Actividades

De GALPon WiKi
Ir a la navegación Ir a la búsqueda

Actividades para 2015

Sábados Libres na Altamar, 3º ciclo

  • 9 sábados (xan, feb, mar, abr, mai, xuñ, set, out, nov) sempre no último sábado do mes.

Pedidas propostas de obradoiros nas listas

Coa colaboración de:


Asociación Xuvenil Altamar


Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia ─ Xunta de Galicia

Este ciclo de Sábados Libres na Altamar, forma parte das actividades que GALPon realiza no marco do convenio de colaboración asinado coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA), e incluídas no Plan de Acción de Software Libre 2015 da Xunta de Galicia.


Estas datas, agás as marcadas como  Data(s) confirmada(s) , están pendentes de confirmar polos respectivos relatores/profesores.
Xaneiro, 31
Cociñando ROM, Android, Cyanogen, Kitchen e app, a cargo Manuel Cogolludo, da OSL da UGR.
Febreiro, 28
Editaton da Galipedia ─  Data(s) confirmada(s) 
Marzo, 28
Presentación do Proxecto de automática/robótica con Hw Libre patrocinado por GALPon ─  Data(s) confirmada(s) 
Abril, 25
soft computing / intelixencia artificial A cargo de Miriam Ruíz, desenvolvedora de Debian.
Maio, 30
Festa dos mapas (Mapping Party) de OSM
Esta edición contará con dúas actividades paralelas:
Dirixirán o obradoiro:
  • Micho García
  • Francisco P. Sampayo
Coa colaboración de Xeoinquedos capítulo galego de Geoinquietos
O obradoiro organizase do seguinte xeito:
  • 10:00 - 11:00 Explicación de OSM, como se levanta información, organización de equipos e reparto pola zona a «mapear».
  • 11:00 - 14:00 Levantamento de información no campo.
  • 16:00 - 19:30 Traballo con ordenadores para enviar a información a OSM (explicarase como utilizar os datos nos nosos propios proxectos, resolución de consultas, ...)
  • 19:30 . 20:00 Peche do obradoiro, revisión do traballo realizado.
Na medida do posíbel, os asistentes deberán levar, ademais do seu computador, calquera dos seguintes aparellos:
  • GPS
  • Móbil con GPS
  • Cámara de fotos (dixital)
En función do material deste tipo que poidamos xuntar organizaremos os equipos de traballo no campo.
Nota: O computador poderedes deixalo custodiado baixo chave na Residencia Altamar, así non teredes que cargar con el.
  • Outra para a xente que xa asistiu a anterior e terá máis traballo de campo ou un afondamento técnico (isto dependerá da dispoñibilidade da persoa que se fará cargo).
Xuño, 27
Seguridade nas comunicacións e nas transaccións en entornos libres
Este obradoiro dividirase en dous grandes grupo
  • Cifrado e descifrado de correo electrónico con GnuPG
Dirixido por (aínda por definir).
  • Sinatura electrónica con @firma, ecofirma e DNIe en entornos libres
Dirixido por Chema Casanova (@txenoo), socio de Igalia asesor de tecnoloxías libres para a administración pública.
Contidos
Cifrado e descifrado de correo electrónico con GnuPG
  • Creación das chaves pública e privada
  • Envío a depósitos de chaves
  • Cifrado dun texto
  • Descifrado dun texto
  • Uso en entornos webmail
  • Uso con xestores de correo
Sinatura electrónica con @firma, ecofirma e DNIe en entornos libres
  • Certificados Dixitais Persoais: FNMT e DNI electrónico.
  • Fundamento da sinatura electrónica e dos certificados dixitais.
  • Asinando documentos en GNU/Linux: @firma, ecofirma, etc...
  • O reto de acceder á administración electrónica con Software Libre.
  • DNI electrónico e software libre, como configuralo.
Aviso: Se alguén quere probar o seu DNI electrónico é importante que teña un certificado en vigor, a pesares de que o DNI ten validez de 5 ou 10 anos. O certificado instalado no chip caduca pasados 30 meses dende a última renovación. Polo que se temos o DNIe activado, pero nos caducou o certificado, é preciso acudir a unha comisaría de policía a renovalo nas máquinas que teñen a disposición da cidadanía nas oficina de renovación do DNI. Non é preciso facer cola para este trámite.
Info adicional: Portal Oficial sobre el DNI electrónico. Proceso de Expedición
Setembro, 26
Obradoiro para a construción dunha impresora 3D Prusa I3 Hephestos a cargo do grupo de makers de GALPon
Outubro, 31
Obradoiro, probabelmente en dúas xornadas, sobre Drupal ─ Migración desde v7 cara v8
Novembro, 28
Obradoiro sobre Bases de datos NoSQL (MariaDB, MongoDB, etc)

Actividades pendentes...

Documentos colaborativos

Documento consensuado do Profesorado galego de Ensinanza Primaria e Secundaria

  • Para impulsar as TIC e o Software Libre na educación en Galicia

Mais Información

Elaboración do documento consensuado dos Grupos de Usuarios de GNU/Linux galegos

  • Para impulsar o Software Libre en Galiza

Máis información


Actividades destacadas

Presenza de Richard Stallman en Vigo organizada por GALPon

Edicións da Linux-Party feitas por GALPon

Colaboracións de GALPon coa NX-Conecta


Actividades xa realizadas