Windows7 ─ Instalar e configurar o «Control paterno» integrado

De GALPon WiKi

Debemos resaltar que o «Control parental» como lle chaman en windows, que ven integrado en Window$7, a diferenza do que viña no Window$ Vista, non ten filtro de contidos web, Micro$oft deixou esta funcionalidade a aplicativos de terceiros. Polo que o principal uso que ten esta ferramenta é (na nosa opinión):

  • Controlar o horario de acceso a máquina.
  • Controlar a categoría (nos recomendamos a http://www.pegi.info/es/index/[ PEGI] dos xogos que se executen no computador.

O resto de funcionalidades, debido a súa complexidade resulta inoperante para a maioría dos pais/educadores.


Xa que todo o proceso, como vimos recomendando insistentemente neste manual, baséase en que cada quen teña a súa propia conta de usuario co seu contrasinal, e en que SÓ os pais/responsables teñan acceso como Administrador, imos a comezar pola creación das contas de usuario e seguiremos coa configuración dos flitros.


Creación de contas de usuario

Iniciamos a configuración indo ao Panel de control

Win7-crea-usuario-CP-1.png

Imos a Contas de usuario e protección infantil

Win7-crea-usuario-CP-2.png

Prememos en Crear una nueva cuenta

Win7-crea-usuario-CP-3.png

Escribimos o nome do usuario e deixamoslle permisos de Usuario estándar

Win7-crea-usuario-CP-4.png

Con isto xa quedou creada a conta.

Eliximos o usuario e imos configurarlle o contrasinal

Nota: neste punto recomendamos que lle pidamos ao rapaz ou a rapaza que sexa el/a quen escolla e escriba o seu contrasinal e que non no la diga, para o que nos retiramos discretamente. Obviamente isto ten sentido en rapaces de certa idade.
Win7-crea-usuario-CP-5.png

Prememos en Crear contrasinal

Win7-crea-usuario-CP-6.png

Escribimos o contrasinal dúas veces.

Nota: é moi importante que non fagamos un copiar e pegar, xa que este procedemento utilizase para comprobar que o contrasinal está bes escrito. De ter sido escrito de xeito incorrecto, só o Administrador poderá cambiala.
Win7-crea-usuario-CP-7.png

En relación ao Indicio de contrasinal quero facer un par de consideracións:

Supoñamos que empregamos como contrasinal algo do tipo: nome-do-meu-can-@-nome-da-miña-empresa
En indicio de contrasinal poñemos: nome can e empresa
Xa que o indicio é visibel por todos os usuarios canto tempo creedes que tardará un rapaz en atopala?
Ou supoñamos que segundo o noso consello tendes os contrasinais agochados, por medio de esteganografía, no ficheiro gato-guapo.jpg.
Canto tempo creedes que tardará un rapaz en atopala?

Esta é unha desas cousas que en window$ se inventan para facernos a nós a vida máis sinxela, pero que pode volverse contra nós, polo que recomendo, xa que é un campo obligatorio, que escribamos nel calquera parvada.

Win7-crea-usuario-CP-7a.png

Configurar o «Control paterno»

A seguir da anterior.

Prememos en Configurar Control paterno

Win7-crea-usuario-CP-8.png

Eliximos o usuario a configurar

Win7-crea-usuario-CP-9.png

Na parte superior Activamos o control paterno

E na inferior eliximos Límites de tempo

Win7-crea-usuario-CP-10.png

Tal e como nos aparece o panel, está permitido todo o tempo

Win7-crea-usuario-CP-11.png

Seleccionamos o horario a prohibir (podemos arrastrar o punteiro)

Win7-crea-usuario-CP-12.png

Unha vez teñamos o mapa de tempo feito, prememos en Aceptar

Win7-crea-usuario-CP-13.png
Win7-crea-usuario-CP-14.png

Se nos fixamos, agora os usuarios teñen unas anotacións

Usuario estándar: Control paterno activado
Protexido por contrasinal
Win7-crea-usuario-CP-15.png

No proximo inicio, ou reinicio, a entrada será semellante a esto:

Win7-crea-usuario-CP-16.png

Se un usuario tenta acceder en horario non permitido sairalle esta mensaxe:

Win7-crea-usuario-CP-16a.png

Para facer modificacións posteriores accedemos a través do Panel de control e imos directamente a Configurar o Control paterno para todos os usuarios

Win7-crea-usuario-CP-17.png


Ligazóns de interese

--miguelbf 17:51 2 sep 2010 (UTC)