Instalar e configurar «ProCon Latte»
Contenido
Descrición e características
É un complemento (add-on) que actúa como filtro de contido para o navegador Firefox que hai que instalar, está dispoñible en https://addons.mozilla.org/es-ES/firefox/addon/1803/. As características de ProCon son as seguintes:
- Permite filtrar calquera tipo de contido (pornografía, apostas, hacking, cracking,…)
- Pode bloquear todo o tráfico cara páxinas non incluidas nunha Lista branca de páxinas web ás que se permite o acceso.
- Incorpora un filtro por palabras clave que bloquea páxinas web que conteñen determinadas palabras no sue URL, título ou contido.
- Permite a personalización das Listas brancas e/ou palabras clave, así como a posibilidade de importar outras listas desde outros equipos.
- Tamén dispón dun sistema chamado profanity filter (palabras censuradas) que busca na páxina todas as veces que aparecen palabras duna lista censurada que, ademais é configurable, e as substitúe por outra palabra ou caracteres.
- O contorno da extensión está protexido por contrasinal para impedir cambiar a configuración.
- Permite protexer con contrasinal aspectos básicos de Firefox, como o acceso aos complementos e a configuración propia do navegador (about:config).
- En caso de que se bloquee unha páxina, podemos mostrar unha advertencia e/ou redirixir cara a outra páxina.
ProCon Latte traballa con tres niveis de protección:
- Seguro: bloquea TODO o tráfico, agás os elementos da lista branca.
- Moderado: aplicaránse as opcións predeterminadas.
- Suave: só se bloquearán os dominios especificados.
Instalación e configuración
Nota previa: xa que ProCon Latte aínda non está dispoñible en galego, naqueles casos en que é preciso, presentamos a captura en inglés e en castelán, recordemos que nun S.O. en galego, ProCon Latte apareceranos en inglés
Abrimos Firefox, imos a Ferramentas e no despregable a Complementos
Abre a xanela de complementos, na caixa de buscas escribimos procon latte e prememos a tecla Intro
Unha vez que o atopa, aparecenos na xanela e prememos en Engadir a Firefox...
Presentanos a loicenza para que aceptamos, e así o facemos premendo en Aceptar e instalar...
![]() |
![]() |
Presentanos a xanela de instalación, nela agardamos 5 segundos e xa nos aparece o botón Instalar agora no que premeremos
Ao concluir a instalación, pídenos que reiniciemos Firefox, facemolo premendo no botón Reiniciar Firefox
Ao volver Firefox, fixemonos no canto inferior esquerdo, nel veremos unha icona como a seguinte:
E no menú ferramentas aparecenos a entrada ProCon
Tamén nos abríu a xanela de complementos, nela prememos sobre o bloque de ProCon Latte, amplíase e aparcennos os botóns accesibles. Agora interesanos o de Preferencias, así que prememos nel.
A partires de agora imos ir amodo:
Presentaremos as configuracións imprescindibles hai outras opcións que quedan a elección de cada usuario.
- MOI IMPORTANTE O primeiro que teremos que definir e que contrasinal moi seguro imos a empregar. E debemos lembrar, para reescribir o contrasinal, non empregar nunca o recurso de copiar e pegar, xa que o feito de que nola pida dúas veces é para evitar erros de escritura, e se cometemos un erro, copiamos e pegamos, copiará o erro e cando queiramos volver a acceder o contrasinal gardado non coincidirá co que nos queriamos empregar.
Activaremos as catro opcións do bloque superior dereito, Xeral:
- Agochar no menú de Ferramentas, para que os cativos non saiban como chegar a ProCon
- Mostar o indicador de actividade na barra de estado (no canto inferior esquerdo, así cunha simple ollada xa saberemos se está activado ou non)
- Bloquear os complementos, así naide poderá desintalalo ou desactivalo (precisa do contrasinal)
- Bloquear (about:config) impedirá que alguén poida modificar o comportamento do navegador (precisa do contrasinal)
No bloque Opcións do botón dereito permitenos definir que cando premamos co botón dereito sobre un URL (ou ligazón) esta pase automaticamente á Lista de bloqueo ou á Lista branca.
![]() |
![]() |
Prememos en Establecer o contrasinal, escribimolo e gardamolo premendo en Aplicar contrasinal
![]() |
![]() |
Como vemos, despois de Bloquear os complementos, desaparece a posibilidade de desinstalalo ou desactivalo. a opción Preferencias pedirá o contrasinal.
