Desinstalar e/ou neutralizar o Internet Explorer

De GALPon WiKi

Seguindo as recomendacións das axencias de seguranza cibernetica dos gobernos alemán e francés, nos tamén recomendamos que non se empregue este navegador, por mor das eivas tan importantes que ten en seguranza.

Leemos na Wikipedia

Vulnerabilidades de seguranza
Internet Explorer foi obxecto de moitas vulnerabilidades de seguranza e preocupacións: na súa maior parte de spyware, adware, e virus informáticos que se transmiten través de Internet pola explotación dos fallos e defectos na arquitectura de seguranza de Internet Explorer, as veces requiren nada máis que a visualización dunha páxina web maliciosa para instalar eles mesmos o virus.
Unha ampla serie de fallos de seguranza que afectan a IE non se orixinan no navegador en si, seóon nos ActiveX utilizados por éste. Debido a que os engadidos (add-ons) teñen os mesmos privilexios que IE, os defectos poden ser tan críticos como un defecto do navegador. Outros navegadores que utilizan NPAPI como mecanismo de extensibilidade sofren os mesmos problemas.


Window$ 7

É no único S.O. de Micro$oft no que se pode desinstalar (mellor dito, desactivar) o nefasto navegador Internet Explorer. Seguimos o procedemento indicado por Micro$oft

IMPORTANTE aseguremonos de ter xa instalado e configurado o navegafor Firefox

Abrimos o menu de inicio e ímos a Panel de control

Quita-explorer-1.png

Agora buscamos: Programas Desinstalar un programa

Quita-explorer-2.png

Á esquerda imos a Activar o desactivar las características de Windows

Quita-explorer-3.png

Buscamos na lista Internet Explorer e desmarcamos a caixiña da esquerda

Quita-explorer-4.png

Salenos unha mensaxe de advertencia, prememos en

Quita-explorer-5.png

Agora aparecerá a caixiña de Internet Explorer desmarcada

Quita-explorer-6.png

Indicanos que debemos reiniciar Windows para que se aplique o cambio, prememos en Reiniciar ahora

Quita-explorer-7.png

Internet Explorer debeu desaparecer dos menús de execución e dos de contexto.

De darse o caso de que seguira aparecendo nos menús de contexto, siga as indicacións de: Desactivar o menu de contexto de Explorer en Windows Vista.


Windows Vista e anteriores

Nestes S.O. non se pode desinstalar nin desactivar o nefasto navegador Internet Explorer, polo que teremos que artellar algún subterfuxio para facer que sexa inservible, ou moi pouco eficiente e que así os rapaces non se empeñen en empregalo.

O que imos facer e retiralo dos menús de execución e dos menus contextuais.

IMPORTANTE aseguremonos de ter xa instalado e configurado o navegafor Firefox. Poñamos moito enfase en que estea configurado como navegador predefinido.


Firefox como navegador predefinido

O navegador predefinido abrese automáticamente ao premer nun URL nun aplicativo de correo (como Thunderbird ou Outlook), un acceso directo a Internet ou un ficheiro HTML. Imos ver como facer que Firefox sexa o navegador predeterminado.

  1. Abrir Firefox.
  2. Na parte superior da xanela de Firefox, na barra de menú, prememos no menú Ferramentas e no despregable en Opcións...
  3. Selecciona o panel Opcións avanzadas e no separador Xeral, prememos no botón Verificar agora
Ff-predefinido-1.png

Se fixemos todo ben duranre a instalación, deberá saírnos esta mensaxe:

Ff-predefinido-2.png

Prememos en Aceptar e saímos.

Porén, se sae estoutra mensaxe, premeremos en Si, para converter Firefox no navegador predeterminado.

Ff-predefinido-3.png

e saímos.

Modificar o menú e os menús contextuais

Como primeiro paso, eliminamos todas as iconas que teñamos visibles de Internet Explorer.

Normalmente ao premer co botón dereito enriba xa nos ofrece algunha opción como Eliminar, Desancorar... etc...

IE-desancorar.png

Captura do manual de MicroSoft

Manual-win-quita-icona.png


Facelo inoperante cun «control paterno»

Nos casos en que non é posible desinstalalo/desactivalo, podemos facer que non dispoña de ningún acceso, co que os rapaces deixarán de tentar empregalo para «saltarse» as restricións que poida ter no Firefox. Para elo instalamos a (p.ex.) Parental Control Bar configurándoa co máximo de restricións.

--miguelbf 09:15 30 ago 2010 (UTC)