Actividades
Actividades programadas
Obradoiro de Openoffice.org avanzado, a suite ofimática do software libre en galego
Openoffice.org avanzado, a suite ofimática do software libre en galego
- Prazo de matrícula
- Dende: 04/10/2010
- Ata: 15/10/2010
- Data de comezo do curso: 18/10/2010
- Horario: Luns e mércores de 15:00h a 17:00h
- Máis información na páxina web da UVigo
Presentación de Istononvai.org
Actualmente en fase beta para testeo.
Proxecto Docendo Discimus
Para alfabetización tecnolóxica baseada en Software Libre.
Actividades actualmente en proceso
Desenvolvemento de GALPon Minino
- Baseada en Lenny e pensada para equipos modestos con 64Mb de RAM e 1Gb de HD.
- Outubro 2008 Publicada a versión 1.0.
- Decembro 2008 Publicada a versión 1.1.
- Abril (18) 2010 Publicada a versión 1.2-beta.
- Esta versión inclúe moitas modificacións sobre a versión anterior, sendo na práctica unha proba de concepto para a vindeira versión 2.0.
- Xuño (14) 2010 Publicada a versión 1.2-RC.
- Setembro (17) Presentada a versión final en Mugardos co gallo do «Día da liberdade do Software»
A versión 2.0 estará baseada en Debian Squeeze e está prevista para finais de 2011.
Iniciase o proceso de preparación dunha distro derivada para picaros de 3 a 5 anos co nome «PicarOS» que está previsto estea rematada para Agosto do 2011.
"GRUVI - Grupo de Reciclaxe Informática da Universidade de Vigo"
- Desenvolvida dende Febreiro 2007 - Xullo 2011 (prorrogado).
- Lugar: Universidade de Vigo
- Descrición: Proxecto de voluntariado de recuperación de equipos informáticos da UVigo para doalos con Software Libre a entidades sociais. Participa a OVI (Oficina de Voluntariado e Integración), a OMA (Oficina de Medio Ambiente) da Universidade de Vigo e GALPon.org
- Máis información
Actividades pendentes...
Documentos colaborativos
"Documento consensuado do Profesorado galego de Ensinanza Primaria e Secundaria
- Para impulsar as TIC e o Software Libre na educación en Galicia
Elaboración do documento consensuado dos Grupos de Usuarios de GNU/Linux galegos
- Para impulsar o Software Libre en Galiza
Actividades destacadas
Edicións da Linux-Party feitas por GALPon
Colaboracións de GALPon coa NX-Conecta
Presenza de Richard Stallman en Vigo organizada por GALPon