Actividades

De GALPon WiKi
Ir a la navegación Ir a la búsqueda

Actividades para 2015

Sábados Libres na Altamar, 3º ciclo

  • 9 sábados (xan, feb, mar, abr, mai, xuñ, set, out, nov) sempre no último sábado do mes.

Pedidas propostas de obradoiros nas listas

Coa colaboración de:


Asociación Xuvenil Altamar


Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia ─ Xunta de Galicia

Este ciclo de Sábados Libres na Altamar, forma parte das actividades que GALPon realiza no marco do convenio de colaboración asinado (en fase de propostas) coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA), e incluídas no (futuro) Plan de Acción de Software Libre 2015 da Xunta de Galicia.


Mapa (OSM) no que situar a Residencia Altamar


Estas datas, agás as marcadas como  Data confirmada , están pendentes de confirmar polos respectivos relatores/profesores.

Xaneiro, 31 ─ Programación de Arduino & Arduino Connect

 Realizado 

O obradoiro estará dirixido por Guillermo Cordeiro, socio de GALPon e técnico de sistemas.

Contidos:

1.- Presentación da plataforma de hardware libre Arduino.
2.- Iniciación ao entorno de programación «procesing».
3.- Realización dos distintos exemplos dispoñíbeis na páxina de Arduino.
  • Escritura nunha saída dixital (acender un led)
  • Lectura nunha entrada dixital (probas cun premedor)
  • Lectura de valores analóxicos (sensor de temperatura lm133)
  • Escritura PWM nunha saída dixital (facer soar un zumbador)
4.- Titorial das diferentes «shields» que existen para Arduino.
5.- Exemplos de proxectos que se apoian nesta plataforma.
  • Proxecto RepRap
  • PrintBot
  • QuadCopters.
  • Openpipi
  • Micro satélites.
  • Opendomo / CanBus
  • Lottie Lemon
6.- Integración con outras plataformas
  • Android
  • Raspberry

A organización disporá de elementos Arduino para as prácticas por parte dos asistentes, mais, quen queira, poderá levar o seu propio material.

Folla de inscrición

Documento compartido en MoPad (Etherpad)

No web de GALPon

«Evento» no G+

Mancomún

Código Cero

INSCRICIÓNS
Prazas dispoñíbeis: 24 + 4(ORG)
Total inscritos: 37
Dos que:
       Pertencen á organización: 4
       Só para 1/2 xornada: 2
       En lista de espera: 6
Admitidos (agás organización): 24
Renunciaron á praza asignada: 7
Rexeitados por exceso de capacidade: 1
Asistentes (totais): 28
Fallaron: 1

Nota: Un asistente non se inscribira previamente, formalizándoa na mesma actividade.

Febreiro, 28 ─ Primeira Editatón da Galipedia

 En desenvolvemento 

É recomendábel que todos levedes xa creado o voso usuario na Galipedia.

  1. Accedede á páxina principal e, na parte superior dereita, premede en Crear unha conta
  2. Cubride os campos solicitados, e tras premer en  Crear a conta  recibiredes no voso correo unha ligazón para confirmar o rexistro.
Importante: Non esquezades o voso nome de usuario e o contrasinal. :-)

Esta editatón é coordinada e dirixida polos administradores da Galipedia.

Mapa da localización desta actividade

Preme na imaxe para ir ao mapa

Para que editar a Galpedia?
  • Para que todo o coñecemento estea dispoñíbel libremente e en galego.
  • Para mellorar algún dos 119.340 artigos da Galipedia.
  • Para difundir o galego por todo o mundo.
  • Para amañar erros lingüísticos.
  • Para enriquecer os artigos engadindo imaxes e vídeos.
Propostas de traballo
Artigos que mellorar
Artigos que crear
  • Software privativo
  • Copiade, malditos!
  • MOOC
  • Cultura libre
  • Datos abertos
  • Licenzas Creative Commons
  • Hardware libre
  • Arquitectura aberta
  • Bitcoin
  • Educación aberta
  • Impresora 3D

