Actividades
Actividades programadas
Celebración do 10º aniversario de GALpon
Pendente de suxestións por parte dos socios (a falar na asemblea xeral a fins de marzo)
Potenciamento do proxecto de solidariedade social no eido das TIC «GALPon MiniNo» - OCFLOSS
O obxectivo primordial do proxecto GALPon MiniNo é reducir a fenda dixital provendo un sistema operativo completo e baseado en FLOSS que pode ser empregado en computadoras de baixos recursos (de máis de 10 anos incluso), permitindo o acceso ás TIC dos sectores máis desfavorecidos ou con baixos recursos.
Esta distribución xa consta en Distrowatch e foi analizada pola revista Linux Format2 (nº 143 de Abril 2011). Tamén dispón da súa entrada na Wikipedia.
Para finais de verán publicarase a versión 2.0 desta distribución con importantes melloras nomeada «Ártabros».
Grazas as súas características, ofrécese unha maior vida útil ao hardware e diminúese por tanto a cantidade de residuos xerados.
No desenvolvemento deste sistema tense especial coidado en que sexa moi manexable polo usuario non requirindo ningún coñecemento específico de tipo técnico ademais de realizarse un traballo de tradución moi minucioso que permite ter o sistema completo tanto en galego coma en castelán.
Froito deste traballo, a GALPon MiniNo está sendo empregada noutros países coma Chile ou México ademais de ser a distribución base do proxecto GRUVI (Grupo de Reciclaxe Informática da Universidade de Vigo).
Asistencia á LinuxCon Europe 2012 - OCFLOSS
Asistencia/Viaxe do presidente e vicepresidente de GALPon á «LinuxCon Europe 2012».
A comunidade galega do SwL non pode, nin debe, permanecer illada da realidade da comunidade global. A «LinuxCon Europe 2012» é unha excelente oportunidade para manter esta conexión global.
Obradoiros de Administración de sistemas con ferramentas libres - OCFLOSS
Descrición
Logo do grande éxito acadado no ano 2010 coa primeira edición, repetimos neste 2012 cunha versión similar en formato e temática. Trátase de amosar unha visión máis avanzada do sistema GNU/Linux, que permitirá aos asistentes coñecelo dun xeito máis profundo e aproveitar as súas características máis avanzadas.
As conferencias/obradoiro durarán arredor de 4 horas cada unha. Estarán compostas por unha pequena introdución que fornecerá a base teórica, e a realización práctica que será a parte fundamental da actividade, onde se axudará aos asistentes a que desenvolvan practicamente o tema.
Plantexase a realización dun total de 3 conferencias/obradoiros:
- Utilización avanzada da liña de ordenes
- Virtualización de sistemas operativos
- Asterisk e VoIP
Estas conferencias gravaranse en vídeo e quedarán a público acceso baixo licenzas libres (GPL, FDL ou CC by SA v3, dependendo das preferencias e/ou consideracións dos conferenciantes) e en formatos libres (ogg, ogv), nos servidores de GALPon, e en libre acceso e licenza libre (aínda que non podemos asegurar que en formato libre/estándar) nos servidores da Universidade de Vigo ao través de UvigoTV.
Obradoiros de Sistema de Control de Versións e Programación Áxil (con Git e Scrum) - OCFLOSS
Descrición
En liña cos obradoiros desenvolvidos no ano 2010 sobre Administración de Sistemas e a actividade de programación de Symfony2 cun grande éxito, propoñense estes obradoiros.
Os obradoiros realizarase en sesións de 4 horas durante 3 días. Estarán compostos por unha pequena introdución que fornecerá a base teórica, e a realización práctica que será a parte fundamental da actividade, onde se axudará aos asistentes a que desenvolvan practicamente o tema.
Desenvolveranse sobre:
- Sistema de Control de Versións con GIT
- Programación Áxil con SCRUM
Estas conferencias gravaranse en vídeo e quedarán a público acceso baixo licenzas libres (GPL, FDL ou CC by SA v3, dependendo das preferencias e/ou consideracións dos conferenciantes) e en formatos libres (ogg, ogv), nos servidores de GALPon, e en libre acceso e licenza libre (aínda que non podemos asegurar que en formato libre/estándar) nos servidores da Universidade de Vigo ao través de UvigoTV.
Obradoiro de Programación de Arduino - OCFLOSS
Descrición
O aumento de elementos electrónicos de uso cotiá facilítanos, en gran medida, unha visión un tanto máxica ou complicada desta ciencia.
Arduino é unha plataforma libre para o desenvolvemento de proxectos onde a electrónica toma un papel principal. Pon a disposición do usuario un microcontrolador e unha interface de desenvolvemento cunha linguaxe de programación, baseada en C, moi doada de aprender.
Isto, xunto coa filosofía aberta que promove, facilita achegarse ao mundo da electrónica dunha maneira sinxela á vez que gradual. Existen multitude de proxectos que abranguen un sen fin de funcionalidades, onde o código ou os esquemas están ao dispor do interesado, xa sexa para adaptalo ao seu proxecto ou replicalo sen mais.
Ademais existen unha grande variedade de módulos que aumentan, ou complementan, as posibilidades desta ferramenta facilitando a inclusión no proxecto de comunicación wifi, ethernet ou dar asistencia a tecnoloxías RFID ou GSM, por exemplo.
A actividade organizarase en dúas xornadas de 4 horas.
- Primeira xornada: 2 horas de presentación do proxecto + 2 horas de introdución práctica.
- Segunda xornada: 4 horas de obradoiro práctico (realización dun proxecto sinxelo)
Actividades actualmente en proceso
Desenvolvemento de GALPon Minino
- Baseada en Lenny e pensada para equipos modestos con 64Mb de RAM e 1Gb de HD.
- Outubro 2008 Publicada a versión 1.0.
- Decembro 2008 Publicada a versión 1.1.
- Abril (18) 2010 Publicada a versión 1.2-beta.
- Esta versión inclúe moitas modificacións sobre a versión anterior, sendo na práctica unha proba de concepto para a vindeira versión 2.0.
- Xuño (14) 2010 Publicada a versión 1.2-RC.
- Setembro (17) Presentada a versión final en Mugardos co gallo do «Día da liberdade do Software»
A versión 2.0 estará baseada en Debian Wheezy e está prevista a primeira versión beta para o veran de 2012.
Iniciase o proceso de preparación dunha distro derivada para picaros de 3 a 5 anos co nome «PicarOS» que está previsto estea rematada para Agosto do 2011.
"GRUVI - Grupo de Reciclaxe Informática da Universidade de Vigo"
- Desenvolvida dende Febreiro 2007 - Xullo 2011 (prorrogado).
- Lugar: Universidade de Vigo
- Descrición: Proxecto de voluntariado de recuperación de equipos informáticos da UVigo para doalos con Software Libre a entidades sociais. Participa a OVI (Oficina de Voluntariado e Integración), a OMA (Oficina de Medio Ambiente) da Universidade de Vigo e GALPon.org
- Máis información
Actividades en proceso de estudio
s4a Scratch + Arduino
- Xornadas sobre Scratch for Arduino - Xuntanza Previa
- Xornadas sobre Scratch for Arduino - Presentación do proxecto
Actividades pendentes...
Documentos colaborativos
"Documento consensuado do Profesorado galego de Ensinanza Primaria e Secundaria
- Para impulsar as TIC e o Software Libre na educación en Galicia
Elaboración do documento consensuado dos Grupos de Usuarios de GNU/Linux galegos
- Para impulsar o Software Libre en Galiza