Actividades
Actividades para 2016
Cartografando OpenStreetMap nos Institutos de Vigo
Coa colaboración de:
Xeoinquedos
Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia ─ Xunta de Galicia
Notas xerais
A dirección técnica e de produción, destas xornadas foi realizada pola Xunta Directiva de GALPon, facéndose cargo da secretaría, instalacións técnicas, CM, deseños das cabeceiras das páxinas no G+ e da posta en práctica, a empresa Control Suprimir S.L.U. (antes CTI TEGNIX, S.L.).
Este obradoiro forma parte das actividades que GALPon realiza no marco do convenio de colaboración asinado coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA), e incluídas no Plan de Acción de Software Libre 2017 da Xunta de Galicia.
Descrición
Coa colaboración do grupo Xeoinquedos (capítulo galego de Geoinquietos) os próximos luns e martes, 22 e 23 de maio, realizaremos unhas charlas/obradoiro en tres institutos de Vigo.
- Luns 22
- Pola mañá estaremos no IES Alexandre Bóveda, sito na rúa Cuntis s/n 36209 (Coia)
- Pola tarde estaremos no IES do Castro de Vigo, sito na rúa José Gómez Posada Curros, nº 1 - 36203 (O Castro)
- Martes 23
- Pola mañá estaremos no IES A Guía, sito na Avda. Dona Fermina nº 1 36207 Vigo (Teis)
A temática das charlas vai ser OpenStreetMap, cunha introdución á información xeográfica e as vantaxes dos mapas para transmitir información, así como a importancia de que os datos, igual que o software, sexan libres, coñeceran de primeira man as vantaxes da información xeográfica e o proxecto OpenStreetMap, vendo algúns exemplos do seu uso e unha demostración de como editar información neste mapa colaborativo.
Tralo remate de cada charla/obradoiro, as rapazas e os rapaces terán a encomenda de ir aportando datos cartográficos para mellorar as zonas de influencia dos seus respectivos Institutos e daqueles lugares aos que se despracen. Deixarémoslles a todas e todos un chisco de traballo, xa que preparamos un pequeno concurso, con algún agasallo, para que durante esas dúas semanas consigan ser os que máis achegas fagan a OSM no seu centro.
Temos que agradecer a boa acollida e facilidades que nos deron nos centros para poder realizar esta actividade e achegar este proxecto de software libre ao seu alumnado.
Actividades pendentes...
Documentos colaborativos
Documento consensuado do Profesorado galego de Ensinanza Primaria e Secundaria
- Para impulsar as TIC e o Software Libre na educación en Galicia
Elaboración do documento consensuado dos Grupos de Usuarios de GNU/Linux galegos
- Para impulsar o Software Libre en Galiza
Actividades destacadas
Presenza de Richard Stallman en Vigo organizada por GALPon
Edicións da Linux-Party feitas por GALPon
Colaboracións de GALPon coa NX-Conecta