Actividades
Actividades para 2015
Sábados Libres na Altamar, 3º ciclo
- 9 sábados (xan, feb, mar, abr, mai, xuñ, set, out, nov) sempre no último sábado do mes.
Pedidas propostas de obradoiros nas listas
Coa colaboración de:
Asociación Xuvenil Altamar
Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia ─ Xunta de Galicia
Este ciclo de Sábados Libres na Altamar, forma parte das actividades que GALPon realiza no marco do convenio de colaboración asinado (en fase de propostas) coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA), e incluídas no (futuro) Plan de Acción de Software Libre 2015 da Xunta de Galicia.
Mapa (OSM) no que situar a Residencia Altamar
| Estas datas, agás as marcadas como Data confirmada , están pendentes de confirmar polos respectivos relatores/profesores. |
Xaneiro, 31 ─ Programación de Arduino & Arduino Connect
Realizado
O obradoiro estará dirixido por Guillermo Cordeiro, socio de GALPon e técnico de sistemas.
Contidos:
- 1.- Presentación da plataforma de hardware libre Arduino.
- 2.- Iniciación ao entorno de programación «procesing».
- 3.- Realización dos distintos exemplos dispoñíbeis na páxina de Arduino.
- Escritura nunha saída dixital (acender un led)
- Lectura nunha entrada dixital (probas cun premedor)
- Lectura de valores analóxicos (sensor de temperatura lm133)
- Escritura PWM nunha saída dixital (facer soar un zumbador)
- 4.- Titorial das diferentes «shields» que existen para Arduino.
- 5.- Exemplos de proxectos que se apoian nesta plataforma.
- Proxecto RepRap
- PrintBot
- QuadCopters.
- Openpipi
- Micro satélites.
- Opendomo / CanBus
- Lottie Lemon
- 6.- Integración con outras plataformas
- Android
- Raspberry
A organización disporá de elementos Arduino para as prácticas por parte dos asistentes, mais, quen queira, poderá levar o seu propio material.
DIFUSIÓN
INSCRICIÓNS
| Prazas dispoñíbeis: | 24 + 4(ORG) |
| Total inscritos: | 37 |
| Dos que: | |
| Pertencen á organización: | 4 |
| Só para 1/2 xornada: | 2 |
| En lista de espera: | 6 |
| Admitidos (agás organización): | 24 |
| Renunciaron á praza asignada: | 7 |
| Rexeitados por exceso de capacidade: | 1 |
| Asistentes (totais): | 28 |
| Fallaron: | 1 |
Nota 1: Un asistente non se inscribira previamente, formalizándoa na mesma actividade.
Nota 2: Non se considera como inscrito(s) ao(s) coordinador(es)
DOCUMENTACIÓN
Ver a documentación do obradoiro do sábado 25 de maio de 2013
Febreiro, 28 ─ Primeira Editatón da Galipedia
Realizado
É recomendábel que todos levedes xa creado o voso usuario na Galipedia.
- Accedede á páxina principal e, na parte superior dereita, premede en Crear unha conta
- Cubride os campos solicitados, e tras premer en Crear a conta recibiredes no voso correo unha ligazón para confirmar o rexistro.
- Importante: Non esquezades o voso nome de usuario e o contrasinal. :-)
Esta editatón é coordinada e dirixida polos administradores da Galipedia.
Mapa da localización desta actividade
Para que editar a Galpedia?
- Para que todo o coñecemento estea dispoñíbel libremente e en galego.
- Para mellorar algún dos 119.340 artigos da Galipedia.
- Para difundir o galego por todo o mundo.
- Para amañar erros lingüísticos.
- Para enriquecer os artigos engadindo imaxes e vídeos.
Propostas de traballo
Artigos que mellorar
- Software libre
- Open Street Map
- Arduino
- Inkscape
- GIMP
- Creative Commons
- Copyleft
- Chamilo
- MySQL
- Proxecto GNU
- GNU (sistema operativo)
Artigos que crear
- Software privativo
- Copiade, malditos!
- MOOC
- Cultura libre
- Datos abertos
- Licenzas Creative Commons
- Hardware libre
- Arquitectura aberta
- Bitcoin
- Educación aberta
- Impresora 3D
DIFUSIÓN
Info detallada da xornada, na Galipedia
No web de GALPon (chamada aos docentes)
No web de GALPon (publicación da actividade)
INSCRICIÓNS
| Prazas dispoñíbeis: | 20 + 4(ORG) |
| Total inscritos: | 12 |
| Dos que: | |
| Pertencen á organización: | 2 |
| Xa son editores da Galipedia: | 3 |
| Son docentes: | 2 |
| En lista de espera: | 0 |
| Admitidos (agás organización): | 10 |
| Renunciaron á praza asignada: | 0 |
| Rexeitados por exceso de capacidade: | 0 |
| Asistentes (totais): | 12 |
| Fallaron: | 0 |
| Participaron en liña
(Inscritos na páxina da Galipedia): |
3 |
Nota: Non se considera como inscrito(s) ao(s) coordinador(es)
Abril, 11 ─ Seguridade nas comunicacións e nas transaccións en entornos libres
Realizado
Por mor das datas festivas de semana santa, co engadido de seren o mesmo 28 de marzo festa en Vigo, pola celebración do Día da Reconquista, desprazase esta xornada para esta nova data.
