Windows ─ Instalar e configurar «Parental Control Bar»

De GALPon WiKi

Descrición e características

É un complemento (add-on) que actúa como filtro de contido para o navegador Internet Explorer (MSIE) que hai que instalar. As características de Parental Control Bar son as seguintes:

  1. Permite filtrar calquera tipo de contido (pornografía, apostas, hacking, cracking,…)
  2. Pode bloquear todo o tráfico cara páxinas non incluidas nunha Lista branca de páxinas web ás que se permite o acceso.
  3. Permite a personalización das Listas brancas aquí chamada «Lista de sitio seguro para nenos» (Child-safe list).
  4. O contorno do complementon está protexido por contrasinal para impedir cambiar a configuración.
  5. En caso de que se bloquee unha páxina mostra unha advertencia na que (só na sesión de administrador) permite engadila a algunha lista.

Parental Contro Bar traballa con só dous niveis de protección:

  • Modo pai, no que permite desactivar o bloqueo de páxinas.
  • Modo neno, metodo estrito de control da navegación.

Nota do autor: este complemento semella estar pensado para a instalación monousuario, o tipo de instalación de desaconsellamos, xa que só dispón de todas as funcionalidades na sesión de administrador.

Instalación e configuración inicial

Abrimos o navegador, de ter varios, xa que este é un complemento para Internet Explorer, empregaremos preferentemente o Internet Explorer, e abrimos a páxina http://parentalcontrolbar.org.

Na páxina buscamos o botón verde Download Now (descargar agora) que nos redirecciona cara á páxina de descarga deste programa no portal de descargas cnet.


Win7-P-C-B-1.png Win7-P-C-B-1a.png


Nesta nova páxina buscamos Download Now (descargar agora) e prememos aí.


Win7-P-C-B-2.png Win7-P-C-B-2a.png


No caso de IE8 en Window$ 7 aparecenos unha barra indicandonos que non pode descargar o programa. Prememos nela co botón dereito e a seguir prememos en Descargar ficheiro....


Win7-P-C-B-3.png


Win7-P-C-B-4.png


Win7-P-C-B-5.png


Cando abre a xanela na que nos pregunta se queremos executar ou descargar, eliximos Executar.


Win7-P-C-B-6.png Win7-P-C-B-7.png


A seguir damoslle permiso para que se instale e aceptamos as condicións.


Win7-P-C-B-8.png Win7-P-C-B-9.png


Agora imos amodo.

O primeiro é que empreguemos un contrasinal seguro.


Win7-P-C-B-10a.png


Fornecemoslle o noso enderezo de correo. IMPORTANTE un enderzo ao que os cativos non teñan acceso.


Win7-P-C-B-10b.png


Unha vez que remata a instalación...


Win7-P-C-B-11.png


... se aínda tiñamos aberto o Internet Explorer pechámolo e volvemos a abrilo. Veremos que aparece a barra de control paterno.


Win7-P-C-B-12.png


Esta barra ten dous modos de traballo

  • Modo pai Win7-P-C-B-13.png
  • Modo neno Win7-P-C-B-14.png


Cando prememos en Win7-P-C-B-13.png a barra cambia a Win7-P-C-B-14.png e aparecenos a seguinte mensaxe


Win7-P-C-B-15.png
Agora está ACTIVADO o modo seguro para nenos

O que significa:
O seu equipo agora ten bloqueado o acceso aos sitios segundo a configuración paterna.


Se agora premeramos en Win7-P-C-B-14.png para cambiar a modo Win7-P-C-B-13.png pidenos o contrasinal que idicamos antes.


Win7-P-C-B-16.png


E devólvenos a seguinte mensaxe


Win7-P-C-B-17.png
Agora está DESACTIVADO o modo seguro para nenos


O que significa:
O equipo agora non ten restrinxido o acceso a ningún sitio en Internet.


Por favor, asegúrese de activar o modo a proba de nenos antes de alonxarse do seu computador.


Se prememos no botón Win7-P-C-B-18.png que está dispoñible SÓ en Win7-P-C-B-13.png danos acceso á configuración do filtro.

Este filtro nun principio (segundo se instala) só filtra pornografía e espidos, deberemos engadir os outros grupos que queiramos.

As opcións son:

  • Material sexual explícito
  • Espidos/material sexual
  • Violencia
  • Linguaxe noxento
  • Salas de conversas e taboleiros de mensaxes (todas as variantes de «Messenger» e redes sociais)
  • Actividades potencialmente danosas


Win7-P-C-B-19.png Win7-P-C-B-20.png

Unha vez configuradas as restriccións deberemos ir, un a un, polos usuarios que queiramos que naveguen baixo os filtros e premer en Win7-P-C-B-13.png para converter en Win7-P-C-B-14.png

IMPORTANTE esta acción é irreversíbel para os usuarios distintos do usuario administrador, nas probas que fixemos empregando Window$ 7 e IE8 non permite a volta atrás, xa que ao premer en Win7-P-C-B-14.png para cambiar a Win7-P-C-B-13.png, nos usuarios non administrador, non admite como bo o contrasinal.


Se esquecemos o contrasinal, esta opción debe permitir que nos chegue un correo de http://parentalcontrolbar.org co contrasinal que teñamos rexistrado (cando fixemos a configuración de instalación). Digo «debe permitir» porque nas probas que fixemos empregando Window$ 7 e IE8 non funcionou.


Win7-P-C-B-21.png Win7-P-C-B-22.png


Cando, estando en Win7-P-C-B-14.png, tenten acceder a unha páxina bloqueada aparecerá a seguite mensaxe


Win7-P-C-B-23.png
A barra de control parental está bloqueando o sitio


Importante para os pais!
Se vostede, o pai, está a navegar pola Internet entón introduza o seu contrasinal a seguir para desactivar o bloqueo


Vostede non é quen de ver este sitio porque:

Non ten etiqueta

  • Desactive o control paterno
  • Engadir á lista de sitio seguro para os nenos

cando esteamos no usuario administrador poderemos empregar esta funcionalidade, xa que como comentei antes, nos outros usuarios non recoñecerá como bo o contrasinal.

Cando falla Firefox

Se xa tiñamos instalado Firefox cando instalemos Parental Control Bar este instala un complemento que fai que o Firefox resulte inoperante.

Xa que non é un fallo de Firefox, desmarcamos a caixiña Informe a Mozilla acerca do fallo para que poida solucionalo e a seguir prememos no botón Saír Firefox.

Falla-FF-1.png

Para corrixir este problema debemos proceder a desinstalar este complemento. Diriximonos ao Panel de Control e desde aí a Programas Desinstalar un programa

Quita-explorer-2.png

Na nova xanela buscamos Parental Control Bar For Firefox, prememos sobre el co botón dereito do rato, abrenos a posibilidade de Desinstalar ou cambiar, prememos nesa caixiña, para que proceda a desinstalar ese complemento e a partires de aí, Internet Explorer seguirá filtrando con Parental Control Bar e Firefox traballará tal e como o teñamos configurado.

Falla-FF-2.png

--miguelbf 17:52 2 sep 2010 (UTC)