Actividades
Actividades programadas
Cursos para directivas de ANPA (Federación Provincial de ANPA de Centros Públicos de Pontevedra)
Datas programadas:
- Xaneiro, 15 e 22, Marín
Xaneiro, 29, ValgaAprazado sine die por cousas de loxística
Curso sobre «As redes sociais e a seguranza persoal»
É algo indiscutible que Internet aporta ás novas xeracións múltiples beneficios e oportunidades: comunicación, información, entretemento... etc. Porén, os adultos debemos ser conscientes de que tamén ten os seus riscos. A escasa experiencia vital, a inmaturidade e a falta de percepción dos riscos propios da infancia e da mocidade obrigannos a unha intervención decidida. Os adultos damos consellos en base ao que coñecemos pola nosa propia experiencia. Porén, atopámonos un escenario descoñecido. Moitas familias e profesores, descoñecen o potencial da Internet, e isto lévanos non só a ser incapaces de identificar situacións de risco, senón tamén a perder o gran potencial que Internet nos ofrece como ferramenta de comunicación e formación.
Este novo escenario non nos debe preocupar. Débenos ocupar. É preciso manter una actitude activa, de disposición e interese. E esta actitude non require de grandes coñecementos técnicos.
Cursos programados:
- En colaboración con FANPA (Federación Provincial de ANPA de Centros Públicos de Pontevedra)
- Febreiro, 5, 12, 19 e 16, Pontevedra, Centro Cultural de Novacaixagalicia.
Horario: de 10 a 14 horas, 16 horas presenciais, máis 4 horas de tarefas para facer desde a casa de traballo nas redes sociais.
Curso de «Iniciación ao Software Libre e GNU/Linux» na Universidade de Vigo
Impartido por Miguel Anxo Bouzada a realizar os mércores dende o 23 de febreiro ata o 4 de maio na aula T105 da E.T.S.Enx. Telecomunicación de 15:00 a 18:00 horas.
Conferencia “Mujeres en el Software Libre” por Miriam Ruíz
Descrición
Conferencia a cargo de Miriam Ruíz sobre a implicación das mulleres na tecnoloxía e máis concretamente no eido do Software Libre.
Referencias de Miriam Ruíz:
- Enxeñeira española, e Desenvolvedora de Debian, unha distribución de Linux. Segundo indica «Estou moi implicada no empaquetamento de xogos, así como no proxecto Debian Women. Tamén estou involucrada na «netesfera» feminista, en grupos como LinuxChix, Ubuntu-Women, WikiChix, ChicasLinux, Indymedia Women ou Systers, pero realmente non fago moitas cousas neles, fundamentalmente porque non teño tempo para estar tan activa en todas partes. De calquera xeito apóioas totalmente.»
- É editora de Barrapunto, un dos weblogs máis importantes en español, e realmente unha das mellores fontes de información sobre tecnoloxía e cultura «geek» en español na rede.
- Material a empregar:
Público.es ─ Desarrolladoras de software libre en un mundo de hombres
Siglo XXI, diario digital ─ Miriam Ruiz, desarrolladora de Debian
- Entrada do día 10 de novembro 2010 no seu blogue persoal: http://www.miriamruiz.es:
- «Respondo desde mi blog a la entrada de Paco Prieto en su Servilleta sobre la monoparentalidad de las redes informáticas, ya que tengo algunos problemas para escribirlo en un comentario:
- La historia de la informática y de las tecnologías de la información está plagada de mujeres muy importantes, comenzando por Ada Lovelace, considerada la primera persona programadora, Grace Murray Hopper, pionera en la concepción y el diseño de los primeros compiladores, pieza clave en la concepción y diseño del lenguaje COBOL, y que participó también en el comité de estandarización de FORTRAN, pasando por Fran Allen, pionera en el campo de la optimización de compiladores, hasta las menos conocidas programadoras del ENIAC. Otra notable ingeniera, en este caso de telecomunicaciones, y además actriz, fue Hedy Lamarr, inventora de, entre otras cosas, el conmutador de frecuencias, elemento imprescindible para la telefonía móvil y la transmisión de datos sin cables. Sirva como indicativo que el día del inventor se celebra el 9 de noviembre en su honor, ya que ésa es la fecha de su cumpleaños.
- El caso de las 6 programadoras del ENIAC, y sobre todo el hecho de que su importancia en la historia de los ordenadores haya sido tan silenciada, hasta el punto de que los ingenieros varones Mauchly y Eckert fueron los que pasaron a la historia, no deja de ser llamativo y significativo de una época. Las programadoras del ENIAC desarrollaron las bases de la programación de los ordenadores: crearon la primera biblioteca de rutinas y las primeras aplicaciones de software. En 1997, a pesar de todo el esfuerzo por intentar excluirlas de la historia, fueron incluidas en el Women in Technology International Hall of Fame.
