Normas básicas de protección

De GALPon WiKi

A popularidade das redes sociais segue en aumento, pero é sabido que as redes sociais traen consigo riscos de seguranza, polo que é importante tomar certas precaucións.

Aínda que as características das distintas redes sociais son diferentes, todos eles permítenche proporcionar información achega de ti, así como che ofrécen algún tipo de mecanismo de comunicación (foros, chats, correo electrónico, mensaxaría instantánea) que che permiten conectarse con outros usuarios, polo que dispoñen de certa cantidade de información persoal.

Aínda que a maioría das persoas que utilizan estes sitios non supoñen unha ameaza, persoas mal intencionadas poden extraer información de usuarios debido á cantidade de información persoal que está dispoñible, e canta máis información teñan sobre un usuario máis fácil o terán para aproveitar está información persoal.

A información persoal tamén pode ser utilizada para levar a cabo un ataque de enxeñaría social, utilizando a información proporcionada para suplantar a un amigo ou acceder aos seus datos persoais ou financeiros.

Ademais, debido á popularidade destes sitios, os atacantes poden utilizalos para distribuír código malicioso, posto que moitas redes sociais ofrecen aplicacións desenvolvidas por terceiros, que son particularmente susceptibles de que infecten o seu equipo sen o teu coñecemento.

Pero que podemos facer para protexernos? dámosche algúns consellos:

  • Limita a cantidade de información persoal que publiques, non publiques información que che faga vulnerable, como a túa dirección, información sobre o teu horario ou as túas rutinas. Tamén é importante non publicar fotografías acerca dos teus amigos.
  • Lembra que Internet é un recurso público, e que a información pode ser vista por todo o mundo. Isto inclúe información, fotos no teu perfil, nos blogs e noutros foros. Ademais, unha vez publicada non é seguro que poidas retractarte dela. Ata se quitas a información dun sitio, pode estar gardada na caché dos ordenadores doutras persoas.
  • Ten coidado dos estraños. Internet fai que sexa doado para as persoas introducir información falsa sobre as súas identidades, así como os seus intereses cara ti, polo que ten precaución coas persoas que se poidan poñer en contacto contigo nas redes sociais, e se interactúas con xente que non coñeces, ser cauto acerca da cantidade de información que revelas con eles.
  • Non creas todo o que les en Internet, xa que se pode publicar información falsa ou enganosa acerca de diversos temas, incluida a identidade dunha persoa que coñezas por Internet, polo que é recomendable tomar as precaucións axeitadas, e tratar de verificar a autenticidade de calquera información.
  • Configurar a intimidade na rede social. Moitas das redes sociais fornecen a posibilidade de configurar a intimidade no sitio, que de xeito predeterminado adoita ser que o teu perfil sexa visto por todo o mundo. Unha boa opción é configurar o teu perfil para restrinxir o acceso só a determinadas persoas.
    Porén, existe o risco de que incluso esta información privada poida quedar exposta, así que non publiques nada que non desexes que o público vexa. Ademais de ser cauteloso á hora de decidir que persoas queres que vexan o teu perfil.
  • Se empregas Windows, manter o antivirus, para poder detectar e eliminar os virus antes de que poidan facer calquera dano no teu equipo, e, tamén, manter o sistema operativo actualizado, así poderás evitar que os ciberdelincuentes aproveiten as vulnerabilidades do teu computador para introducir malware nel.

Lembra que os nenos son especialmente susceptibles ás ameazas nas redes sociais, e aínda que moitos destes sitios teñen restriccións de idade, os nenos poden terxiversar as súas idades para poder unirse a elas.

E xa pra rematar, lembra que o sentido común é unha das mellores defensas para navegar seguros por Internet, ainda que non sempre abonda.

Traducido de: US-CERT, Equipo de emerxencia informática do goberno dos Estados Unidos ─ Cyber Security Tip ST06-003

--miguelbf 07:51 14 ago 2010 (UTC)