Os conceptos de intimidade (privacidade)

De GALPon WiKi

A intimidade é a esfera persoal de cada un, onde residen os valores humanos e persoais, sendo un dereito fundamental para o desenvolvemento da persoa e da familia ademais de ser un ámbito reservado á curiosidade dos demais contra intromisións e indiscrecións alleas.

A intimidade protexeuse sempre de forma limitada. Por exemplo, a violación da intimidade domiciliaria, centrarase naqueles casos nos que se produzan rexistros non permitidos e vexacións inxustas ocasionados polos mesmos.

Non só centrarase dentro deste ámbito senón que ademais tamén afecta a outros campos como son as violacións da correspondencia e comunicacións persoais, intimidade laboral, obtención de datos relativos á intimidade persoal, familiar, ou de terceiros pertencentes á esfera da familia.

De tal forma que a intimidade é aquela esfera persoal e privada que conteñen comportamentos, accións e expresións que o suxeito desexa que non cheguen ao coñecemento público .

Todo o exposto anteriormente require unha protección xurídica co fin de que se respecte a vida privada e familiar garantindo á persoa esa esfera ou zona reservada onde transcorren as circunstancias da vida persoal, nacemento de fillos, embarazos, enfermidades, desenganos amorosos, aspectos profesionais, en definitiva, cousas que ocorren na vida de toda persoa.

Seguranza na Internet

Intentar comunicar un segredo ou dato sensible nun contorno con millóns de testemuñas potenciais como Internet é difícil, e a probabilidade de que alguén escoite ou lea unha conversación entre dous interlocutores increméntase conforme o fai a distancia que as separa. Dado que Internet é verdadeiramente global, ningún segredo ou dato de valor debería ser comunicado a través dela sen a axuda da criptografía.

No mundo dos negocios, información como números de tarxetas de crédito, autenticacións de clientes, correos electrónicos e ata chamadas telefónicas acaba sendo encamiñada a través de Internet. Xa que gran parte desta información corporativa non debe ser escoitada por terceiras persoas, a necesidade de seguranza é obvia.

Con todo, a seguranza na Internet non é só unha preocupación empresarial. Toda persoa ten dereito á intimidade e cando esta accede a Internet a súa necesidade de intimidade non desaparece. A intimidade non é só confidencialidade, senón que tamén inclúe anonimato. O que lemos, as páxinas que visitamos, as cousas que compramos e a xente á que falamos representan información que á maioría das persoas non lles gusta dar a coñecer. Se as persoas vense obrigadas a expoñer información que normalmente desexan ocultar polo feito de conectarse a Internet, probablemente rexeitarán todas as actividades relacionadas coa rede.

Extraido de: Wikipedia en castelán ─ Seguridad en Internet


Seguranza da información

Na seguranza da información é importante sinalar que o seu manexo está baseado na tecnoloxía e debemos de saber que pode ser confidencial: a información está centralizada e pode ter un alto valor. Pode ser divulgada, mal utilizada, ser roubada, borrada ou saboteada. Isto afecta a súa disponibilidade e pona en risco.

A información é poder e á información coñéceselle como:

  • Crítica: É indispensable para a operación da empresa.
  • Valiosa: É un activo da empresa e moi valioso.
  • Sensitiva: Debe de ser coñecida polas persoas autorizadas

Existen dúas palabras moi importantes, que son risco e seguranza:

  • Risco: É todo tipo de vulnerabilidades, ameazas que poden ocorrer sen previo aviso
  • Seguranza: É unha forma de protección contra os riscos

A seguranza da información abarca moitas cousas, pero todas estas xiran arredor da información. Por exemplo a disponibilidade, comunicación, identificación de problemas, análises de riscos, a integridade, confidencialidade, recuperación dos riscos.

Extraido de: Wikipedia en castelán ─ Seguridad de la información

Intimidade en España

A intimidade é un dereito fundamental establecido na Constitución Española de 1978

O Art. 18 establece:

  1. Garántese o dereito ao honor, á intimidade persoal e familiar e á propia imaxe.
  2. O domicilio é inviolable. Ningunha entrada ou rexistro poderá facerse sen o consentimento do titular ou resolución xudicial, salvo en caso de flagrante delito.
  3. Garántese o segredo das comunicacións e, en especial, das postais, telegráficas e telefónicas, salvo resolución xudicial.
  4. A Lei limitará o uso da informática para garantir o honor e a intimidade persoal e familiar dos cidadáns e o pleno exercicio dos seus dereitos."

Cos medios de comunicación tradicionais, como o correo postal, correo certificado, os apartados de correo, etc., están máis que garantidos. En cambio, co uso xeneralizado dos sistemas de comunicación electrónicos, a intimidade e o anonimato das persoas están crecentemente ameazadas.

Extraido de: Wikipedia en castelán ─ Intimidad

Información de casos de vulnerabilidade da intimidade en Facebook

Lei Orgánica de Protección de Datos de Carácter Persoal (LOPD) de España

A Lei Orgánica 15/1999 de 13 de decembro de Protección de Datos de Carácter Persoal, (LOPD), é unha Lei Orgánica española que ten por obxecto garantir e protexer, no que atinxe ao tratamento dos datos persoais, as liberdades públicas e os dereitos fundamentais das persoas físicas, e especialmente do seu honor e intimidade persoal e familiar.

O seu obxectivo principal é regular o tratamento dos datos e ficheiros de carácter persoal, independentemente do soporte no cal sexan tratados, os dereitos dos cidadáns sobre eles e as obrigacións daqueles que os crean ou tratan.

Extraido de: Wikipedia en castelán ─ Ley Orgánica de Protección de Datos de Carácter Personal LOPD

--miguelbf 17:04 13 ago 2010 (UTC)