Empregando «Firefox» en calquera plataforma (GNU/linux ─ Windows)

De GALPon WiKi

Todo sistema é tan inseguro como o máis inseguro dos seus compoñentes.

NUNCA un sistema é tan seguro como o máis seguro dos seus compñentes.

Porque Firefox

Firefox é un programa libre, cun código mellorado constantemente por decenas de programadores que o fan máis sólido e estable. Se chega a fallar basta con reiniciar só o navegador; non se leva con el a todo o sistema operativo.

Seguranza e Intimidade

Prácticamente todos os días descóbrese unha nova vulnerabilidade en Internet Explorer. Microsoft debe publicar parches constantemente para evitar que sirva como porta de entrada a delincuentes. Esta situación levou a que institucións como o CERT ─ do propio goberno estadounidense ─ recomende usar outros navegadores (tradución automática ao galego) con mellores estándares de seguranza.

A principal culpable é unha tecnoloxía de Microsoft chamada ActiveX, que permite instalar software a través do navegador en forma automática. Esta idea que nun principio facilitaríanos a vida a nós, tamén lla facilitou aos delincuentes, que agora a aproveitan para encher as nosas máquinas de programas espía, publicidade non desexada, marcadores telefónicos, virus e outro lixo que fartan o disco ríxido, consumen recursos ou afogan a conexión a Internet. Nunca se preguntaron de onde saen eses malditos anuncios de casinos ou por que a páxina de inicio cambia cada vez que abren IE?...

Firefox non inclúe ActiveX, polo que a instalación de calquera programa desde a Rede debe pasar necesariamente pola nosa autorización. Adicionalmente, incorpora unha ampla gama de opcións para administrar a nosa intimidade como non rexistrar os sitios que visitamos ou baleirar as cookies que deixan os sitios, ao pechar o navegador. Tamén podemos rexeitalas de antemán e especificar se queremos que Firefox almacene en forma segura os nosos datos e contrasinais.

Bloqueo de xanelas emerxentes (pop-ups)

Falando de molestias, os usuarios de IE choraron, anoxáronse e fixeron de todo para que se lles fornecese unha forma de librarse deses molestos tabáns do Web que son as xanelas emerxentes, pero Microsoft fixo oídos xordos ata que se lle ocorreu a barra de MSN. A empresa chantaxeaba aos usuarios obrigándoos a usar un software adicional - con ferramentas que talvez non querian – para poder bloquealas.

Esta novidade de IE xa a gozaban os primeiros usuarios de Mozilla fai moitos anos, e por suposto Firefox tráea incorporada, sen necesitar de software adicional.

Multiplataforma

Firefox é un navegador que está dispoñible para todos os Sistemas Operativos maioritarios, como GNU/Linux, Windows, Mac OS-X (co nome de Camino) e outros cuio uso está limitado a profesionais da informática.

Ampliable e configurable

Cóntanse por milleiros os complementos e extensións para engadir funcionalidades, modificar o aspecto, cambiar o comportamento, etc... de Firefox, de entre eles moitos (a día de hoxe 720) adicados a intimidade e seguranza.