Seguranza ou paranoia ?

De GALPon WiKi

É dificil establecer a liña que separa a seguridade persoal da paranoia?

Esa liña é moi sinxela de debuxar se facemos que sexa o sentido común, guiado polo coñecemento, e non as presas, a preguiza, a deixadez ou a ignorancia quen o faga.

Eu sempre fago a mesma comparanza, a Internet é como as rúas dunha cidade grande, chea de coches, con pasos de peóns alonxados de onde nos «convén», cheas de buratos no chan, beiraruas ateigadas de xente e moi estreitas, co risco de que nos caia algo dende un balcón ou xanela dunha casa, de que un «caco» nos tire do bolso ou nos dea unha navallada ... inseguro por definición.

Contra isto podemos ser paranoicos e non saír de casa, expóndonos a que prenda lume, que estoure unha botella de gas butano e a que un terremoto faga que se nos veña enriba; ou irnos a vivir a unha aldea, onde pode caer un lóstrego nunha arbore cando pasemos onda el, iniciarse un lume que nos peche o camiño a nosa casa e que o vento zoe cara nós, producirse un corremento de terras ou a chea dun río, que teñamos un infarto ou un ictus e que as ambulancias tarden un século en ir por nos ... ou «aprender a comportarnos» e iso é o que pretendemos con estas catro letras mal axuntadas.

Poderíamos adicarnos a falar do sinxelo, cómodo e doado, pero así non aprenderiamos, como tentamos aprenderlle aos nosos fillos e/ou pupilos a «comportarnos» en contornos problemáticos ou inseguros.

Paranoia é igual a pensar que nada ten solución.

Seguranza é igual a comportarse coa debida precaución.

--miguelbf 17:07 13 ago 2010 (UTC)