Actividades
Actividades programadas
1.- Proxecto conxunto dos GUL
Para celebrar:
- Día da Liberdade dos Documentos
- Último mércores do mes de marzo (27)
- Nota: temos que esquecelo, o día 27 é o mercores de semana santa.
- Último mércores do mes de marzo (27)
- Día de Liberdade do Software
- Está proposto nas listas da FSF para o sábado 21 de setembro.
No seu momento, os GUL participantes nesta proposta, presentaremos os proxectos de xeito conxunto.
2.- Potenciamento do proxecto de solidariedade social no eido das TIC «GALPon MiniNo»
Dentro deste epígrafe presentamos 3 actividades:
- Unha conferencia de desenvolvedores (III minino-devconf)
- Realización dunha adaptación da GALPon MiniNo aos dispositivos ARM, con especial adicación aos RaspberryPi (minino4π, minino4pi)
- Actualización da actual PicarOS 2012 a unha nova PicarOS «Diego» (2013)
III minino-devconf
Descrición
Esta terceira xuntanza de desenvolvedores de GALPon MiniNo terá lugar duránte as datas de semana santa ou ao longo do verán en data e lugar aínda sen determinar.
Durante o transcurso da mesma, os coordinadores exporán a súa visión e os seus proxectos para a próxima versión de GALPon MiniNo «minino4Rπ» ou «minino4RPi» baseada na actual v2.0 Ártabros e orientada ao seu uso nos dispositivos «RaspberryPi», a fin de avaliar os distintos eidos de traballo cara a conseguir unha mellor coordinación e efectividade.
A esta xuntanza están convidados todos os que dun xeito ou doutro forman parte, ou desexen formar parte deste proceso.
Público obxectivo
Aínda que é unha xornada adicada aos desenvolvedores de MiniNo agardamos, como en ocasións anteriores atraer a outros desenvolvedores que queren coñecer o noso traballo.
Duración e datas estimadas
Terá unha duración dunha xornada a realizarse en datas de verán, facendoa coincidir coas datas de vacacións a fin de que poidan desprazarse os desenvolvedores de fora de Galicia.
minino4Rπ - minino4RPi -- MiniNo para RasperryPi
Descrición
Adaptación da distro GALPon MiniNo v2.0 Ártabros aos dispositivos «RaspberryPi» o que significa adaptar e recompilar todo á arquitectura ARM e a crear o sistema de inicio (boot loader).
Público obxectivo
Tralo éxito deste dispositivo, especialmente no eido da educación TIC, recibimos varias propostas neste sentido para aplicalo como «computador de aula» e tamén como «computador doméstico», en ámbolos dous casos como computador de moi baixo custo.
A nosa perspectiva e a resposta ao anuncio nas redes sociais fainos pensar en que ten o éxito asegurado.
Duración e datas estimadas
O desenvolvemento realizarase ao longo de todo o ano, agardando ter unha versión beta para mediado o mes de novembro.
PicarOS «Diego» (2013)
Descrición
Actualización e mellora da distro para cativos de 3 a 12 anos GALPon MiniNo PicarOS aproveitando os comentarios e a información do profesorado que está a empregalo.
- Mellora do procedemento de instalación. Temos moitas solicitudes de alumnos que queren dispor del na súa casa e, neste momento, a instalación non é totalmente doada para os cativos.
- Completar traducións.
- Creación dun módulo «AulaSync» para a sincronización dos equipos dunha mesma aula ou localización a requisitos do profesorado, conforme as experiencias acumuladas en centros de Navarra e Zaragoza.
- Mellora do módulo «LanzaRox» (módulo específico de PicarOS).
- Adaptación do sistema [unique-launch] de DoudouLinux para maior sinxeleza na execución de aplicativos pos parte dos cativos.
- Incorporación dun sistema en desconexión (offline) de consulta da Wikipedia, para os casos de nenos en situación económica crítica, ou de zonas xeográficas que non dispoñen de conexión á Internet nas súas casas (Kiwix).
- Configuración dun sistema de «Control paterno» para o uso doméstico seguro por parte dos cativos.
- Integración de «Cotovía» http://webs.uvigo.es/gtm_voz/index.php?option=com_content&view=article&id=130:cotovia&catid=43&Itemid=138&lang=gl
Público obxectivo
O obxectivo principal de PicarOS é aproveitar a base de GALPon MiniNo para adaptala ao uso escolar. É dicir, mentres que GALPon MiniNo é unha distribución de uso xenérico e destinada a usuarios de todas as idades, en PicarOS centramonos nunha poboación destino de 3-12 anos, mais mantendo na medida do posíbel a súa lixeireza e uso doado.
Está, tamén, comprobada a carencia dunha distribución destas características, especificamente orientada a os máis cativos, con contidos ludico-didácticos axeitados a súa idade.
Pensamos en que é doado superar as 2.000 descargas nun ano, dado o tirón que ten a versión actual que, a pouco máis de dous meses da súa publicación e sen publicitala, xa superou as 380 descargas por torrent máis o que poida ter sido descargado coas ligazóns «magnet» ou desde Youtube que non temos forma de contabilizalo.
