Actividades

De GALPon WiKi
Ir a la navegación Ir a la búsqueda

Actividades programadas

"Curso de Iniciación a Guadalinex Mini para voluntarios da Universidade de Vigo"

  • Impartido por Miguel Bouzada (6 horas).
  • Dentro do marco do GRUVI, ofrecerase formación básica aos voluntarios e voluntarias para instalar e administrar a Guadalinex Mini. Realizado en colaboración coa Oficina de Voluntariado e Integración (OVI) e a Oficina do Medio Ambiente (OMA) da Universidade de Vigo.
  • Datas e horas previstas: Luns, martes e mercores 18,19 e 20 de febreiro de 11 a 13 horas.
  • Lugar: Ainda sen determinar, probablemente na nova ubicacion do obradoiro do GRUVI na sala 5 (inmediata anterior a actual) Facultade de Filoloxía e Traducción, Pabillon C, Edificio Newton, 2º Andar, (antigo CUVI)

Actividades actualmente en proceso

"Obradoiro de OpenOffice na Universidade de Vigo"

Froito da colaboración co Vicerreitorado de Extensión Cultural e de Estudantes, GALPon ofrecerá un obradoiro de OpenOffice cunha duración de 30 horas e convalidable por dous créditos de Libre Elección.

O contido do programa do obradoiro incluirá todos os compoñentes da suite ofimática:

  • Procesador de Textos, Writer
  • Folla de cálculo, Calc
  • Dibuxo vectorial, Draw
  • Presentacións, Impress
  • Acceso a bases de datos, Base

As clases ofreceranse na Aula 5 do novo edificio da E.T.S.E. Telecomunicacións da Universidade de Vigo.

As clases escomenzarán o día 10 de Marzo de 2008 e serán os luns e mércores en horario de 16:00h - 19:00h.

Máis concretamente os días de clase serán:

  • 10, 12, 24, 26 e 31 de marzo
  • 2, 7, 9, 14, 16 de abril

O profesor será Jose Antonio Troncoso (socio de GALPon)

"Cursiños de iniciación en Caixanova"

Dous cursiños de igual contido (un repetición do outro)

"Introducción a GNU/Linux"
Semana do 11 ó 15 de febreiro
Semana do 10 ó 14 de marzo
"OpenOffice"
Semana do 25 ó 29 de febreiro
Semana do 31 de marzo ó 4 de abril
  • Horario: de 8.00 a 10.00 (tarde-noite)
  • Duración: das clases: 2 horas
  • Duración: total de cada cursiño: 10 horas

Os cursiños serán Impartidos por Miguel Anxo Bouzada

Máis información:

http://www.centrosocialcaixanova.com/nt/
teléf: 986 12 00 83

"GRUVI - Grupo de Reciclaxe Informática da Universidade de Vigo"

  • Desenvolvida dende Febreiro 2007 - Xuño 2007 (prorrogado).
  • Lugar: Universidade de Vigo
  • Descrición: Proxecto de voluntariado de recuperación de equipos informáticos da UVigo para doalos con Software Libre a entidades sociais. Participa a OVI (Oficina de Voluntariado e Integración), a OMA (Oficina de Medio Ambiente) da Universidade de Vigo e GALPon.org
  • Máis información

"Proba do servizo da Uvigo.tv"

  • TV dixital a través de Internet para a súa visualización dende equipos con GNU/Linux.
  • Trátase de evaluar este servizo da Universidade de Vigo e construir unha lista de recomendacións para poder empregalo dende sistemas de GNU/Linux.
  • Máis información

Actividades pendentes...

GALPonada "Introdución a LaTeX"

  • Impartida por Martina Ramilo (sen data confirmada)
  • Explicaranos como se emprega este potentísimo sistema de creación de textos especialmente deseñado para realizar documentos de grande extensión coma Proxectos de Fin de Carreira, Tesis doutorales, novelas, etc. e para documentos con nomenclatura técnica ou científica.

GALPonada "Técnicas usadas en aplicaciones Web"

  • Impartida por Andrés Bott.
  • Explicaranos que técnicas podense empregar para aplicacións web.

Documentos colaborativos

"Documento consensuado do Profesorado galego de Ensinanza Primaria e Secundaria

  • Para impulsar as TIC e o Software Libre na educación en Galicia

Mais Información

Elaboración do documento consensuado dos Grupos de Usuarios de GNU/Linux galegos

  • Para impulsar o Software Libre en Galiza

Máis información

Actividades destacadas

Edicións da Linux-Party feitas por GALPon

Colaboracións de GALPon coa NX-Conecta

Presenza de Richard Stallman en Vigo organizada por GALPon

Actividades xa realizadas