Refachos vim+bash+yad

De GALPon WiKi

Refachos de vim+bash+yad

Aínda en fase borrador

Que é (será) un «Refacho»

Un refacho non é máis cun golpe de vento, unha ventada, o que en castelán se coñece como «ráfaga». A nosa idea e facer unha serie de aulas moi prácticas, nas que os asistentes vaian practicando na realización de scripts/aplicativos/programas, baixo a tutoría dun experto.

Partindo do mínimo, do xa clásico «Ola xente», cada aula incrementará a dificultade, como se dun manual se tratase, ata acadar scripts complexos con integración de funcions, RegExp complexas, etc. Cada refacho terá unha duración de 1:30 h e nunca máis de 1:45 h. A periodicidade será de unha cada mes a realizarse o último sábado de cada mes agás en xaneiro, no verán (xullo e agosto) e no nadal (decembro).

O máximo de asistentes será de 20, considerando como ideal 15 persoas.

Nestes Refachos traballarase con:

VIM (Vi IMproved)

Como editor.
Xa que consideramos que este é o editor que debe empregar calquera profesional e así vanse collendo bos vicios. :-)

BASH (Bourne Again SHell)

Como linguaxe
Por ser unha linguaxe sinxela e potente que permite facer cousas complexas abondo e é unha moi boa opción para os casos que non requiren da complexidade (polo tando de coñecementos) doutras linguaxes.

YAD (Yet Another Dialog)

É un fork do xestor de visualización Zenity con moitas melloras, tales como botóns, cadros de diálogo adicionais, menú emerxente na icona de notificación e moito máis.

Programación

Ola xente

  • Ordes básicas para edición con Vim (I).
  • Ordes básicas en Bash para presentación en pantalla de mensaxes/textos (print: c/ echo, lectura desde ficheiro, lectura de lista,etc).
  • Definición dunha xanela de mensaxe/aviso con Yad.

Adiviñando cal é a verdade

  • Ordes básicas para edición con Vim (II).
  • Construíndo bloques condicionais (if...then...elif...else...fi).
  • Definición dunha xanela de entrada e de escolla/selección con Yad.

Tomando decisións

  • Ordes básicas para edición con Vim (III).
  • Construíndo bloques «case» .
  • Definición dunha xanela con listas «select», «radius» e «despregabeis» con Yad.

Funcionando ben

  • Traballando con bloques de texto en Vim (I).
  • Traballar ordenadamente con funcións (deseño básico).
  • Definición dunha xanela múltiple con Yad.

Mellorando o funcionamento

  • Traballando con bloques de texto en Vim (II).
  • Traballar con funcións ligadas.
  • Definición dunha xanela múltiple con Yad.

Facendo variacións

  • Traballando con bloques de texto en Vim (III).
  • Definición e uso de variábeis.
  • Deseño de xanelas en Yad, títulos, iconas, espazos e dimensións.

Simplificando as cousas

  • Vim
  • RegExp (I)

Complicandonos a vida

  • Vim
  • RegExp (II)

Infraestrutura precisa

Sala con capacidade para 20 personas, cada unha co seu computador.

  • Acceso á rede (WiFi).
  • Tomas eléctricas para os asistentes.
  • Video proxector.
  • Pizarra.

Equipamento do alumnado

Cada alumno deberá asistir co seu computador, e nel deberá ter instalado:

  • Sistema operativo GNU/Linux (calquera distro).
  • Editor de texto simple Vim.
  • Xestor de visualización Yad.
http://code.google.com/p/yad/

Nota: para a instalación da distro pode empregarse unha MV

A organización do curso fornecerá a quen o solicite a distro GALPon MiniNo Ártabros en formato CD/USB a fin de que poidan traballar en modo «Vivo». Esta distro xa dispón de todo o preciso.

Prezo

O ciclo completo ten un prezo de 160,00 € + IVE.

De balde para os colaboradores do Proxecto GALPon MiniNo.