Este obradoiro dividirase en dous bloques:
- Cifrado e descifrado de correo electrónico con GnuPG
- Dirixido por Julio J. Herrero Arias (aka julher).
- Sinatura electrónica con @firma, ecofirma e DNIe en entornos libres
- Dirixido por Chema Casanova (@txenoo), socio de Igalia asesor de tecnoloxías libres para a administración pública.
Contidos
- Cifrado e descifrado de correo electrónico con GnuPG
- Creación das chaves pública e privada
- Envío a depósitos de chaves
- Cifrado dun texto
- Descifrado dun texto
- Uso en entornos webmail
- Uso con xestores de correo
- Sinatura electrónica con @firma, ecofirma e DNIe en entornos libres
- Certificados Dixitais Persoais: FNMT e DNI electrónico.
- Fundamento da sinatura electrónica e dos certificados dixitais.
- Asinando documentos en GNU/Linux: @firma, ecofirma, etc...
- O reto de acceder á administración electrónica con Software Libre.
- DNI electrónico e software libre, como configuralo.
- Aviso: Se alguén quere probar o seu DNI electrónico é importante que teña un certificado en vigor, a pesares de que o DNI ten validez de 5 ou 10 anos. O certificado instalado no chip caduca pasados 30 meses dende a última renovación. Polo que se temos o DNIe activado, pero nos caducou o certificado, é preciso acudir a unha comisaría de policía a renovalo nas máquinas que teñen a disposición da cidadanía nas oficina de renovación do DNI. Non é preciso facer cola para este trámite.
Info adicional: Portal Oficial sobre el DNI electrónico. Proceso de Expedición.
DIFUSIÓN
No blog de «Seguridade na rede»
INSCRICIÓNS
| Prazas dispoñíbeis: | 20 + 4(ORG) |
| Total inscritos: | 24 |
| Dos que: | |
| Pertencen á organización: | 2 |
| En lista de espera: | 0 |
| Admitidos (agás organización): | 22 |
| Renunciaron á praza asignada: | 4 |
| Rexeitados por exceso de capacidade: | 0 |
| Asistentes (totais): | 17 |
| Fallaron: | 3 |
Nota: Non se considera como inscrito(s) ao(s) coordinador(es)
DOCUMENTACIÓN
- Presentación PDF sobre «GnuPG - GNU Privacy Guard» de Julio Herrero
- Presentación «Sinatura electrónica en entornos libres» de Chema Casanova no espazo persoal do autor
- Cartel en galego da GnuPG Email Self-Defense (autoprotección do correo).
- Podedes descargalo, incluídas as fontes.
- Imprimídeo e difundídeo
Abril, 25 ─ Administración dun sitio con Drupal
Realizado
A cargo de Alberto Permuy responsábel técnico da empresa Codery dedicada ao desenvolvemento web sobre Drupal e Software Libre.
XORNADA DE MAÑÁ (de 10 a 14)
- Visión xeral dun proxecto web Drupal
- Ecosistema Drupal
- Kit de ferramentas
- Boas prácticas de administración e desenvolvemento.
- Caso práctico
- Presentación do proxecto e obxectivos
- Entidades e tipos de contidos
- Administración e fluxo de traballo
XORNADA DE TARDE (de 16 a 18:30)
- Xestión eficiente Drupal
- Ferramentas básicas
- Drupal dende liña de ordes
- Instalación e actualización de módulos e «core»
- Xestión de usuarios e contidos
- Optimización Drupal
DIFUSIÓN
INSCRICIÓNS
| Prazas dispoñíbeis: | 20 + 4(ORG) |
| Total inscritos: | 21 |
| Dos que: | |
| Pertencen á organización: | 1 |
| En lista de espera: | 0 |
| Admitidos (agás organización): | 20 |
| Renunciaron á praza asignada: | 3 |
| Rexeitados por exceso de capacidade: | 0 |
| Asistentes (totais): | 16 |
| Fallaron: | 2 |
Nota: Non se considera como inscrito(s) ao(s) coordinador(es)
DOCUMENTACIÓN
Maio, 30 ─ Hardware Libre no CPI Alcalde Xosé Pichel
Data confirmada ─ En desenvolvemento
A cargo do grupo PatacaLabs (@patacalabs) do CPI Alcalde Xosé Pichel (Coristanco, A Coruña). Alumnos con idades entre 14 e 17 anos, baixo a dirección do profesor Tucho Mendez (@procastino).
Presentarán polo miúdo o traballo realizado nas aulas, describindo todo o proceso de desenvolvemento. Coa mesma abrirán todo o software desenvolvido e liberarán os esquemas de traballo. baixo licenzas GNU GPL e/ou CC By-SA.
