Actividades

De GALPon WiKi
Ir a la navegación Ir a la búsqueda

Actividades programadas

Cursos para directivas de ANPA (Federación Provincial de ANPA de Centros Públicos de Pontevedra)

Temario

Datas programadas:

  • Xaneiro, 15 e 22, Marín
  • Xaneiro, 29, Valga Aprazado sine die por cousas de loxística

Curso sobre «As redes sociais e a seguranza persoal»

Temario

É algo indiscutible que Internet aporta ás novas xeracións múltiples beneficios e oportunidades: comunicación, información, entretemento... etc. Porén, os adultos debemos ser conscientes de que tamén ten os seus riscos. A escasa experiencia vital, a inmaturidade e a falta de percepción dos riscos propios da infancia e da mocidade obrigannos a unha intervención decidida. Os adultos damos consellos en base ao que coñecemos pola nosa propia experiencia. Porén, atopámonos un escenario descoñecido. Moitas familias e profesores, descoñecen o potencial da Internet, e isto lévanos non só a ser incapaces de identificar situacións de risco, senón tamén a perder o gran potencial que Internet nos ofrece como ferramenta de comunicación e formación.

Este novo escenario non nos debe preocupar. Débenos ocupar. É preciso manter una actitude activa, de disposición e interese. E esta actitude non require de grandes coñecementos técnicos.

Cursos programados:

En colaboración con FANPA (Federación Provincial de ANPA de Centros Públicos de Pontevedra)
  • Febreiro, 5, 12, 19 e 16, Pontevedra, Centro Cultural de Novacaixagalicia.

Horario: de 10 a 14 horas, 16 horas presenciais, máis 4 horas de tarefas para facer desde a casa de traballo nas redes sociais.

Conferencia “Mujeres y Software Libre” por Miriam Ruíz

Presentación de «Enable Viacam» por Cesar Mauri

Descrición

Cesar Mauri e o desenvolvedor principal do proxecto.

Dúas presentacións, unha máis técnica nunha das escolas de enxeñaría da Universidade de Vigo para estudantes e profesorado, e outra máis práctica para axentes sociais vinculados ao traballo con persoas con mobilidade reducida.

A presentación a axentes sociais vinculados ao traballo con persoas con mobilidade reducida será moi práctica, celebrarase un sábado de mañá e pola tarde os socios de GALPon poderán facer a instalación en equipos achegados por estes axentes ou por usuarios con mobilidade reducida.

A presentación na Universidade sería máis técnica, conforme corresponde ao perfil dos asistentes.

Enable Viacam (eViacam) é un programa de computador que substitúe a funcionalidade do rato permitindo mover o punteiro a partir do movemento da cabeza. Funciona nun ordenador PC equipado cunha cámara web, sen elementos adicionais. eViacam está baseado no programa «Rato facial» galardoado con varios premios.

eViacam fornecese baixo licenza GNU/GPL.

Público obxectivo

  • Axentes sociais vinculados ao traballo con persoas con mobilidade reducida
  • Persoas con mobilidade reducida / problemas motores
  • Profesionais e estudantes de enxeñarías relacionadas coas TIC

Duración e datas

  • Por determinar.

Curso de “Sistemas de control de versións para desenvolvemento de software

Descrición

Introdución ao Sistemas de Control de Versións e afondamento en GIT.

Público obxectivo

Curso de nivel alto, orientado a estudantes e profesionais, preferiblemente que teñan interese no desenvolvemento de aplicativos.

Duración e datas estimadas

Curso impartido por Francisco Diéguez, a realizar nunha tarde de venres e nun sábado de mañá ─ 8 horas (aínda por determinar)


Presentación de Istononvai.org

Actualmente en fase beta para probas.

Proxecto Docendo Discimus

Para alfabetización tecnolóxica baseada en Software Libre.

Actividades actualmente en proceso

Desenvolvemento de GALPon Minino

  • Baseada en Lenny e pensada para equipos modestos con 64Mb de RAM e 1Gb de HD.
  • Outubro 2008 Publicada a versión 1.0.
  • Decembro 2008 Publicada a versión 1.1.
  • Abril (18) 2010 Publicada a versión 1.2-beta.
    • Esta versión inclúe moitas modificacións sobre a versión anterior, sendo na práctica unha proba de concepto para a vindeira versión 2.0.
  • Xuño (14) 2010 Publicada a versión 1.2-RC.
  • Setembro (17) Presentada a versión final en Mugardos co gallo do «Día da liberdade do Software»

A versión 2.0 estará baseada en Debian Squeeze e está prevista a primeira versión beta para finais de 2011.

Iniciase o proceso de preparación dunha distro derivada para picaros de 3 a 5 anos co nome «PicarOS» que está previsto estea rematada para Agosto do 2011.

"GRUVI - Grupo de Reciclaxe Informática da Universidade de Vigo"

  • Desenvolvida dende Febreiro 2007 - Xullo 2011 (prorrogado).
  • Lugar: Universidade de Vigo
  • Descrición: Proxecto de voluntariado de recuperación de equipos informáticos da UVigo para doalos con Software Libre a entidades sociais. Participa a OVI (Oficina de Voluntariado e Integración), a OMA (Oficina de Medio Ambiente) da Universidade de Vigo e GALPon.org
  • Máis información

Actividades pendentes...

Documentos colaborativos

"Documento consensuado do Profesorado galego de Ensinanza Primaria e Secundaria

  • Para impulsar as TIC e o Software Libre na educación en Galicia

Mais Información

Elaboración do documento consensuado dos Grupos de Usuarios de GNU/Linux galegos

  • Para impulsar o Software Libre en Galiza

Máis información

Actividades destacadas

Edicións da Linux-Party feitas por GALPon

Colaboracións de GALPon coa NX-Conecta

Presenza de Richard Stallman en Vigo organizada por GALPon


Actividades xa realizadas