[En proceso de negociación] Os voluntarios do GRUVI dispoñen dunha beca total cuberta ao 50% pola Universidade de Vigo e por GALPon.

Este importe poderá pagarse aprazado, a razón de:

  • Socio/as de GALPon 40,00 € + IVE cada dous meses (antes das aulas 1, 3, 5 e 7).
  • Non socio/as de GALPon 59,00 € (177,00) + IVE cada tres meses (antes das aulas 1, 4 e 6)

Prezos parciais

Aquelas persoas que só teñan interese en parte das materias poderán matricularse segundo o seguinte esquema e prezos:

  • Vim + Bash: importe ciclo completo 135,00 € + IVE.
  • Bash + Yad: importe ciclo completo 135,00 € + IVE.

Este importe poderá pagarse aprazado, a razón de:

  • Socio/as de GALPon 33,80 € + IVE cada dous meses (antes das aulas 1, 3, 5 e 7).
  • Non socio/as de GALPon 49,50 € (148,50) + IVE cada tres meses (antes das aulas 1, 4 e 6)

Nota1: Aceptarase o pago fraccionado de calquera importe, sempre que non supoña (para o pagador) unha mellora ou ampliación dos importes e prazos indicados.

Nota2: Se unha vez iniciado o ciclo de refachos, obtiveramos subvención da Xunta de Galicia, unha vez cobrado o importe correspondente desa subvención, GALPon devolverá o importe principal (antes do IVE) a todos os inscritos, polo que é imprescindíbel que á hora de facer a inscrición/reserva se indique un número de conta bancaria para, chegado o caso, poder facer o ingreso de devolución (os gastos de transferencia correrán por conta do/a beneficiario/a da mesma).

Para os máis curiosos, indicar que o importe que cobramos polo ciclo apenas cobre (+/-) o 60% dos gastos reais de organización con 15 inscritos e acadando sobre o 75% con 20 inscritos. Sobre o IVE a aplicar

Ante a probable variación da porcentaxe do IVE a aplicar, esta terá o valor que a lexislación marque na data da matriculación, que será a data da factura emitida por GALPon (neste momento o 21%).

Forma de pago

  • Mediante transferencia bancaria á conta :
Triodos Bank CCC: 1491 0001 22 2031331222
  • Os socios de GALPon poderán facer o pago en Tesourería.


IMPORTANTE: En tódolos casos indicar como referencia: RVBYo_seu_NIF
Exemplo: RVBY34567890b


MOI IMPORTANTE

Sería boa idea que forades facendo a inscrición, mais non ingresedes aínda nada ata que se peche definitivamente o local e as datas, por se fose o caso de ter que facer algún cambio e que despois non vos acaia ben.

Distribución do tempo

Por materias en cada aula, os 90 minutos de duración distribuiranse:

  • primeiros 20 minutos adicados a Vim
  • seguintes 50 minutos (21-70) adicados a Bash
  • últimos 20 minutos (71-90) adicados a Yad

Data e hora

Todos os últimos sábados de mes, entre as 5:00-6:30 ou 5:30-7:00, coincidindo coa galponada e en horas previas.

Febreiro, día 23
Marzo, día 30
Abril, día 27
Maio, día 25
Xuño, día 29
Setembro, día 28
Outubro, día 26
Novembro, día 30

Lugar

Aínda sen determinar. Estamos a ver de conseguir unha Aula no Centro Cultural de NovaCaixaGalicia, ou unha Aula en Tegnix. Ambas no centro e a poucos metros unha doutra.

Certificación

No remate do curso entregaráselle aos asistentes que cubran o ciclo completo un «Certificado de Asistencia» con detalle das materias impartidas no ciclo, indicando o tempo de duración de cada unha delas.

A aquelas persoas que só asistan a parte das aulas do ciclo, certificaráselles só aquela parte de aulas ás que asistan.

Nota: No dorso dos certificados figurará a descrición das materias e as horas (segundo corresponda).

Inscrición

Ir ao formulario