Durante esta presentación realizaranse tres actividades prácticas coordinadas polos propios alumnos:
- Manexo de motores de continua usando o driver l293D
- Montaxe de sensores para segueliñas e lectura con Arduino
- Realización dun deseño sinxelo con OpenSCAD
Para a realización destas prácticas disporemos de hardware para prestar aos asistentes. Recomendamos que traiades instalado no voso portátil o seguinte software:
- OpenSCAD (Ligazón da descarga)
- IDE do Arduino (Ligazón da descarga)
Falarannos tamén, e isto parécenos moi importante, da experiencia de aprendizaxe desde a súa perspectiva de alumnos. Asemade o profesor Tucho Mendez falaranos da súa experiencia docente como mestre/coordinador deste grupo de (alumnos) traballo.
Este obradoiro deriva do Proxecto de automática/robótica con Hw Libre patrocinado por GALPon
No remate desta actividade, GALPon presentará a próxima convocatoria desta experiencia de colaboración.
DIFUSIÓN
[ No web de GALPon]
[ «evento» no G+]
[ No web de mancomún]
INSCRICIÓNS
| Prazas dispoñíbeis: | 20 + 4(ORG) |
| Total inscritos: | 0 |
| Dos que: | |
| Pertencen á organización: | 0 |
| En lista de espera: | 0 |
| Admitidos (agás organización): | 0 |
| Renunciaron á praza asignada: | 0 |
| Rexeitados por exceso de capacidade: | 0 |
| Asistentes (totais): | 0 |
| Fallaron: | 0 |
Nota: Non se considera como inscrito(s) ao(s) coordinador(es)
DOCUMENTACIÓN
Xuño, 27 ─ Tratamento dixital de imaxes (fotografía) en entornos libres
Data confirmada
A cargo de Andres Bott fotógrafo profesional, usuario de Software Libre e socio de GALPon.
Contidos:
- Captura
- Uso das cámaras dixitais
- .
- Procesado /manipulación
- Usando GIMP
- Usando Inkscape
- .
DIFUSIÓN
[ No web de GALPon]
[ «evento» no G+]
[ No web de mancomún]
INSCRICIÓNS
| Prazas dispoñíbeis: | 20 + 4(ORG) |
| Total inscritos: | 0 |
| Dos que: | |
| Pertencen á organización: | 0 |
| En lista de espera: | 0 |
| Admitidos (agás organización): | 0 |
| Renunciaron á praza asignada: | 0 |
| Rexeitados por exceso de capacidade: | 0 |
| Asistentes (totais): | 0 |
| Fallaron: | 0 |
Nota: Non se considera como inscrito(s) ao(s) coordinador(es)
DOCUMENTACIÓN
Setembro, 26 ─ Construción dunha impresora 3D Prusa I3 Hephestos
A cargo do grupo de makers de GALPon
Por mor da abundancia de obradoiros para a construción deste, ou semellante, tipo de impresoras, estamos a valorar a posibilidade de construír outro trebello diferente, iso si, sempre dentro do concepto de Hw Libre e con base en Arduino ou semellante. Informaremos oportunamente.
Outubro, 31 ─ Festa dos mapas (Mapping Party) de OSM
Esta edición contará con dúas actividades paralelas:
1. Unha de iniciación, ao igual que a pasada do 25/10/2013
- Dirixirán o obradoiro:
- Micho García (@michogar)
- Francisco P. Sampayo
- Coa colaboración de Xeoinquedos capítulo galego de Geoinquietos
- Dirixirán o obradoiro:
- O obradoiro organizase do seguinte xeito:
- 10:00 - 11:00 Explicación de OSM, como se levanta información, organización de equipos e reparto pola zona a cartografar».
- 11:00 - 14:00 Levantamento de información no campo.
- 16:00 - 19:30 Traballo con computadores para enviar a información a OSM (explicarase como utilizar os datos nos nosos propios proxectos, resolución de consultas, ...)
- 19:30 . 20:00 Peche do obradoiro, revisión do traballo realizado.
- Na medida do posíbel, os asistentes deberán levar, ademais do seu computador, calquera dos seguintes aparellos:
- GPS
- Móbil con GPS
- Cámara de fotos (dixital)
- En función do material deste tipo que poidamos xuntar organizaremos os equipos de traballo no campo.
- Nota: O computador poderedes deixalo custodiado baixo chave na Residencia Altamar, así non teredes que cargar con el.
2. Outra para a xente que xa asistiu a anterior e terá máis traballo de campo ou un afondamento técnico (isto dependerá da dispoñibilidade da persoa que se fará cargo)
Alternativa ─ Drupal ─ Migración desde v7 cara v8
Probabelmente en dúas xornadas
Novembro, 28 ─ Bases de datos NoSQL
MariaDB, MongoDB, ...
Actividades pendentes...
Documentos colaborativos
Documento consensuado do Profesorado galego de Ensinanza Primaria e Secundaria
- Para impulsar as TIC e o Software Libre na educación en Galicia
Elaboración do documento consensuado dos Grupos de Usuarios de GNU/Linux galegos
- Para impulsar o Software Libre en Galiza
Actividades destacadas
Presenza de Richard Stallman en Vigo organizada por GALPon
Edicións da Linux-Party feitas por GALPon
Colaboracións de GALPon coa NX-Conecta