Administración avanzada de sistemas informáticos con ferramentas libres

De GALPon WiKi

Proxecto

Descrición

Curso eminentemente práctico no que se desenvolveran todas as materias precisas para a construción e posterior configuración e administración dun sitio/servidor web.
  • Configuración avanzada de redes en GNU/Linux.
  • Utilización avanzada de Open SSH.
  • Virtualización con VirtualBox.
  • Asterisk e VoIP.
  • Sistemas de copias de seguranza.
  • Introdución a tecnoloxías web con software libre. Construción de sitios web con Drupal
Dirixido a
Público en xeral.
Estudantes ou Licenciados/as en Enxeñería e Enxeñería Técnica Informática
Implantadore/as, administradore/as e deseñadore/as de páxinas web.
Desenvolvedore/as e implantadore/as de software.
Requisitos
Experiencia en administración de sistemas operativos a nivel de usuario avanzado.
O/As alumnos acudiran, preferiblemente, co seu propio computador persoal, sendo abondo os dos tipo notebook, netbook ou subnotebook.
Nota importante
É desexable que cada alumno/a asista co seu propio computador.

Lugar de realización e datas:

Lugar:

  • Aula T214, Escola de Enxeñaría de Telecomunicación, Universidade de Vigo. Campus de Marcosende, Vigo

Datas e horas:

  • Días 2, 3, 4, 5 e 8 de novembro 2010.
  • De 16:00 a 20:00

Horas totais:

  • 20

Taxas e inscricións:

Taxas:

  • Público en xeral . 40€
  • Estudantes, membros da comunidade universitaria . 30€
  • Estudantes bolseiros/as e membros de GUL galegos. 20€
Nota: os membros de GUL galegos acreditaran a súa condición mediante certificación do secretario do GUL correspondente.

Exento de taxas.

Coa colaboración de:

Logos xunta 800.png

Este curso forma parte das actividades que a asociación GALPon desenvolve ao abeiro do Convenio de colaboración asinado polas AGUSL coa Fundación para o Fomento da Calidade Industrial e o Desenvolvemento Tecnolóxico de Galicia e incluídas plan de acción FLOSS 2010 da Xunta de Galicia.

Inscricións

O Rexistro pode realizarse na páxina web de GALPon habilitada a este efecto na ligazon: http://goo.gl/GjP9 que é unha ligazón acurtada de http://www.galpon.org/drupal/content/ficha-administracion-sistemas-informaticos-ferramentas-libres

Ou enviando un correo-e ao enderezo: cursos[en]galpon.org Fornecendo os seguintes datos:

  • Nome e apelidos
  • Enderezo postal
  • Telefono(s) de contacto
  • correo-e
  • DNI/Pasaporte
  • Profesión/Estudios (só cando proceda)
  • Centro de estudios/GUL (só cando proceda)
  • Indicar se se é bolseiro/a da Universidade de Vigo.
  • Indicar se se é membro dun GUL
  • Número de conta bancaria (20 díxitos) para a devolución de taxas no suposto de cancelación do curso
  • Nota: De solicitarse cota reducida de inscrición, o primeiro día do curso deberá aportarse a seguinte documentación (a que proceda):
    • Fotocopia do carné de estudante.
    • Fotocopia da credencial de bolseiro/a
    • Certificación, do/a secretario/a correspondente de que é membro do GUL.

Ingreso da taxa correspondente mediante Ingreso o transferencia a CaixaGalicia CCC: 2091 / 0568 / 12 / 3040001156 </strike>indicando:</strike>

  • Curso de administración de sistemas
  • Nome e/ou o DNI/Pasaporte do/a inscrito/a
  • Nota: O primeiro día do curso deberá aportarse o comprobante de ingreso.

Información xeral

Centro/dpto. colaborador: Dpto. de Teoría do Sinal e Comunicacións, Escola de Enxeñaría de Telecomunicación, Universidade de Vigo.

Director do curso:

  • Miguel Anxo Bouzada
  • Vicepresidente de GALPon (Grupo de Amigos Linux de Pontevedra)
  • Teléfonos:
  • Fixo: 986 132923
  • Móbil: 618 028 073
Enderezo electrónico: info[en]galpon.org

Programa:

Dia (1) 2/11/10

  • Virtualización con VirtualBox.
    • Relator: Oscar Casal.
O taller terá 3 partes diferenciadas:
  • Coñecer e traballar con VirtualBox dende a liña de ordes
  • Tipos de discos: características de cada un, configuración e casos de uso
  • Tipos de redes: características, configuración e casos de uso
Veránse a maiores temas como o teleporting e algunha outra característica máis de VirtualBox, pero os 3 puntos anteriores centrarán a maior parte do traballo.

