVD a Cdrskin/Brasero
  • Preparar extensións de VLC
  • Engadir algunhas ferramentas de administración como fsarchiver, partimage, partclone
  • Engadir compatibilidade para prism2 wlan coa instalación do seu firmware
  • Modificar a mensaxe Cargando… sen usar fade ou semellante. En equipos con pouca potencia gráfica fai que todo tarde o dobre en cargar
  • Retirar Abiword e Gnumeric. Temos comprobado que os cativos desenvólvense perfectamente ben co LibreOffice
  • Corrixir un bug das vistas previas (miniaturas). atril-thumbnailer agora non acepta os formatos ODP e ODT, polo que ao atopar un ficheiro coa extensión .odp ou .odt deixa de funcionar en todas as extensións.
  • Instalar o corrector gramatical LanguageTool e a súa dependencia openjdk-7-jre, aínda que no LibreOffice, a fin de aminorar a carga, deixaremos desactivado o motor Java, que terá que seren activado polo usuario (aínda que empregamos a máquina libre OpenJava, a opción a activar é a Oracle 1.7.0_45)
  • Facer un script para poder aplicar as opcións da biblioteca ooopy agora que foi modificada a orde ooo_cat (para concatenar varios ficheiros de AOO/LibO nun só) para aceptar páxinas con distinto formato e orientación, así como as imaxes e táboas incluídas nelas.
    • Esta modificación foi feita a petición nosa e fixemos o traballo de testers.
  • Engadir ODPMerge
  • Actualizar as traducións dos: ffDiaporama (gl), Mixxx (gl), Imagination (gl, es, ca) e Songwrite2 (gl, es).
  • Corrixir as ausencias do binario de tradución qt_ca|es|gl.qm.

Actualización da actual MiniNo Alguadaira v1.2.2 cara unha nova versión 1.2.3

Publicada o 1 de xuño de 2014

Nova no web de MiniNo
Nova no web de GALPon
  • Revisión/Actualización da base Debian con revisión de posíbeis problemas de seguranza.
  • Cambiar repos a «archive.debian».
  • Engadida a configuración de Xorg feita para o Sony Vaio PGC-C1 XD con gráfica NeoMagic de 1280x480 px.

Actualización da actual MiniNo Ártabros 2.0 cara unha nova versión 2.1

Desta vez estará formada por dúas edicións:

  • Unha «minimal» que pode ser gravada nun CD
  • Unha «full» que precisa ser gravada nun DVD ou USB

De todos os xeitos, a edición «minimal» incorpora un script que permite, tras a instalación e estando conectado á Internet, facer unha replica da instalación «full».

A versión «minimal» mantén a mesma paquetería que a v2.0 e a «full» inclúe LibreOffice e a mensaxería de Pidgin en substitución de Abiword, Gnumeric e Ayttm, engade tamén os temas de Mate.

En ámbolos dous casos a base é a Debian 7[.6] (Whezzy)

Información da publicación da «Release Candidate»

Información da publicación da «Final»

Difusión

Changelog

Eliminado o antigo repositorio «minino.galpon.org»
Engadidos os repositorios de «backports»
Instalados os temas de «Mate»
Cambiado o tema ao «Reverse» (só na variante «full»)
Cambiado o fondo de escritorio
Corrixida a compresión/descompresión de ficheiros con «engrampa»
Instalado o «LibreOffice» (neste momento a v 4.2.5.2)  (só na variante «full»)
Instalados os temas «flat» para LibreOffice  (só na variante «full»)
Instalada a MI «Pidgin»  (só na variante «full»)
Actualizada a biblioteca «gnuTLS»
Actualizada a biblioteca «libssl»
Actualizado o sistema de «APT»
Actualizado o «Iceweasel» á última versión (neste momento a v 30.0)
Retirado o «Abiword»  (só na variante «full»)
Retirado o «Gnumeric»  (só na variante «full»)
Retirada  a MI «Ayttm»  (só na variante «full»)
Modificada a pantalla de saída/apagado
Modificada a configuración de «Tor»
Anovado todo o sistema á v 7.6 (12 de xullo de 2014)

Actualización da actual PicarOS Diego 2013 cara unha nova versión 2014

Novidades

A maior parte deste documento segue a estar ao día agás as cousas que imos comentar a seguir:

