Creación e eliminación dunha conta en Yahoo

De GALPon WiKi

A continuación explicaranse os pasos necesarios para a creación e maila eliminación dunha conta en Yahoo, necesaria para o uso da rede social de imaxes Flickr.

Creación dunha conta

Para crear unha conta en Yahoo, o primeiro é dirixirse ao seu sitio web. Dado que o sitio non ten tradución ao galego, traballaremos neste manual coa versión en castelán da interface. Agora, entremos na páxina de rexistro dunha conta nova: https://edit.europe.yahoo.com/registration?_intl=es. Este será o seu aspecto:

Rexistrando unha conta en Yahoo.png

Agora abondará con ir enchendo os campos obrigatorios. Isto é: nome, apelidos, sexo e data de nacemento (no país podemos escoller «Seleccione una opción», sen especificar o noso país).

A continuación deberemos elixir cal vai ser a nosa conta de correo electrónico con Yahoo. Unha vez elixida unha que nos guste, deberemos escribila e comprobar se está dispoñible mediante o botón «Revisar» que hai á dereita. Se xa existe, debemos buscar outro e repetir o proceso de comprobación da dispoñibilidade. Se atopamos un que non existe, continuaremos.

Agora toca introducir un contrasinal. Lembre seguir as instrucións de seguranza ao respecto.

A continuación deberemos escoller dúas preguntas de seguranza coas súas respectivas respostas. Unha posibilidade consiste en que as respostas sexan contrasinais complexos (e por suposto, preguntas e respostas deberemos apuntalas en algures).

Por último, teremos que introducir o código da imaxe (para demostrar que somos humanos).

Completado o formulario, abonda con premer o botón amarelo que hai a continuación que di «Crear mi cuenta». Con isto a conta en Yahoo estará creada.


Autor: Gallaecio 21:00 26 ago 2010 (UTC)