- Comentarios en blogs:
- Youtube (ver comentarios)
Duración e datas estimadas
O desenvolvemento realizarase ao longo dos 9 primeiros meses do ano, agardando ter a versión final para o comezo do curso 2013-2014
3.- Conferencia obradoiro sobre «Tupí»
Descrición
Aproveitando a presenza en España do desenvolvedor principal do «Tupí» aproveitamos para traelo ata Vigo para impartir unha conferencia-demostración-obradoiro sobre o emprego do mesmo.
Público obxectivo
Aínda que pensando fundamentalmente na asistencia do profesorado de Tecnoloxía e de Plástica, estará aberto a todo o público.
A nosa intención inicial é facelo na Escola de Enxeñaría de Telecomunicación a fin de atraer tamén aos estudantes interesados no procesamento do sinal e máis concretamente os vinculados ao Grupo de Tecnoloxías Multimedia.
Duración e datas estimadas
Dias inmediatamente anteriores ou posteriores á celebración do congreso LMG (Libre Graphics Meeting) http://libregraphicsmeeting.org/2013/ (poderia ser un dos días 8,9,15 ou 16 de abril).
4.- Obradoiro sobre «Construción dun cluster con dispositivos RaspberryPi e SwL»
Descrición
Obradoiro práctico sobre a construción dun cluster de supercomputación (?) con múltiples máquinas RaspberryPi empregando o software «Iridis-Pi» e a implementación libre de Message Passing Interface e scripts en Python para distribuir tarefas.
Público obxectivo
Aínda que o acceso será libre (agás con limitación de espazo) pensamos fundamentalmente en estudantes e técnicos de disciplinas asociadas coa administración de sistemas.
Duración e datas estimadas
O obradoiro terá unha duración de 4 horas e celebrarase nunha tarde de venres dos meses de setembro ou outubro.
5.- Arduino
Descrición
Público obxectivo
Duración e datas estimadas
6.- Refachos de vim+bash+yad
Descrición
Un refacho non é máis cun golpe de vento, unha ventada, o que en castelán coñecese como «ráfaga». A Nosa idea e facer unha serie de xuntanzas moi prácticas, nas que os asistentes vaian practicando na realización de scripts/aplicativos/programas, baixo a tutoría dun experto.
Partindo do mínimo, do xa clásico «Ola xente», cada xuntanza incrementará a dificultade, como se dun manual se tratase, ata acadar scripts complexos con integración de funcions, RegExp complexas, etc.
Cada refacho terá unha duración de 1:30 h e nunca máis de 1:45 h. A periodicidade será de unha cada mes a realizarse o derradeiro sábado de cada mes agás nos meses de xaneiro, xullo, agosto e decembro.
Público obxectivo
O máximo de asistentes será de 20, considerando como ideal 15 persoas.
Duración e datas estimadas
Todo o ano, o último sábado de cada més, agás xaneiro, xullo, agosto e decembro
Obradoiro de Programación de Arduino - OCFLOSS
Descrición
O aumento de elementos electrónicos de uso cotiá facilítanos, en gran medida, unha visión un tanto máxica ou complicada desta ciencia.
Arduino é unha plataforma libre para o desenvolvemento de proxectos onde a electrónica toma un papel principal. Pon a disposición do usuario un microcontrolador e unha interface de desenvolvemento cunha linguaxe de programación, baseada en C, moi doada de aprender.
Isto, xunto coa filosofía aberta que promove, facilita achegarse ao mundo da electrónica dunha maneira sinxela á vez que gradual. Existen multitude de proxectos que abranguen un sen fin de funcionalidades, onde o código ou os esquemas están ao dispor do interesado, xa sexa para adaptalo ao seu proxecto ou replicalo sen mais.
Ademais existen unha grande variedade de módulos que aumentan, ou complementan, as posibilidades desta ferramenta facilitando a inclusión no proxecto de comunicación wifi, ethernet ou dar asistencia a tecnoloxías RFID ou GSM, por exemplo.
A actividade organizarase en dúas xornadas de 4 horas.
- Primeira xornada: 2 horas de presentación do proxecto + 2 horas de introdución práctica.
- Segunda xornada: 4 horas de obradoiro práctico (realización dun proxecto sinxelo)
Outras actividades actualmente en proceso
"GRUVI - Grupo de Reciclaxe Informática da Universidade de Vigo"
- Desenvolvida dende Febreiro 2007 - Xullo 2011 (prorrogado).
- Lugar: Universidade de Vigo
- Descrición: Proxecto de voluntariado de recuperación de equipos informáticos da UVigo para doalos con Software Libre a entidades sociais. Participa a OVI (Oficina de Voluntariado e Integración), a OMA (Oficina de Medio Ambiente) da Universidade de Vigo e GALPon.org
- Máis información
Actividades en proceso de estudio
Scratch + Arduino
- Xornadas sobre Scratch + Arduino - Xuntanza Previa -
- Xornadas sobre Scratch + Arduino - Presentación do proxecto
Actividades pendentes...
Documentos colaborativos
"Documento consensuado do Profesorado galego de Ensinanza Primaria e Secundaria
- Para impulsar as TIC e o Software Libre na educación en Galicia
Elaboración do documento consensuado dos Grupos de Usuarios de GNU/Linux galegos
- Para impulsar o Software Libre en Galiza