Actividades
Actividades programadas
Conferencia "Software Libre, impacto técnico, social, económico e cultural"
Impartida por Claudio F. Filho, coordinador xeral do proxecto OpenOffice en Brasil e presidente de BrOffice.org.
Claudio F. Filho é bo coñecedor da problemática acontecida recentemente coa denegación de estándar ao formato OOXML de Microsoft. Falará das vantaxes do Software Libre en diferentes dimensións facendo especial mención á necesidade de empregar estándares recoñecidos internacionalmente por organizacións independentes e non por compañías privadas como tenta facer Microsoft.
- Data: 25 de Setembro 2007
- Lugar: Universidade de Vigo. E.T.S.E de Telecomunicacións de Vigo. Salón de Actos. Campus de Lagoas - Marcosende (Plano de localización )
- Hora: 16:30h
"Ciclo de Conferencias Taller "GALPon 2007 UVigo"
- Data: Outubro 2007
- Lugar: Universidade de Vigo
- Ciclo de conferencias
- "WiFi e redes inalámbricas" (6 horas) por Bruno Seoane (pendente confirmación datas).
- "Firma electrónica" (6 horas) por Julio Herrero (pendente confirmación datas).
- "Media Center con Software Libre" (6 horas) por Bruno Seoane (pendente confirmación datas).
- "Escritorios Lixeiros en Software Libre" (4 horas) por Miguel Bouzada
- Lunes 22, de 16:00h - 18:00h
- Martes 23, de 16:00h - 18:00h
- "Home Station con Software Libre" (5 horas) por Alex Escobar (pendente confirmación datas).
- "Uso de plantillas en PHP: patTemplate" (6 horas) por Rafa Couto
- Lun 29 out 2007, 16:00-18:00: PHP deixa de ser unha linguaxe de etiquetas
- Mar 30 out 2007, 16:00-18:00: patTemplate e estructuración dun portal web
- Mér 31 out 2007, 16:00-18:00: uso avanzado de patTemplate
Realizadas co apoio de...
- Dirección Xeral de Ordenación e Calidade do Sistema Universitario de Galicia da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia. (Insertar logo)
- Vicerreitorado de Extensión Cultural e Estudantes da Universidade de Vigo (Insertar logo)
Actividades actualmente en proceso
"Documento consensuado do Profesorado galego de Ensinanza Primaria e Secundaria para impulsar as TIC e o Software Libre na educación en Galicia"
"GRUVI - Grupo de Reciclaxe Informática da Universidade de Vigo"
- Desenvolvida dende Febreiro 2007 - Xuño 2007 (prorrogado).
- Lugar: Universidade de Vigo
- Descrición: Proxecto de voluntariado de recuperación de equipos informáticos da UVigo para doalos con Software Libre a entidades sociais. Participa a OSIX (oficina de Voluntariado), a OMA (Oficina de Medio Ambiente) da Universidade de Vigo e GALPon.org
- Máis información
"Proba do servizo da Uvigo.tv"
- TV dixital a través de Internet para a súa visualización dende equipos con GNU/Linux.
- Trátase de evaluar este servizo da Universidade de Vigo e construir unha lista de recomendacións para poder empregalo dende sistemas de GNU/Linux.
- Máis información
Actividades pendentes...
GALPonada "Introdución a Látex"
- Impartida por Martina Ramilo. (sen data confirmada pero a partires do 14 de outubro 2007)
- Explicaranos como se emprega este potentísimo sistema de creación de textos especialmente deseñado para realizar documentos de grande extensión coma Proxectos de Fin de Carreira, Tesis doutorales, novelas, etc. e para documentos con nomenclatura técnica ou científica.
GALPonada "Técnicas usadas en aplicaciones Web"
- Impartida por Andrés Bott.
- Explicaranos que técnicas podense empregar para aplicacións web.
"Curso de Iniciación a Guadalinex Mini para voluntarios da Universidade de Vigo"
- Impartido por Miguel Bouzada (6 horas).
- Dentro do marco do GRUVI, ofrecerase formación básica aos voluntarios e voluntarias para instalar e administrar a Guadalinex Mini. Realizado en colaboración coa Oficina do Servizo de Información Xuvenil (OSIX) e a Oficina do Medio Ambiente (OMA) da Universidade de Vigo.
Actividades destacadas
Edicións da Linux-Party feitas por GALPon
Colaboracións de GALPon coa NX-Conecta
Presenza de Richard Stallman en Vigo organizada por GALPon
Actividades xa realizadas
Ano 2007
Ano 2006
Ano 2005
Ano 2004