  • Temos preparado uns scripts (Menú -> Utilidades de Minino -> Aula de informática) moi sinxelos de empregar para que a tarefa de instalar PicarOS nunha aula de informática estea ao alcance de todos. Configuran a rede (nome do equipo, da un IP estático, conexión a internet), Epoptes (para o control da aula), un cartafol compartido (por samba) e a configuración dun programa que sincroniza toda a aula cun par de clics, todo isto sen necesidade de que a persoa que instala saiba nada de administración do sistema.
  • Novo entorno de escritorio (Menú -> Utilidades de Minino -> Estilo de escritorio) deseñado especialmente para os encerados dixitais interactivos.
  • PintaScreen, un programa que nos axudará no uso do EDI.
  • Vigilia, un programa que mide o volume de son da nosa aula a través dun simpático semáforo.
  • WiimoteWhiteBoard, un script que axuda a configurar o mando da Wii para crear rapidamente un encerado dixital de baixo custo.
  • Engadido un teclado virtual para usalo desde o EDI.
  • Un mini-iniciador moi práctico para buscar rapidamente ficheiros no sistema, vídeos no youtube, palabras no dicionario ou traducións a distintos idiomas.
  • Engadido tamén o easystroke, co que se pode iniciar outros programas simplemente facendo xestos sobre o EDI.
  • Engadido MiniScreen da man dos nosos compañeiros de Lliurex, que temos axustado para que funcione en PicarOS.
  • Na sección de gráficos engadimos un convertedor de imaxes para converter por lotes ficheiros png, jpeg, gif, svg ou pdf. Tamén cambiamos o gpaint que era excesivamente básico, por Pinta, máis completo e útil sen chegar á complexidade do Gimp.
  • Un programa para que os pícaros poidan facer transparente o fondo de ficheiros gráficos e poder usalos noutros programas como Scratch.
  • No eido da programación para cativos, actualizamos o Scratch á versión 2.0 e engadimos varios programas como a saga de xogos Lightbot e un iniciador que apunta cara CodeStudio, onde os máis cativos poden introducirse no mundo da programación sen necesidade de saber ler.
  • Respecto dos xogos, engadimos algúns novos, como Mango Paola, para aprender a xogar ao xadrez, ou algúns de pericia, como Mobius (unha balea que se defende dos pescadores), Pillows ou Pysiogame (para os mais miúdos). Temos engadido tamén todas as fases extra que había na web de NumpthyPhisics, creamos tamén un curso completo desde cero de mecanografía para pícaros personalizando Tuxtype.
  • Na categoría Internet, incluimos un par de iniciadores que apuntan a Filetea.me para compartir rapidamente calquera cousa con calquera persoa no momento e a Appear.in co que poderemos facer una videoconferencia sen complicacións.
  • No apartado de son, a petición de mestras de inglés, temos engadido o reprodutor Clementine, moi práctico para conseguir as letras das cancións. Engadimos tamén novos programas como Protrekkr (para crear música electrónica) e Scoredate (para adestrar o oído e a lectura de partituras).
  • Na categoría de vídeos engadimos un script que descarga calquera vídeo, lista de reprodución ou canle enteiro de Youtube e outro para conseguir os subtítulos dos vídeos de Youtube.
  • Actualizado LibreOffice á versión 4.3.1 e tras comprobar que incluso los os nenos dos cursos iniciais non teñen ningún problema en utilizalo, temos eliminado o Abiword.
  • Tamén na sección de oficina, engadimos un script que une documentos independentes, sexan ODP, ODT ou PDF.
  • Outros programas novos entran na escena como «Escaleta», un programa que axuda a controlar os efectos de son dunha obra de teatro. Palabrotas, un sinxelo programa para crear unha presentación de palabras nas que resaltar as letras que queiramos (para traballar a ortografía).
  • Katamotz, con exercicios para traballar a lectoescritura e a dislexia.
  • Engadimos un novo programa de simulación física máis sinxelo de usar chamado Physion.
  • Instalados novos tipos de letra, entre os que destacamos OpenDislexic, pensada para facilitar a lectura a persoas con dislexia.
  • Un programa para «conxelar» o escritorio e evitar modificacións por parte do usuario.
  • Actualizados Firefox e Chrome ás súas últimas versións a data de 1 de outubro. Pola súa utilidade na aula, mantemos os complementos Adblock, Screegrab e Downloadhelper. Pero ademais engadimos Pipelight para poder utilizar a famosa aplicación Tagxedo, programada por desgracia en Silverlight.
  • Instalado tamén Calendar Indicator, un frontend de Google Calendar.
  • Corriximos moitos bugs, actualizamos moitos paquetes, e fixemos moitas traducións novas.

Información da publicación

Difusión

ás 24 horas de seren publicada, figuraba como nova máis votada en «menéame»

Resumo de descargas das tres distribucións

No momento de redactar este documento (domingo 26 de outubro de 2014)

Captura da pantalla de descargas en modo de administración, as cifras entre parénteses corresponden coas descargas.

Actividades pendentes...

...

...

Documentos colaborativos

Documento consensuado do Profesorado galego de Ensinanza Primaria e Secundaria

  • Para impulsar as TIC e o Software Libre na educación en Galicia

Mais Información

Elaboración do documento consensuado dos Grupos de Usuarios de GNU/Linux galegos

  • Para impulsar o Software Libre en Galiza

Máis información

Actividades destacadas

Presenza de Richard Stallman en Vigo organizada por GALPon

Edicións da Linux-Party feitas por GALPon

Colaboracións de GALPon coa NX-Conecta

Actividades xa realizadas