Os permisos predeterminados (por defecto)

De GALPon WiKi

Porqué as redes sociais «prefiren» os perfiles públicos?

Non sería máis lóxico que as opcións nos perfiles estiveran predeterminados como «privados» e que fora o usuario quen os fose «liberando» segundo lle interesara?

Non sería o «normal» que se eu incorporo un contido como «privado» ao compartilo cun amigo, este seguira sendo privado?

Nota: Cando compartimos unha foto, ou calquera información «privada» cun amigo, esta fotografía ou información é accesible na páxina do amigo a quen lla cedimos segundo os criterios de «intimidade» que el teña definidos, de tal xeito que se el ten no seu perfil como «público» ese tipo de contido, calquera mirón poderá acceder a miña información a través da páxina do amigo a quen lla cedimos.

Porqué, de xeito predeterminado, non está pechada a información de todos os usuarios aos buscadores externos como google, yahoo, ask, etc...?

Todo isto ten unha resposta moi sinxela con que só nos fagamonos unha pregunta, de onde obteñen os seus ingresos as compañias que ofrecendo os seus servizos de balde, con centos ou milleiros de empregados e con inversións millonarias, obteñen beneficios mil millonarios?

Facebook obten 800 millóns de dólares de beneficio en 2009 e as previsiones apuntan a máis de 1000 millones en 2010.

Noticias en «Error500.net»

Fansumers e o futuro da publicidade en Internet, segundo Facebook 
Finalmente a pasada noite foi presentada a nova estratexia publicitaria de Facebook (nota de prensa). Segundo os seus creadores tratase dun novo modo no que os «negocios conectan cos usuarios e serven publicidade á audiencia que eles queren». De entrada estes Facebook Ads teñen varias características interesantes:. Ler máis Nota nosa, fansumers = FANatic conSUMERS.
Facebook quere sabelo todo de ti 
Seguindo co tema do día, a pasada noite tamén se presentou oficialmente Facebook Beacon un sistema polo que os usuarios da rede social poderán enviar información desde servicios externos (de momento hay 44) a Facebook. Desde as películas que se alquilan en Fandango ata os hoteis que se puntúan e analizan en TripAdvisor, pasando polas compras en eBay... todo se o usuario o permite. Facebook Beacon é unha aposta por centralizar a información sobre a actividade do usuario no web nun só sitio. Ler máis
Facebook Beacon evil
Facebook Beacon estase a converter no primeiro gran pesadelo desta rede social. O que comezaba como un ambicioso plan para sabelo todo dos seus usuarios como soporte para a publicidade baseada en persoas, abriu a caixa de Pandora do dereito á intimidade. Ler máis
A publicidade baseada en persoas, luces e sombras 
O novo modelo publicitario de Facebook é sen dúbida un dos movimentos máis interesantes do ano, polo que ten de ambicioso e por como pretende dar unha volta de tornillo ao marketing en internet. Anuncios baseados nas accións dos teus contactos e no teu perfil de usuario dentro da rede social, usuarios convertidos en «fansumers» e unha visión diferente do que vai a ser o futuro da publicidade en Internet que ten luces e sombras. Veamos. Ler máis.

Un breve analise, sen necesidade de ter coñecementos especiais, indicanos que canto máis «aberta» sexa unha rede máis rendible é para os seus propietarios, xa que disporá de máis datos sobre nos que vender.

Moitas veces pensamos que o nose nome, a data de nacemento, etc... son datos de pouco valor, pero se no noso perfil e nos nosos comentarios así como na información compartida sobre gustos, intereses, costumes... deixamos inbdicado que:

  • somos un home
  • de profesión vendedor de coches nun concesionario da marca X
  • ímos ao cine dúas veces por semana
  • que nos gusta o cine de acción
  • e a música «cajun»
  • teño un ordenador «netbook» da marca X
  • un teléfono da marca X co sistema operativo Z
  • no ordenador da casa teño un S.O. Mac, pero no traballo un Win
  • practicamos o paddle
  • estamos casados cunha muller
  • temos unha filla, que agora ten X anos
  • somos católicos
  • e homosexuais (aínda que é pecado)
  • votamos, apoiamos, ou compartimos a ideoloxía do partido X
  • estou rexistrado na páxina «One million voices against FARC»
  • e na dos politicos Fulano, Mengano e Zutano
  • dos datos do perfil deducese que
    • temos 29 anos
    • somos de España, Galicia

co que xa temos un «perfil de comprador». Este é un dato moi importante para as empresas de marketing, seguindo os nosos comentarios, e os de quenes estean nese mesmo perfil, eles poden dirixir unha publicidade «a medida» ou persoal, optimizando así os recursos económicos, e aínda pagando, e moito, por cada «ficha de usuario» obter mellores resultados a menos custo, que cunha campaña xeralista de (p.ex.) televisión ou prensa. Afondando no tema. Lectura recomendada «FANatic conSUMERS».

Ademáis temos un «perfil social», non esquezamos que en Facebook participa con capital a empresa In-Q-Tel dependente da CIA.

Xa que non van a querer perder esa fonte de información, e polo tando de ingresos, eles van a defender sempre os «perfiles abertos». Lembremos que son empresas, que o seu obxectivo é obter o maior beneficio e que os usuarios son eses parvos que nos dan os seus datos porque lles peta, xa que eles non nos poñen un revolver na noca para obligarnos.

Por esta mesma razón, cando «queremos» eliminar as nosas contas, manteñen os nosos datos tempo abondo como para gardalo noutro caixon. Lembremos que cando nos rexistramos xa lles demos permiso para que fixeran o que lles petara co contido que incluíamos (entre outras cousas os nosos datos e información persoal).

--miguelbf 20:27 15 ago 2010 (UTC)