![]() |
![]() |
IMPORTANTE, agora NON prememos en Aceptar
Fixemonos na parte superior da xanela, prememos en Filtro de material explícito
Imos ver que caixas activamos:
- Loxicamente, activamos o filtro de contido explícito
- Facemos que renderice (mostre) as páxinas, despois de analizalas
- NON debemos bloquear TODO o tráfico, agás se é un filtro para moi cativos e queremos que só naveguen polas páxinas que nos lle teñamos configurado na Lista branca
- Podemos engadir unha mensaxe de aviso de bloqueo (opcional)
- Podemos por unha mensaxe personalizada (opcional)
- Podemos facer que cando tente acceder a unha páxina bloqueda entre nunha páxina que nos definamos. No exemplo poño a páxina de Navegación segura, que é un portal informativo para rapaces, podemos por a do buscador google (http://google.es) ou a que nos pete (opcional)
Embaixo, en Axustes definiremos o nivel de filtrado:
- Seguro: bloquea TODO o tráfico, agás os elementos da lista branca. (para moi cativos)
- Moderado: aplicaránse as opcións predeterminadas. (a aconsellada en case todos os casos)
- Suave: só se bloquearán os dominios especificados. (mozos e seguranza xeral dun equipo familiar)
Despois veremos como Editar lista...
![]() |
![]() |
Seguimos sen premer en Aceptar cando rematemos con esta xanela. Agora prememos en Lista branca
As listas brancas teñen dúas finalidades:
- Nun bloqueo TOTAL (Seguro) para moi cativos, definir algún URL ao que se lle vai permitir o acceso
- Nun bloqueo Moderado, pode haber algunha páxina que estea bloqueada por algunha regra xeral, mais que nos queremos permitir.
De darse algún dos casos anteriores, escribimos (como en calquera editor de textos) o(s) URL que desexemos (un por liña) e activamos a caixiña.
![]() |
![]() |
- IMPORTANTE. agora que xa rematamos de configurar, agora SI prememos en Aceptar ... bueno, ou non tan rápido, se queremos seguir editando as listas, non o fagamos aínda e sigamos co manual.
Cando rematemos de editar as listas, deberemos premer en Aceptar
- IMPORTANTE. agora que xa rematamos de configurar, agora SI prememos en Aceptar ... bueno, ou non tan rápido, se queremos seguir editando as listas, non o fagamos aínda e sigamos co manual.
Esta é a páxina de Navegación Segura
Editar as listas
Para facer a proba, temos un pequeno ficheiro con algunhas palabras
- Nota: os ficheiros de listas de palabras deben ter obligatoriamente a extensión .txt, do contrario ProCon non as recoñecerá.
O autor deste manual leva recollidas un feixe de palabras de distintas fontes e ten feitos tres ficheiros un de palabras en inglés (458 palabras), outro de palabras en castelán (978 palabras) e un que conten ambalas dúas anteriores (1436 palabras). Estas listas poden descargarse e empregarse libremente.
Listas de «Palabras bloqueadas» e de «Páxinas bloqueadas»
As dúas listas manexanse igual.
Premendo no botón Filtro de actividade, podemos definir que ProCon filtre a navegación por:
- A lista de palabras bloqueadas.
- Enderezos (URL) que conteñan no seu nome (dominio) alguna das palabras da lista.
- Ambalas dúas opcións anteriores.
![]() |
![]() |
Premendo no botón Importar podemos engadir ou substituir a(s) lista(s) de palabras existentes.
ProCon dispon (na instalación) dunhas listas moi completas en inglés, porén nos podemos engadir ou modificar estas listas empregando editores de texto simple (gedit, kate, wordpad, etc...) e despois importalas.
![]() |
![]() |
Segundo prememos no botón Importar, abresenos o xestor de ficheiros, navegamos por el ata o ficheiro .txt no que temos a lista de palabras é Abrimos o mesmo.
Ao Abrir o ficheiro ProCon preguntanos se desexamos Engadir ou Substituir a lista de palabras.
![]() |
![]() |
Unha vez modificada a lista de palabras, prememos en Aplicar para que comece o filtrado coa nova lista.
![]() |
![]() |
- Recomendación: fagamos unha exportación das listas, poñemoslle o nome que nos pareza máis axeitado, e así teremos unha copia gardada detas listas para edicións (modificacións) futuras.
Lista de «Palabras censuradas»
Para engadir (ou quitar) palabras da lista de censuradas, editaremos esta lista como en calquera editor de texto, escribindo unha palabra en cada liña.
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
Isto é o que fai a «Censura de palabras»
Accesos posteriores para axuste de «Preferencias»
Recordemos o tallo de teclado que definimos na primeira pantalla de configuración. Segue a ser Ctrl+Alt+P ?
Escribimos o contrasinal, aceptamos
![]() |
![]() |
E xa estamos dentro do editor de preferencias de ProCon Latte.
![]() |
![]() |
Lembremos, SÓ premeremos Aceptar cando teñamos rematados todos os axustes, senón en cada pantalla teremos que volver a acceder con contrasinal.
--miguelbf 17:51 2 sep 2010 (UTC)