Dia (2) 3/11/10

  • Configuración avanzada de redes en GNU/Linux.
  • Utilización avanzada de OpenSSH.
    • Relator: Adrian Boubeta

Dia (3) 4/11/10

  • Asterisk e VoIP.
    • Relator: Damian Nogueiras.
  1. Introducción á VoIP e as posibilidades de Asterisk
  2. Xestionar Asterisk mediante interface web
    1. Crear extensións que se comuniquen entre si usando "softphones"
    2. Chamadas a un número da RTC
    3. Recibir chamadas da RTC
    4. Crear un IVR (Resposta de Voz Interactiva)
  3. Posta en marcha de Asterisk desde cero (ou case)
    1. Compilar
    2. Engadir compatibilidade MySQL
    3. Enlazar o CDR (rexistro de chamadas) con MySQL
  4. Interconectar dous Asterisk: protocolo IAX
  5. Utilización dunha pasarela (gateway) GSM.
Teño pensado facer unhas imaxes para VirtualBox e que sexan esas as que utilicen os asistentes.
O obradoiro será puramente práctico e cada quen traballará no seu Asterisk (necesitaría que todos tiveran instalado o VirtualBox).
Nota da dirección do curso: O primeiro día, precisamente, traballarase sobre a instalación de VirtualBox.

Dia (4) 5/11/10

  • Sistemas de copias de seguranza.
  • Relator: Antonio Sanchez León.
Trataremos fundamentalmente as distintas posibilidades que temos para facer unha copia íntegra dun sistema operativo (e logo que cada cal quédese coa que máis lle guste). Non trataremos a forma de facer copias de seguridade de datos de escritorio ou do noso cartafol persoal (incrementais, diferenciais, etc...), máis ben centrarémosnos no sistema operativo e os seus programas.
Falaremos de como facer copias clónicas de particións e discos ríxidos enteiros utilizando varias ferramentas (entre elas Partimage). Como facer as copias a outras particións, a CD e DVD, por rede a un ou varios computadores de vez, etc... Todo de forma sinxeliña, básica e que funcione.
Tamén mostraremos unha forma rápida para automatizar unha partición de rescate, como fan últimamente os fabricantes de computadores, que non reparten CD orixinais, senón que che dan o sistema instalado + unha partición de rescate (pero no noso caso todo con ferramentas libre, obviamente).

Dia (5) 8/11/10

  • Introdución a tecnoloxías web con software libre. Construción de sitios web con Drupal.
    • Relator: Alberto Permuy.
Drupal
É un sistema libre de xestión de contido, liberado baixo a licenza GNU/GPL, escrito en PHP, desenvolvido e mantido por unha activa comunidade de usuarios. Destaca pola calidade do seu código, o respecto aos estándares web, e unha énfase especial na usabilidade. Drupal pode comportarse como algo máis que un CMS, chegando incluso a ser definido como un framework para o desenvolvemento de proxectos web.
Ao longo de tres bloques, o alumno aprenderá e asimilirá conceptos básicos de instalación, configuración e primeiros pasos para o uso de Drupal. Nun segundo bloque os asistentes a este curso serán quen de recuperar un sistema Drupal, instalar e actualizar novos módulos, así como nocións básicas para optimizar o contorno. No bloque final o alumno recibirá as nocións precisas para adentrarse no apaixoante mundo do desenvolvemento de módulos, temas e demáis compoñentes de Drupal.

C.V. Relatores:

Oscar Casal
Diplomado en relacións laborais, finalizando Enxeñería de sistemas.
Administrador de sistemas na empresa privada por máis de 7 anos.
Especializado en sistemas virtualizados. Múltiples cursos de formación.
Adrian Boubeta
Tecnico Superior en Administración de sistemas informaticos.
Administrador de sistemas GNU/Linux na empresa pivada.
Damián Nogueiras
Enxeñeiro superior de telecomunicacións.
Profesor de Ciclo Superior de Formación Profesional, Desenvolvemento de aplicacións e Administración de sistemas informáticos.
Formador e profesional especializado en Asterisk e VoIP
Antonio Sanchez León
Diplomado en Maxisterio con praza por oposición na comunidade autónoma de Navarra.
Mantedor de sistemas informáticos en centros de ensino.
Desenvolvedor e co-coordenador da distribución libre baseada en GNU/Linux GALPon MiniNo.
Alberto Permuy
Técnico superior en Administración de sistemas informáticos
Administrador de sistemas GNU/Linux

Conclusións

Documentación dos cursos

Virtualización con VirtualBox

  • Relator: Oscar Casal.

Presentación no web do GUL do autor (GLUG)

Copia da presentación - no noso servidor

Configuración avanzada de redes en GNU/Linux - Utilización avanzada de OpenSSH

  • Relator: Adrian Boubeta

Presentación en PDF - no servidor do autor

Orixinal da presentación en «odt» comprimido - no servidor do autor

Presentación en PDF - no noso servidor

Orixinal da presentación en «odt» comprimido - no noso servidor

Asterisk e VoIP

  • Relator: Damian Nogueiras.

Paquete comprimido cos materiais do curso

Sistemas de copias de seguranza

  • Relator: Antonio Sanchez León.

Manual en liña do relator

Introdución a tecnoloxías web con software libre. Construción de sitios web con Drupal

  • Relator: Alberto Permuy.

Paquete comprimido cos materiais do curso

Inscricións

Neste curso inscribironse 50 persoas, das que:

  • 22 dicen ser estudantes, delas 4 alumnos dun IES
  • 2 pertencen a un departamento da Universidade (docentes ou investigadores)
  • 13 son mulleres, das que 6 dicen ser estudantes de Enxeñaría de Telecomunicación
  • 5 dicen ser membros dun GUL

Enquisa de cursos

Vídeos

Os cursos en vídeo realizados por uvigo.tv