- Copiando y pegando, en inglés, lo siento, de un artículo de 1996 sobre las mujeres en el desarrollo de la informática: "Women have been involved in computing since its inception, and though the proportion of women in the field (about 13%) is far less than are to be found in our society, they still have a strong impact on our industry. The column could easily be filled with just the names of the women who have contributed to the field of computing, but most of them are still unknown, overshadowed by the myriad male innovators and often by their husbands"»
- (Tradución nosa: As mulleres participaron na informática desde os seus inicios, e aínda que a proporción de mulleres no campo (13%) é moito menor do que se atopan na nosa sociedade, aínda teñen un forte impacto na nosa industria. O oco pode encherse doadamente con só os nomes das mulleres que contribuíron no campo da informática, pero a maioría deles aínda se descoñecen, eclipsados polos innumerables innovadores home e moitas veces polos seus maridos).
Público obxectivo
Toda a sociedade en xeral, con especial interese para as mulleres e nomeadamente as profesionais e estudantes de enxeñerías relativas as TIC.
Datas e horario
Aínda por determinar
Presentación de «Enable Viacam» por Cesar Mauri
Descrición
Cesar Mauri e o desenvolvedor principal do proxecto.
Dúas presentacións, unha máis técnica nunha das escolas de enxeñaría da Universidade de Vigo para estudantes e profesorado, e outra máis práctica para axentes sociais vinculados ao traballo con persoas con mobilidade reducida.
A presentación a axentes sociais vinculados ao traballo con persoas con mobilidade reducida será moi práctica, celebrarase un sábado de mañá e pola tarde os socios de GALPon poderán facer a instalación en equipos achegados por estes axentes ou por usuarios con mobilidade reducida.
A presentación na Universidade sería máis técnica, conforme corresponde ao perfil dos asistentes.
Enable Viacam (eViacam) é un programa de computador que substitúe a funcionalidade do rato permitindo mover o punteiro a partir do movemento da cabeza. Funciona nun ordenador PC equipado cunha cámara web, sen elementos adicionais. eViacam está baseado no programa «Rato facial» galardoado con varios premios.
eViacam fornecese baixo licenza GNU/GPL.
Público obxectivo
- Axentes sociais vinculados ao traballo con persoas con mobilidade reducida
- Persoas con mobilidade reducida / problemas motores
- Profesionais e estudantes de enxeñarías relacionadas coas TIC
Duración e datas
- Por determinar.
Curso de “Sistemas de control de versións para desenvolvemento de software
Descrición
Introdución ao Sistemas de Control de Versións e afondamento en GIT.
Público obxectivo
Curso de nivel alto, orientado a estudantes e profesionais, preferiblemente que teñan interese no desenvolvemento de aplicativos.
Duración e datas estimadas
Curso impartido por Francisco Diéguez, a realizar nunha tarde de venres e nun sábado de mañá ─ 8 horas (aínda por determinar)
Presentación de Istononvai.org
Actualmente en fase beta para probas.
Proxecto Docendo Discimus
Para alfabetización tecnolóxica baseada en Software Libre.
- Unidades dispoñíbeis aquí
- Para unha vista previa máis cómoda, recomendamos que empreguedes os vídeos que poderedes ver directamente no navegador.
Actividades actualmente en proceso
Desenvolvemento de GALPon Minino
- Baseada en Lenny e pensada para equipos modestos con 64Mb de RAM e 1Gb de HD.
- Outubro 2008 Publicada a versión 1.0.
- Decembro 2008 Publicada a versión 1.1.
- Abril (18) 2010 Publicada a versión 1.2-beta.
- Esta versión inclúe moitas modificacións sobre a versión anterior, sendo na práctica unha proba de concepto para a vindeira versión 2.0.
- Xuño (14) 2010 Publicada a versión 1.2-RC.
- Setembro (17) Presentada a versión final en Mugardos co gallo do «Día da liberdade do Software»
A versión 2.0 estará baseada en Debian Squeeze e está prevista a primeira versión beta para finais de 2011.
Iniciase o proceso de preparación dunha distro derivada para picaros de 3 a 5 anos co nome «PicarOS» que está previsto estea rematada para Agosto do 2011.
"GRUVI - Grupo de Reciclaxe Informática da Universidade de Vigo"
- Desenvolvida dende Febreiro 2007 - Xullo 2011 (prorrogado).
- Lugar: Universidade de Vigo
- Descrición: Proxecto de voluntariado de recuperación de equipos informáticos da UVigo para doalos con Software Libre a entidades sociais. Participa a OVI (Oficina de Voluntariado e Integración), a OMA (Oficina de Medio Ambiente) da Universidade de Vigo e GALPon.org
- Máis información
Actividades pendentes...
Documentos colaborativos
"Documento consensuado do Profesorado galego de Ensinanza Primaria e Secundaria
- Para impulsar as TIC e o Software Libre na educación en Galicia
Elaboración do documento consensuado dos Grupos de Usuarios de GNU/Linux galegos
- Para impulsar o Software Libre en Galiza
Actividades destacadas
Edicións da Linux-Party feitas por GALPon
Colaboracións de GALPon coa NX-Conecta
Presenza de Richard Stallman en Vigo organizada por GALPon