Actividades
Actividades programadas
Administración avanzada de sistemas informáticos con ferramentas libres
Curso eminentemente práctico no que se desenvolveran todas as materias precisas para a construción e posterior configuración e administración dun sitio/servidor web.
- Configuración avanzada de redes en GNU/Linux.
- Utilización avanzada de Open SSH.
- Virtualización con VirtualBox.
- Asterisk e VoIP.
- Sistemas de copias de seguranza.
- Introdución a tecnoloxías web con software libre. Construción de sitios web con Drupal
Obradoiro de Openoffice.org avanzado, a suite ofimática do software libre en galego
Openoffice.org avanzado, a suite ofimática do software libre en galego
- Prazo de matrícula
- Dende: 04/10/2010
- Ata: 15/04/2010
- Data de comezo do curso: 18/10/2010
- Horario: Luns e mércores de 15:00h a 17:00h
- Máis información na páxina web da UVigo
Presentación de Istononvai.org
Actualmente en fase beta para testeo.
Proxecto Docendo Discimus
Para alfabetización tecnolóxica baseada en Software Libre.
Actividades actualmente en proceso
Desenvolvemento de GALPon Minino
- Baseada en Lenny e pensada para equipos modestos con 64Mb de RAM e 1Gb de HD.
- Outubro 2008 Publicada a versión 1.0.
- Decembro 2008 Publicada a versión 1.1.
- Abril (18) 2010 Publicada a versión 1.2-beta.
- Esta versión inclúe moitas modificacións sobre a versión anterior, sendo na práctica unha proba de concepto para a vindeira versión 2.0.
- Xuño (14) 2010 Publicada a versión 1.2-RC.
A versión 2.0 estará baseada en Debian Squeeze e está prevista para finais de 2010, dependendo da data de conxelación de Squeeze.
"GRUVI - Grupo de Reciclaxe Informática da Universidade de Vigo"
- Desenvolvida dende Febreiro 2007 - Xuño 2010 (prorrogado).
- Lugar: Universidade de Vigo
- Descrición: Proxecto de voluntariado de recuperación de equipos informáticos da UVigo para doalos con Software Libre a entidades sociais. Participa a OVI (Oficina de Voluntariado e Integración), a OMA (Oficina de Medio Ambiente) da Universidade de Vigo e GALPon.org
- Máis información
Cursos para directivas de ANPA (Federación Provincial de ANPA de Centros Públicos de Pontevedra)
Temario:
Os estándares
Que son e porqué son tan importantes
Sistemas ofimáticos
Introducción ao tratamento de textos con Open Office (Writer)
- Particularidades e diferenzas con outros sitemas frecuentes
- Os formatos de saída e de entrada
- Importación e exportación de formatos
- O formato PDF e os formatos MS
Introducción as follas de cálculo con Open Office (Calc)
- Particularidades e diferenzas con outros sitemas frecuentes
- Os formatos de saída e de entrada
- Importación e exportación de formatos
Introducción as presentacións con Open Office (Impress)
- Particularidades e diferenzas con outros sitemas frecuentes
- Os formatos de saída e de entrada
- Importación e exportación de formatos
Correo e mensaxería instántanea
- Manexo das contas (webmail) das ANPAS
- Xestión e administración
- Configuración da conta da ANPA para empregar en mensaxería instantánea (MI) co protocolo Jabber
- Compatibilidade e configuración da conta con outros protocolos frecuentes de MI (AIM, Google Talk, ICQ, IRC, MSN, MySpaceIM, Yahoo, XMPP)
Desenvolvemento:
27 de febreiro Pontevedra
- Centro Cultural Caixanova de Pontevedra
- Cubertas as 10 prazas dispoñíbeis
6 de Marzo
Lalín
- Aula multimedia de Lalín
- Cubertas as 10 prazas dispoñíbeis
Sen data Vilagarcía
- Centro Sociocultural San Roque
- En programación (setembro-outubro)
Actividades pendentes...
Documentos colaborativos
"Documento consensuado do Profesorado galego de Ensinanza Primaria e Secundaria
- Para impulsar as TIC e o Software Libre na educación en Galicia
Elaboración do documento consensuado dos Grupos de Usuarios de GNU/Linux galegos
- Para impulsar o Software Libre en Galiza
Actividades destacadas
Edicións da Linux-Party feitas por GALPon
Colaboracións de GALPon coa NX-Conecta
Presenza de Richard Stallman en Vigo organizada por GALPon