Creación e eliminación dunha conta en Picasa
A continuación explicaranse os pasos necesarios para a creación e maila eliminación dunha conta en Picasa.
Creación dunha conta
Picasa é un servizo de Google, e para poder empregalo é necesario facerse unha conta de Google.
Unha vez feita, pode accederse a Picasa dende o enderezo URL picasaweb.google.com e introducir aí os datos da conta de Google.
Unha vez feito pediránsenos dous datos adicionais antes de poder acceder ao servizo Picasa: nome (First Name) e apelidos (Second Name). Así que é cousa de escribilos, premer o botón de continuar (Continue). Estes dous datos (o nome completo) serán parte do noso perfil público en Picasa, tal e como se nos explicará na páxina seguinte, onde deberemos confirmar a creación da conta (Create profile and get started with Picasa).
Dado que a tradución ao galego do Picasa deixa moito que desexar (se é que a hai, pois todo parece estar en inglés), a partires deste punto traballaremos coa versión en castelán (coas respectivas traducións ao galego) para que a cousa sexa máis doada de levar. Para acceder á versión en castelán siga esta ligazón.
Autor: Gallaecio 20:30 2 feb 2011 (CET)