Actividades
Actividades para 2015
Sábados Libres na Altamar, 3º ciclo
- 9 sábados (xan, feb, mar, abr, mai, xuñ, set, out, nov) sempre no último sábado do mes.
Pedidas propostas de obradoiros nas listas
Coa colaboración de:
Asociación Xuvenil Altamar
Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia ─ Xunta de Galicia
Este ciclo de Sábados Libres na Altamar, forma parte das actividades que GALPon realiza no marco do convenio de colaboración asinado coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA), e incluídas no Plan de Acción de Software Libre 2015 da Xunta de Galicia.
Mapa (OSM) no que situar a Residencia Altamar
| Estas datas, agás as marcadas como Data(s) confirmada(s) , están pendentes de confirmar polos respectivos relatores/profesores. |
- Xaneiro, 31
- soft computing / intelixencia artificial A cargo de Miriam Ruíz, desenvolvedora de Debian. Agardando a confirmación por parte de Miriam '
- Febreiro, 28
- Primeiro Editatón da Galipedia ─ Data(s) confirmada(s)
- É recomendábel que todos levedes xa creado o voso usuario.
- Accedede á páxina principal e, na parte superior dereita, premede en Crear unha conta
- Cubride os campos solicitados, e tras premer en Crear a conta recibiredes no voso correo unha ligazón para confirmar o rexistro.
- Importante: Non esquezades o voso nome de usuario e o contrasinal. :-)
- Marzo, 28
- Presentación do Proxecto de automática/robótica con Hw Libre patrocinado por GALPon ─ Data(s) confirmada(s)
- Abril, 25
- Cociñando ROM, Android, Cyanogen, Kitchen, apk-tool, Genimotion, ... a cargo Manuel Cogolludo, técnico da Oficina de Software Libre da Universidade de Granada.
- Maio, 30
- Festa dos mapas (Mapping Party) de OSM
- Esta edición contará con dúas actividades paralelas:
- 1. Unha de iniciación, ao igual que a pasada do 25/10/2013
- Dirixirán o obradoiro:
- Micho García
- Francisco P. Sampayo
- Coa colaboración de Xeoinquedos capítulo galego de Geoinquietos
- Dirixirán o obradoiro:
- O obradoiro organizase do seguinte xeito:
- 10:00 - 11:00 Explicación de OSM, como se levanta información, organización de equipos e reparto pola zona a cartografar».
- 11:00 - 14:00 Levantamento de información no campo.
- 16:00 - 19:30 Traballo con ordenadores para enviar a información a OSM (explicarase como utilizar os datos nos nosos propios proxectos, resolución de consultas, ...)
- 19:30 . 20:00 Peche do obradoiro, revisión do traballo realizado.
- Na medida do posíbel, os asistentes deberán levar, ademais do seu computador, calquera dos seguintes aparellos:
- GPS
- Móbil con GPS
- Cámara de fotos (dixital)
- En función do material deste tipo que poidamos xuntar organizaremos os equipos de traballo no campo.
- Nota: O computador poderedes deixalo custodiado baixo chave na Residencia Altamar, así non teredes que cargar con el.
- O obradoiro organizase do seguinte xeito:
- 2. Outra para a xente que xa asistiu a anterior e terá máis traballo de campo ou un afondamento técnico (isto dependerá da dispoñibilidade da persoa que se fará cargo).
- Xuño, 27
- Seguridade nas comunicacións e nas transaccións en entornos libres
- Este obradoiro dividirase en dous grandes grupo
- Cifrado e descifrado de correo electrónico con GnuPG
- Dirixido por (aínda por definir).
- Sinatura electrónica con @firma, ecofirma e DNIe en entornos libres
- Dirixido por Chema Casanova (@txenoo), socio de Igalia asesor de tecnoloxías libres para a administración pública.
- Contidos
- Cifrado e descifrado de correo electrónico con GnuPG
- Creación das chaves pública e privada
- Envío a depósitos de chaves
- Cifrado dun texto
- Descifrado dun texto
- Uso en entornos webmail
- Uso con xestores de correo
- Sinatura electrónica con @firma, ecofirma e DNIe en entornos libres
- Certificados Dixitais Persoais: FNMT e DNI electrónico.
- Fundamento da sinatura electrónica e dos certificados dixitais.
- Asinando documentos en GNU/Linux: @firma, ecofirma, etc...
- O reto de acceder á administración electrónica con Software Libre.
- DNI electrónico e software libre, como configuralo.
- Cifrado e descifrado de correo electrónico con GnuPG
- Aviso: Se alguén quere probar o seu DNI electrónico é importante que teña un certificado en vigor, a pesares de que o DNI ten validez de 5 ou 10 anos. O certificado instalado no chip caduca pasados 30 meses dende a última renovación. Polo que se temos o DNIe activado, pero nos caducou o certificado, é preciso acudir a unha comisaría de policía a renovalo nas máquinas que teñen a disposición da cidadanía nas oficina de renovación do DNI. Non é preciso facer cola para este trámite.
- Info adicional: Portal Oficial sobre el DNI electrónico. Proceso de Expedición
- Setembro, 26
- Obradoiro para a construción dunha impresora 3D Prusa I3 Hephestos a cargo do grupo de makers de GALPon
- Outubro, 31
- Obradoiro, probabelmente en dúas xornadas, sobre Drupal ─ Migración desde v7 cara v8
- Novembro, 28
- Obradoiro sobre Bases de datos NoSQL (MariaDB, MongoDB, etc)
Actividades pendentes...
Documentos colaborativos
Documento consensuado do Profesorado galego de Ensinanza Primaria e Secundaria
- Para impulsar as TIC e o Software Libre na educación en Galicia
Elaboración do documento consensuado dos Grupos de Usuarios de GNU/Linux galegos
- Para impulsar o Software Libre en Galiza
Actividades destacadas
Presenza de Richard Stallman en Vigo organizada por GALPon
Edicións da Linux-Party feitas por GALPon
Colaboracións de GALPon coa NX-Conecta