Presentación

De GALPon WiKi

Preliminar:

É algo indiscutible que Internet aporta ás novas xeracións múltiples beneficios e oportunidades: comunicación, información, entretemento... etc. Porén, os adultos debemos ser conscientes de que tamén ten os seus riscos. A escasa experiencia vital, a inmadurez e a falta de percepción dos riscos propios da infancia e da mocidade obligannos a unha intervención decidida. Os adultos damos consellos en base ao que coñecemos pola nosa propia experiencia. Porén, atopamonos un escenario descoñecido. Moitas familias e profesores, descoñecen o potencial da Internet, e isto levanos non só a ser incapaces de identificar situacións de risco, senon tamén a perder o gran potencial que Internet nos ofrece como ferramenta de comunicación e formación.

Este novo escenario non nos debe preocupar. Debenos ocupar. É preciso manter una actitude activa, de disposición e interés. E esta actitude non require de grandes coñecementos técnicos.

Obxectivos:

  • Coñecer a estrutura de datos persoais das distintas redes sociais (maioritarias)
  • Aprender a crear e administrar unha conta de rede social
  • Coñecer e aplicar sistemas de «control paterno» e/ou «Controles de contidos web»

Destinatarios:

Pais/Titores/Educadores (excepcionalmente un pai/titor pode ir acompañado dun/ha fillo/a ocupando un posto)

Equipamento:

Os asistentes deberán acudir co seu propio computador portatil/netbook/etc...

NOTA: proverase algún portátil (ata un max de 7) empregando Ubuntu, para aqueles asistentes que non dispoñan dun equipo portátil propio

Horarios:

  • 4 «leccións» de 4 horas de duración cada unha
sábados (consecutivos) de 9:30 a 13:30 (10:00 a 14:00)
  • 4 horas de tarefas a realizar desde casa empregando as redes

Posíbeis calendarios:

  • Curso 1: Setembro- 25 Outubro- 2, 9, 16
  • Curso 2: Outubro- 9, 16, 23, 30
  • Curso 3: Outubro- 23, 30 Novembro- 6, 13
  • Curso 4: Novembro- 6, 13, 20,27
  • Curso 5: Novembro- 20, 27 Decembro- 4, 11


  • Curso 1: Outubro- 2, 9, 16,23
  • Curso 2: Outubro- 16, 23, 30 Novembro 6
  • Curso 3: Outubro- 30 Novembro 6, 13, 20
  • Curso 4: Novembro 13, 20, 27 Decembro- 4

Programa:

Primeiro día:

Teoría do risco

  • Riscos da Internet (en xeral)
  • Os conceptos de intimidade (privacidade)
  • Normas básicas de protección
  • As imaxes ─ fotografías
  • Acoso sexual ─ Sexting ─ Ciberbullying ─ Ciber-grooming
  • Os permisos predeterminados (por defecto)
  • Seguranza ou paranoia ?
  • Documentación recomendada (en castelán)

Os contrasinais

  • Xeración manual, agochar contrasinais, aplicativos de xeración e mantemento
  • Os OpenID, xeración e bondades/maldades do uso

Segundo día:

Redes sociais para compartir fotografías:

Flickr
  • Creación e eliminación dunha conta
    • Creación e eliminación dunha conta en Yahoo
  • Política de protección da intimidade
  • Configuración da intimidade
  • Uso xeral
Picasa
  • Creación práctica dunha conta.
  • Resumo das condicións legais.
  • Configuración e administración segura.
  • Erros e descuidos habituais.

Microbloguin (mensaxes curtas):

Twitter
  • Creación práctica dunha conta en Twitter.
  • Resumo das condicións legais de Twitter.
  • Configuración e administración segura en Twitter.
  • Erros e descuidos habituais en Twitter

Terceiro día:

Redes sociais «completas»:

Facebook
  • Creación e eliminación dunha conta.
  • Política de protección da intimidade.
  • Configuración da intimidade.
  • Uso xeral.

Cuarto día:

Ferramentas de control paterno

  • Introdución ao concepto de «control paterno»
  • Ferramentas de «monitorización»
  • As mellores alternativas ─ Segundo o noso criterio
Multiplataforma ou en rede
  • Empregando «OpenDNS»
    • Configurar «OpenDNS» como filtro de contidos web
  • Empregando «Firefox» en calquera plataforma (GNU/linux ─ Windows)
    • Instalar Firefox en Windows
    • Desinstalar e/ou neutralizar o Internet Explorer
  • Instalar e configurar «ProCon Latte»
GNU/Linux
  • Linux ─ Instalar e configurar «Nanny»
  • Linux ─ Instalar e configurar «WebContentControl»
Windows
  • Windows Vista ─ Instalar e configurar o «Control paterno» integrado
  • Windows7 ─ Instalar e configurar o «Control paterno» integrado
  • Windows ─ Instalar e configurar «LogProtect»
  • Windows ─ Instalar e configurar «Parental Control Bar»

Orzamento

Descrición Importe neto 18% IVE Importe total
Módulo 0 Composto de:
  • Realización de materiais e documentación baixo a licenza
CC By-SA v-3.0 en formato mediawiki e .pdf
  • Primeiro curso-obradoiro
1.887,68 339,78 2.227,46
Módulo 1 Cada un dos cursos a seguir do primeiro 766,08 89 903,97
Total para cinco cursos 1 módulo 0

máis

4 módulos 1


Suma

1.887,68

+

766,08 x 4

=

4.952,00

891,36 5.843,36

--miguelbf 17:07 13 ago 2010 (UTC)