Instalar Firefox en Windows
Abrimos o Internet Explorer e na caixa do buscador escribimos: descargar firefox
Aparecerannos varias respostas, buscamos a que corresponda coa páxina oficial (http://mozilla.europe.org/es/firefox).

Ten que aparecernos unha páxina como a que segue, calquera outra non será a oficial

Para descargalo en castelán, prememos na imaxe:

Se queremos obter o Firefox en galego, xusto embaixo da imaxe anterior vemos a lenda Notas de la versión ─ Otros sistemas e idiomas, prememos en Otros sistemas e idiomas

Na segunte pantalla, desprazamos cara abaixo ata chegar a liña do galego

Onde premeremos en Download á beira do anagrama de windows

Seguido calquera dos dous camiños anteriores, chegamos este punto, no que debemos decidir se gardar ou executar o ficheiro, recomendo (por ser máis sinxelo) que premamos en Ejecutar

Confirmamos a execución, premendo ahora tamén en Ejecutar

Dámoslle permiso, premendo en Sí

Aparece a pantalla de benvida de Firefox, prememos en Seguinte

Confirmamos a instalación estándar, premendo en Seguinte

Esta pantalla que aparece agora e MOI IMPORTANTE, aseguremonos de que estea marcada a opción de Utilizar Firefox como navegador predefinido, e prememos en Instalar

Esta nova pantalla, preguntanos se queremos importar datos do Internet Explorer cara ao Firefox, se temos marcadores de páxinas (favoritos) e queremos conservalos, deixamos a opción predeterminada, se queremos que Firefox estea limpo de calquera desas cousas, marcamos a opción Non importar nada, neste caso recomendo que se faga así, unha instalación totalmente limpa. Prememos en Seguinte

E xa rematamos a instalación, so temos que premer en Finalizar

E Firefox abresenos con dous separadores activos, a presentación de Persona

É a páxina do buscador google'

Se nos fixamos, veremos que agora no escritorio temos unha icona de acceso directo a Firefox

E que tamén foi engadido no menú de Inicio
