Actividades

De GALPon WiKi
Ir a la navegación Ir a la búsqueda

Actividades programadas

Conferencia "Software Libre, impacto técnico, social, económico e cultural"

Impartida por Claudio F. Filho, coordinador xeral do proxecto OpenOffice en Brasil e presidente de BrOffice.org.

Claudio F. Filho é bo coñecedor da problemática acontecida recentemente coa denegación de estándar ao formato OOXML de Microsoft. Falará das vantaxes do Software Libre en diferentes dimensións facendo especial mención á necesidade de empregar estándares recoñecidos internacionalmente por organizacións independentes e non por compañías privadas como tenta facer Microsoft.

  • Data: 25 de Setembro 2007
  • Lugar: Universidade de Vigo. E.T.S.E de Telecomunicacións de Vigo. Salón de Actos. Campus de Lagoas - Marcosende (Plano de localización )
  • Hora: 16:30h

A conferencia está organizada por GALPon e conta coa colaboración da propia Universidade de Vigo, a E.T.S.E. de Telecomunicacións e a asociación AGNIX.

"Ciclo de Conferencias Taller "GALPon 2007 UVigo"

  • Data: Outubro 2007
  • Lugar: Universidade de Vigo
  • Ciclo de conferencias
    • "WiFi e redes inalámbricas" (6 horas) por Bruno Seoane (pendente confirmación datas).
    • "Media Center con Software Libre" (6 horas) por Bruno Seoane (pendente confirmación datas).
    • "Escritorios Lixeiros en Software Libre" (4 horas) por Miguel Bouzada
      • Luns 22 Outubro, de 16:00h - 18:00h
      • Martes 23, de 16:00h - 18:00h
    • "Home Station con Software Libre" (5 horas) por Alex Escobar.
      • Mércores 24 Outubro, de 16:00h - 18:30h
      • Xoves 25 Outubro, de 16:00h - 18:30h
    • "Uso de plantillas en PHP: patTemplate" (6 horas) por Rafa Couto
      • Luns 29 Outubro, 16:00h - 18:00h: PHP deixa de ser unha linguaxe de etiquetas
      • Martes 30 Outubro, 16:00h - 18:00h: patTemplate e estructuración dun portal web
      • Mércores 31 Outubro, 16:00h - 18:00h: uso avanzado de patTemplate
    • "Firma electrónica" (6 horas) por Julio Herrero
      • Luns 5 de Novembro, 16:00h - 19:00h
      • Martes 6 de Novembro, 16:00h - 19:00h

Non é preciso pero si moi recomendable levar un ordenador portátil cunha distribución de GNU/Linux instalada. Realizadas co apoio de...

  • Dirección Xeral de Ordenación e Calidade do Sistema Universitario de Galicia da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia. (Insertar logo)
  • Vicerreitorado de Extensión Cultural e Estudantes da Universidade de Vigo (Insertar logo)

Actividades actualmente en proceso

"Documento consensuado do Profesorado galego de Ensinanza Primaria e Secundaria para impulsar as TIC e o Software Libre na educación en Galicia"


"GRUVI - Grupo de Reciclaxe Informática da Universidade de Vigo"

  • Desenvolvida dende Febreiro 2007 - Xuño 2007 (prorrogado).
  • Lugar: Universidade de Vigo
  • Descrición: Proxecto de voluntariado de recuperación de equipos informáticos da UVigo para doalos con Software Libre a entidades sociais. Participa a OSIX (oficina de Voluntariado), a OMA (Oficina de Medio Ambiente) da Universidade de Vigo e GALPon.org
  • Máis información


"Proba do servizo da Uvigo.tv"

  • TV dixital a través de Internet para a súa visualización dende equipos con GNU/Linux.
  • Trátase de evaluar este servizo da Universidade de Vigo e construir unha lista de recomendacións para poder empregalo dende sistemas de GNU/Linux.
  • Máis información

Actividades pendentes...

GALPonada "Introdución a Látex"

  • Impartida por Martina Ramilo. (sen data confirmada pero a partires do 14 de outubro 2007)
  • Explicaranos como se emprega este potentísimo sistema de creación de textos especialmente deseñado para realizar documentos de grande extensión coma Proxectos de Fin de Carreira, Tesis doutorales, novelas, etc. e para documentos con nomenclatura técnica ou científica.

GALPonada "Técnicas usadas en aplicaciones Web"

  • Impartida por Andrés Bott.
  • Explicaranos que técnicas podense empregar para aplicacións web.

"Curso de Iniciación a Guadalinex Mini para voluntarios da Universidade de Vigo"

  • Impartido por Miguel Bouzada (6 horas).
  • Dentro do marco do GRUVI, ofrecerase formación básica aos voluntarios e voluntarias para instalar e administrar a Guadalinex Mini. Realizado en colaboración coa Oficina do Servizo de Información Xuvenil (OSIX) e a Oficina do Medio Ambiente (OMA) da Universidade de Vigo.

Actividades destacadas

Edicións da Linux-Party feitas por GALPon

Colaboracións de GALPon coa NX-Conecta

Presenza de Richard Stallman en Vigo organizada por GALPon

Actividades xa realizadas

Ano 2007

Ano 2006

Ano 2005

Ano 2004