Info detallada da xornada, na Galipedia

«Evento» no G+

No web de GALPon (chamada aos docentes)

No web de GALPon (publicación da actividade)

Folla de inscrición

Código Cero

No web de Mancomún

Praza Pública

INSCRICIÓNS
Prazas dispoñíbeis: 20 + 4(ORG)
Total inscritos:
Dos que:
       Pertencen á organización: 2
       Xa son editores da Galipedia: 3
       Son docentes: 2
       En lista de espera: 0
Admitidos (agás organización): 20
Renunciaron á praza asignada:
Rexeitados por exceso de capacidade: 0
Asistentes (totais):
Fallaron:
Participaron en liña

      (Inscritos na páxina da Galipedia):

3

Nota:

Abril, 11 ─ Seguridade nas comunicacións e nas transaccións en entornos libres

 Data confirmada 

Por mor das datas festivas de semana santa, co engadido de seren o mesmo 28 de marzo festa en Vigo, pola celebración do Día da Reconquista, desprazase esta xornada para esta nova data.

Este obradoiro dividirase en dous bloques:

  • Cifrado e descifrado de correo electrónico con GnuPG
Dirixido por Julio J. Herrero Arias (aka julher).
  • Sinatura electrónica con @firma, ecofirma e DNIe en entornos libres
Dirixido por Chema Casanova (@txenoo), socio de Igalia asesor de tecnoloxías libres para a administración pública.

Contidos

Cifrado e descifrado de correo electrónico con GnuPG
  • Creación das chaves pública e privada
  • Envío a depósitos de chaves
  • Cifrado dun texto
  • Descifrado dun texto
  • Uso en entornos webmail
  • Uso con xestores de correo
Sinatura electrónica con @firma, ecofirma e DNIe en entornos libres
  • Certificados Dixitais Persoais: FNMT e DNI electrónico.
  • Fundamento da sinatura electrónica e dos certificados dixitais.
  • Asinando documentos en GNU/Linux: @firma, ecofirma, etc...
  • O reto de acceder á administración electrónica con Software Libre.
  • DNI electrónico e software libre, como configuralo.
Aviso: Se alguén quere probar o seu DNI electrónico é importante que teña un certificado en vigor, a pesares de que o DNI ten validez de 5 ou 10 anos. O certificado instalado no chip caduca pasados 30 meses dende a última renovación. Polo que se temos o DNIe activado, pero nos caducou o certificado, é preciso acudir a unha comisaría de policía a renovalo nas máquinas que teñen a disposición da cidadanía nas oficina de renovación do DNI. Non é preciso facer cola para este trámite.

Info adicional: Portal Oficial sobre el DNI electrónico. Proceso de Expedición.

Abril, 25 ─ Cociñando ROM, Android, Cyanogen, Kitchen, apk-tool, GeniMotion, ...

 Data confirmada 

A cargo Manuel Cogolludo Makova, técnico da Oficina de Software Libre da Universidade de Granada.

Nota: Xa que o poñente é granaíno, esta actividade desenvolverase en castelán.

  • Cocinaremos una Rom Android con la Kitchen de dsixda's y optimizada por el desarrollador de Kernel Javilonas para los nuevos Samsung, rooteo, deodexar, zipaling o eliminar Knox, entre otras funciones.
  • Apk-tool para descompactar las apk y trabajar con ellas, compactar y/o firmarlas si hiciese falta.
  • Android Studio para crear una apk Android. Más que realizar una apk, veremos su instalación en Debian Wheezy, al igual que Java. Debiendo apuntar los repositorios a Jessie, futura versión 8. Se puede utilizar cualquier distribución GNU/Linux basada en apt por su «mejor» compatibilidad para estos entornos de desarrollo, como Ubuntu o Linux Mint.
  • GenyMotion es privativo y al igual que Java de Oracle hay que aceptar sus términos y licencias, bueno, en Android Studio también hay que pasar por el aro (is Google). Nos puede servir para lanzar cualquier apk y ver in situ su funcionamiento o errores, dependiendo de la versión de Android que se este utilizando en este emulador. Para lo que se requiere de este emulador es suficiente con la versión free. La emulación Android se puede, perfectamente, realizar con Android Studio y de hecho se verá también. GenyMotion es solo por ver la facilidad de uso, arrastrar y soltar la apk dentro del propio emulador para comprobar su funcionamiento.

