Actividades
Actividades programadas
Elaboración do programa de actividades para o 2º semestre de 2008
Máis información: info@galpon.org
Participación no III Encontro Nacional Br-Office.org
Con motivo da celebración do III Encontro Nacional BrOffice.org que se celebrará o próximo venres día 3 de Outubro en Brasil e con retransmisión en varias cidades europeas entre as que se atopa Santiago de Compostela, GALPon quere invitar a todos os seus socios/as a participar neste evento ofrecendo o pago do desprazamento de ida e volta a Santiago.
Por favor, confirmade a vosa asistencia a través da lista de correo para ir preparando o medio de transporte :-)
Para a inscrición (gratuita) podedes enviar un correo a eventos@mancomun.org e indicade que ides de parte de GALPon.
Tamén podedesvos inscribir na web de Br-Office: http://encontro.broffice.org/2008/gl/inscricao escollendo como Pais: Galicia NOTA: da igual o Estado que escollades, porque son para a xente de Brasil.
P.D. Aquelas persoas que non sexan socios/as de GALPon tamén poden participar pero para elo deberán enviar un correo a info@galpon.org informando do seu interese en compartir o desprazamento.
Máis información: http://www.mancomun.org/novas/eventos/mancomun-tende-pontes-coa-comunidade-lusofona-de-swl-co-patrocino-do-bro.html
Obradoiro de Extensión Universitaria de "Iniciación ao Software Libre"
Universidade de Vigo (30 horas). Outubro - Novembro 2008 Máis información
Actividades actualmente en proceso
"Desenvolvemento de GALPon Minino
- Baseada en Lenny (moi pronto, a que será versión estable en Debian) e pensada para equipos modestos con polo menos 64Mb de RAM e 1Gb de HD, comprácenos comunicarvos que o equipo de GALPon e MiniNo terá en poucos días lista a primeira release de GALPon MiniNo.
- Máis información
"GRUVI - Grupo de Reciclaxe Informática da Universidade de Vigo"
- Desenvolvida dende Febreiro 2007 - Xuño 2007 (prorrogado).
- Lugar: Universidade de Vigo
- Descrición: Proxecto de voluntariado de recuperación de equipos informáticos da UVigo para doalos con Software Libre a entidades sociais. Participa a OVI (Oficina de Voluntariado e Integración), a OMA (Oficina de Medio Ambiente) da Universidade de Vigo e GALPon.org
- Máis información
"Proba do servizo da Uvigo.tv"
- TV dixital a través de Internet para a súa visualización dende equipos con GNU/Linux.
- Trátase de evaluar este servizo da Universidade de Vigo e construir unha lista de recomendacións para poder empregalo dende sistemas de GNU/Linux.
- Máis información
Actividades pendentes...
GALPonada "Introdución a LaTeX"
- Impartida por Martina Ramilo (sen data confirmada)
- Explicaranos como se emprega este potentísimo sistema de creación de textos especialmente deseñado para realizar documentos de grande extensión coma Proxectos de Fin de Carreira, Tesis doutorales, novelas, etc. e para documentos con nomenclatura técnica ou científica.
GALPonada "Técnicas usadas en aplicaciones Web"
- Impartida por Andrés Bott.
- Explicaranos que técnicas podense empregar para aplicacións web.
Documentos colaborativos
"Documento consensuado do Profesorado galego de Ensinanza Primaria e Secundaria
- Para impulsar as TIC e o Software Libre na educación en Galicia
Elaboración do documento consensuado dos Grupos de Usuarios de GNU/Linux galegos
- Para impulsar o Software Libre en Galiza