Actividades
Actividades programadas
"Curso de Iniciación a Guadalinex Mini para voluntarios da Universidade de Vigo"
- Impartido por Miguel Bouzada (6 horas).
- Dentro do marco do GRUVI, ofrecerase formación básica aos voluntarios e voluntarias para instalar e administrar a Guadalinex Mini. Realizado en colaboración coa Oficina de Voluntariado e Integración (OVI) e a Oficina do Medio Ambiente (OMA) da Universidade de Vigo.
- Datas e horas previstas: Luns, martes e mercores 18,19 e 20 de febreiro de 11 a 13 horas.
- Lugar: Ainda sen determinar, probablemente na nova ubicacion do obradoiro do GRUVI na sala 5 (inmediata anterior a actual) Facultade de Filoloxía e Traducción, Pabillon C, Edificio Newton, 2º Andar, (antigo CUVI)
Actividades actualmente en proceso
Cursiños de iniciación en Caixanova
Dous cursiños de igual contido (un repetición do outro)
- "Introducción a GNU/Linux"
- Semana do 11 ó 15 de febreiro
- Semana do 10 ó 14 de marzo
- "OpenOffice"
- Semana do 25 ó 29 de febreiro
- Semana do 31 de marzo ó 4 de abril
- Horario: de 8.00 a 10.00 (tarde-noite)
- Duración: das clases: 2 horas
- Duración: total de cada cursiño: 10 horas
Os cursiños serán Impartidos por Miguel Anxo Bouzada
Máis información:
- http://www.centrosocialcaixanova.com/nt/
- teléf: 986 12 00 83
"GRUVI - Grupo de Reciclaxe Informática da Universidade de Vigo"
- Desenvolvida dende Febreiro 2007 - Xuño 2007 (prorrogado).
- Lugar: Universidade de Vigo
- Descrición: Proxecto de voluntariado de recuperación de equipos informáticos da UVigo para doalos con Software Libre a entidades sociais. Participa a OVI (Oficina de Voluntariado e Integración), a OMA (Oficina de Medio Ambiente) da Universidade de Vigo e GALPon.org
- Máis información
"Proba do servizo da Uvigo.tv"
- TV dixital a través de Internet para a súa visualización dende equipos con GNU/Linux.
- Trátase de evaluar este servizo da Universidade de Vigo e construir unha lista de recomendacións para poder empregalo dende sistemas de GNU/Linux.
- Máis información
Actividades pendentes...
GALPonada "Introdución a LaTeX"
- Impartida por Martina Ramilo (sen data confirmada)
- Explicaranos como se emprega este potentísimo sistema de creación de textos especialmente deseñado para realizar documentos de grande extensión coma Proxectos de Fin de Carreira, Tesis doutorales, novelas, etc. e para documentos con nomenclatura técnica ou científica.
GALPonada "Técnicas usadas en aplicaciones Web"
- Impartida por Andrés Bott.
- Explicaranos que técnicas podense empregar para aplicacións web.
Documentos colaborativos
"Documento consensuado do Profesorado galego de Ensinanza Primaria e Secundaria
- Para impulsar as TIC e o Software Libre na educación en Galicia
Elaboración do documento consensuado dos Grupos de Usuarios de GNU/Linux galegos
- Para impulsar o Software Libre en Galiza