Maio, 30 ─ Proxecto de automática/robótica con Hw Libre patrocinado por GALPon

 Data confirmada 

A cargo do grupo PatacaLabs (@patacalabs) do CPI Alcalde Xosé Pichel (Traba, Coristanco, A Coruña). Alumnos con idades entre 14 e 17 anos e baixo a dirección do profesor Tucho Mendez (@procastino).

Presentarán polo miúdo o traballo realizado nas aulas, describindo todo o proceso de desenvolvemento. Coa mesma abrirán todo o software desenvolvido e liberarán os esquemas de traballo. baixo licenzas GNU GPL e/ou CC By-SA.

Xuño, 27 ─ Tratamento dixital de imaxes (fotografía) en entornos libres

 Data confirmada 

A cargo de Andres Bott fotógrafo profesional, usuario de Software Libre e socio de GALPon.

Contidos:

  • Captura
  • Uso das cámaras dixitais
  • .
  • Procesado /manipulación
  • Usando GIMP
  • Usando Inkscape
  • .

Setembro, 26 ─ Construción dunha impresora 3D Prusa I3 Hephestos

A cargo do grupo de makers de GALPon

Outubro, 31 ─ Festa dos mapas (Mapping Party) de OSM

Esta edición contará con dúas actividades paralelas:

1. Unha de iniciación, ao igual que a pasada do 25/10/2013

Dirixirán o obradoiro:
Coa colaboración de Xeoinquedos capítulo galego de Geoinquietos
O obradoiro organizase do seguinte xeito:
  • 10:00 - 11:00 Explicación de OSM, como se levanta información, organización de equipos e reparto pola zona a cartografar».
  • 11:00 - 14:00 Levantamento de información no campo.
  • 16:00 - 19:30 Traballo con computadores para enviar a información a OSM (explicarase como utilizar os datos nos nosos propios proxectos, resolución de consultas, ...)
  • 19:30 . 20:00 Peche do obradoiro, revisión do traballo realizado.
Na medida do posíbel, os asistentes deberán levar, ademais do seu computador, calquera dos seguintes aparellos:
  • GPS
  • Móbil con GPS
  • Cámara de fotos (dixital)
En función do material deste tipo que poidamos xuntar organizaremos os equipos de traballo no campo.
Nota: O computador poderedes deixalo custodiado baixo chave na Residencia Altamar, así non teredes que cargar con el.

2. Outra para a xente que xa asistiu a anterior e terá máis traballo de campo ou un afondamento técnico (isto dependerá da dispoñibilidade da persoa que se fará cargo)

Alternativa ─ Drupal ─ Migración desde v7 cara v8

Probabelmente en dúas xornadas

Novembro, 28 ─ Bases de datos NoSQL

MariaDB, MongoDB, ...

Actividades pendentes...

Documentos colaborativos

Documento consensuado do Profesorado galego de Ensinanza Primaria e Secundaria

  • Para impulsar as TIC e o Software Libre na educación en Galicia

Mais Información

Elaboración do documento consensuado dos Grupos de Usuarios de GNU/Linux galegos

  • Para impulsar o Software Libre en Galiza

Máis información


Actividades destacadas

Presenza de Richard Stallman en Vigo organizada por GALPon

Edicións da Linux-Party feitas por GALPon

Colaboracións de GALPon coa NX-Conecta


Actividades xa realizadas